|
O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Existe un Bando específico para dar a coñecer
ós cidadáns a adhesión ó Fondo Galego?
Redactado por Carlos Casares, presidente do Consello
da Cultura Galega, o Bando informa ós cidadáns da decisión municipal e afonda
na importancia da solidariedade para loitar contra a pobreza, as guerras ou a discriminación. É importante
a explicitación da transparencia nesta materia dende o primeiro momento, facendo partícipes ó
conxunto da cidadanía do por que da adopción deste acordo.
A colaboración do escritor Carlos Casares expresa igualmente
o desexo do Fondo de transcender o ámbito estrictamente municipalista para asentar a solidariedade como
un valor compartido por todas as células da nosa sociedade.

|