Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións / Cadernos Volver ao sumario de Cadernos nº 1
Cadernos do Fondo Galego nº 1 - verán 2000
 
 

O Fondo Galego: Preguntas e respostas
Que é o Fondo Galego?


O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a Concellos e Deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade cos países menos desenvolvidos.

O Fondo Galego xurde a finais do ano 1997 como expresión institucional desa crecente sensibilidade cidadá arredor das crises humanitarias, dos efectos sociais de tantas calamidades, catástrofes ou guerras, que a cotío irrompen nas nosas vidas, para poñer o contrapunto a outro segmento da humanidade que disfruta de niveis de benestar e protección dificilmente comparables. Pero tamén para ir máis alá da mera urxencia e arbitrar programas sólidos e permanentes centrados no desenvolvemento estructural desas comunidades que, a pesar de representar a maior parte da demografía mundial, van no furgón de cola da “nova economía”.

Seguinte pregunta

 
Volver ao sumario de Cadernos nº 1



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2000
Fernando Pol


Subir