|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Quen dirixe o Fondo Galego?
A Comisión Executiva
do Fondo Galego está formada por nove membros. Sobre eles recae a responsabilidade da dirección do
Fondo. O seu mandato é de catro anos e debe renovarse obrigatoriamente despois de cada convocatoria electoral
local.
Na actualidade (xuño de 2000), o Fondo está presidido
por Alfredo Novoa Gil, representante do Concello de Oleiros. Tamén forman parte do órgano rector:
Juan Corral Pérez (Deputación de Pontevedra), Sofía López Linares (Concello de Quiroga),
Mar Bernal Rivas (Concello de Santiago de Compostela), Lourdes Suárez Sánchez (Concello de Culleredo),
María Salomé Davila Kuhn (Concello de A Pobra do Caramiñal). Xosé María Permuy
(Concello de Fene) exerce como Tesoureiro, Ramón Bouzas (Concello de Allariz) ostenta a vicepresidencia,
e Xulio Ríos (director do Igadi) asume a Secretaría e dirección técnica.

|