Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nš 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que vantaxes ten participar no Fondo?


Co Fondo, todos os Concellos, incluídos os máis pequenos (a inmensa maioría dos existentes en Galicia) poden participar no desenvolvemento de políticas de cooperación que doutro xeito lles resultarían practicamente inviables. Co Fondo, todos poden dicir ós seus cidadáns que si teñen posibilidades de levar adiante unha política de cooperación específica, á medida das súas posibilidades, conciliando vontades (sempre grandes) e recursos económicos (a miúdo escasos).

O Fondo non complica administrativamente nada; evita as duplicidades e permite delegar, total ou parcialmente, a xestión da cooperación nunha instancia propiamente municipalista. Evitase así a reiteración de múltiples convocatorias de pouca entidade económica, simplificase o diálogo coas organizacións non gobernamentais, e reforzase a capacidade global do municipalismo galego para exercitar a cooperación directamente.

O Fondo aglutina e coordina as políticas de cooperación dos distintos Concellos e Deputacións. Deste xeito, aseguramos a súa coerencia global, unha maior eficacia, e democratizamos a solidariedade ó brindar ós concellos pequenos a oportunidade de sumar o seu esforzo ós grandes. E lembremos: malamente podemos cooperar cos demáis se non somos capaces de cooperar aquí, entre nós mesmos.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nš 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir