Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Proxectos Volver
Resolucións
 
 
Convocatoria de 2007 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade
 

A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 2007 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2007 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.


Resolución

Presentáronse a esta convocatoria un total de 82 proxectos co seguinte perfil xeográfico:

  • África: 28,
  • América Central: 16,
  • América do Sur: 32,
  • Caribe: 3,
  • Asia: 3.

A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes do Concello de Arteixo, Baiona, Culleredo, Neda, Oleiros, Deputación de A Coruña, e da Secretaría Técnica do Fondo Galego, con ausencia xustificada do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.


Proxectos

Resolución por áreas xeográficas
América do Sur
Perú
1. Proxecto: Cría de animais menores. Fogar de Santa María de Huancarama.
ONGD: INTI.
Parceiro: Fogar de Santa María de Huancarama.
Orzamento total: 3.092,73 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende mellorar a calidade de vida das nenas do Fogar de Santa María Goretti; para tal fin construirase unha granxa de cría de animais menores: polos e cuies. Beneficiarias: 50 nenas.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.
2. Proxecto: Bicicletas para fortalecer o desenvolvemento rural das provincias de San Marcos e Cajabampa.
ONGD: Bicis pola Paz.
Parceiros: Asociación para el Desarrollo Integral (ADIAR).
Orzamento: 4.750 €.
Achega do Fondo Galego: 2.300 €.
Achega da ONGD: 2.450 €.
Resumo: O proxecto consiste na compra de 60 bicicletas co obxectivo de apoiar ás actividades de asistencia técnica dos/as promotores/as comunitarios/as nas áreas de educación sanitaria, nutricional, e nos sectores pecuarios e agrícolas. O obxectivo xeral é promover o desenvolvemento das condicións de vida das familias labregas.
Sector: Transporte. Necesidades estratéxicas.
3. Proxecto: Proxecto de Turismo Solidario Killa Wasi, 2ª Fase.

Entidade: Tierra de Niños.
Orzamento total: 48.096,17 €.
Achega do Fondo Galego: 24.048 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de actividades de promoción do programa e recadación de fondos; capacitación aos guías; obradoiros de capacitación aos membros da rede; escola de formación en micro-negocios; equipamentos co obxectivo de promover a identidade local xerando experiencias emprendedoras no eido do turismo solidario.
Sector: Capacitación. Economía social. Eco-turismo. Necesidades estratéxicas.
Comentarios: Achega do Concello de Oleiros por confirmar.
 
Brasil
4. Proxecto: Capacitación e empoderamento das mulleres labregas de Río Grande do Sul.

Entidade: Movimento de Mulheres Camponesas-RS.
Orzamento total: 12.121,79 €.
Achega do Fondo Galego: 11.250,76 €.
Achega da entidade: 871,03 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de seminarios dirixidos ás mulleres labregas co obxectivo de promover e mellorar as condicións de vida das mulleres traballadoras rurais a través da súa capacitación e empoderamento. Beneficiarias directas: 510.
Sector: Empoderamento de xénero. Necesidades estratéxicas.
 
América Central
Nicaragua
5. Proxecto: Construción dunha cociña comunitaria.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 11.029,84 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega do Concello de Allariz: 5.000 €.
Resumo: O proxecto pretende construír un local como comedor, cociña e adega para ser usado na atención dos/as asistententes aos cursos de capacitación e de formación que teñen lugar no Centro de Capacitación POPOL-VUH.
Sector: Seguridade alimentaria. Necesidades básicas.
Comentarios: Achega do Concello de Allariz por confirmar.
 
O Salvador
6. Proxecto: Produción de medicina natural para a atención de saúde sexual e reprodutiva das mulleres adolescentes no municipio de Tonacatepeque, 2ª Fase.

Parceiro: Asociación de promotores comunitarios de O Salvador.
Orzamento total: 71.964,48 €.
Achega do Fondo Galego: 2º ano: 25.541,92 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida da poboación moza, especialmente de mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos naturais para a saúde sexual e reprodutiva.
Sector: Empoderamento de xénero. Economía social. Necesidades estratéxicas.
 
Asia
Territorios Palestinos
7. Proxecto: Incorporación ao mercado laboral e empoderamento de mulleres palestinas do triángulo norte-israelí.

Entidade: Confederación Intersindical Galega (CIG).
Parceiro: Workers Advice Center (WAC).
Orzamento total: 73.531 €.
Achega do Fondo Galego: 17.000 €.
Resumo: O presente proxecto pretende contribuír á eliminación da pobreza e da marxinación da comunidade árabe–palestina en Israel, centrándose no colectivo das mulleres palestinas, dotándoas e capacitándoas en técnicas e habilidades de cestería co obxectivo de pór en funcionamento unha cooperativa.
Sector: Empoderamento. Economía social. Necesidades estratéxicas.
 
India
8. Proxecto: Erradicación do infanticidio en Salem.

ONGD: Implicadas ao Desenvolvemento.
Parceiro: People’s Development Initiatives (PDI).
Orzamento total: 11.144,80 €.
Achega do Fondo Galego: 10.044,80 €.
Achega da ONGD: 1.100 €.
Resumo: O presente proxecto pretende sensibilizar e cambiar as actitudes e prácticas da comunidade sobre a discriminación de xénero con especial énfase nunha das súas prácticas máis extremas, o infanticidio.
Sector: Xénero. Necesidades estratéxicas.
 
Convenios de colaboración por áreas xeográficas
África
Cabo Verde
Convenio 2006/2007 coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior
9. Proxecto: Construción Centro Socio-Comunitario en Corda.

Parceiros: Cámara Municipal de Ribeira Grande, Organizacións de Base Comunitarias.
Orzamento total: 21.140 €.
Achega do Fondo Galego: 2.500 €.
Achega da DXCE: 15.640 €.
Achega dos parceiros: 3.000 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun centro socio-comunitario. O novo edificio reforzará a prestación de servizos sociais e as capacidades de intervención nas respectivas comunidades no marco das competencias asumidas no marco do proceso de descentralización.
Sector: Infraestrutura social.
10. Proxecto: Capacitación de mozos e mozas en artesanato, danza, novas tecnoloxías e asociativismo.

Parceiros: Cámara Municipal de San Miguel, Centro de Formación Profesional, OASIS.
Orzamento total: 26.349 €.
Achega do Fondo Galego: 3.000 €.
Achega da DXCE: 20.000 €.
Achega dos parceiros: 3.349 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír a autosostenibilidade dos xóvenes na procura do seu primeiro emprego, reforzando a súa formación en sectores diversos como: danza, asociativismo, manutención de ordenadores e artesanía.
Sector: Capacitación–formación. Necesidades estratéxicas.
11. Proxecto: Conexións domiciliarias en Flamengos.

Parceiros: Cámara Municipal de San Miguel.
Orzamento total: 11.156 €.
Achega do Fondo Galego: 500 €.
Achega da DXCE: 10.656 €.
Resumo: O proxecto consiste na conexión á rede domiiciaria de auga, na mellora do saneamento básico da comunidade de Flamengos. O proxecto contribuirá a reducir a pobreza e mellorar as condicións de vida da poboación.
Sector: Abastecemento e saneamento de auga. Necesidades básicas.
12. Proxecto: Formación profesional básica en canalización hidráulica, electricidade básica e electricidade industrial.

Parceiros: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, Centro de Formación Profesional.
Orzamento total: 10.500 €.
Achega do Fondo Galego: 500 €.
Achega da DXCE: 10.000 €.
Resumo: O proxecto consiste na realización de actividades de formación dirixidas á poboación moza co fin de compensar a falta de man de obra cualificada.
Sector: Capacitación-mocidade. Necesidades estratéxicas.
13. Proxecto: Abastecemento de auga potable.

Parceiros: Cámara Municipal de S. Filipe.
Orzamento total: 34.012 €.
Achega do Fondo Galego: 5.000 €.
Achega da DXCE: 29.012 €.
Resumo: O proxecto consiste na construción dun depósito e un chafariz, accións que serán completadas coa extensión da rede de auga. O proxecto persigue mellorar o abastecemento de auga á poboación.
Sector: Abastecemento e saneamento de auga.
14. Proxecto: Diagnose do proceso de descentralización.

Parceiros: Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV).
Orzamento total: 2.000 €.
Achega da DXCE: 2.000 €.
Resumo: O proxecto consiste na análise do proceso de descentralización co fin de afortalalo a través do coñecemento dos instrumentos de xestión do marco competencial.
Sector: Necesidades estratéxicas.
15. Proxecto: Plans Directores Ambientais.

Parceiros: Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos (ANMCV).
Orzamento total: 2.000 €.
Achega da DXCE: 2.000 €.
Resumo: O proxecto consiste no apoio á elaboración dos Plans Directores Ambientais.
Sector: Necesidades estratéxicas.
 
Asia
Territorios Paletinos
Convenio coa Consellería de Vivenda
16. Proxecto: Rehabilitación de vivendas nos campos de refuxiados palestinos de Jalazone e Amaria.

Parceiro: UNRWA.
Orzamento total: 107.029,29 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029, 29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende contribuír á mellorar a calidade de vida da poboación refuxiada e para tal fin rehabilitaranse as vivendas diminuíndo os problemas de saúde e crearanse oportunidades de emprego.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.
 
América Central
Nicaragua
Convenio coa Consellería de Vivenda
17. Proxecto: Rehabilitación de vivendas no Concello de Totogalpa.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 191.521,98 €.
Achega do Fondo Galego: 8.029,29 €.
Achega da Consellería de Vivenda: 99.000 €.
Resumo: O proxecto pretende mellorar a calidade de vida de 8 comunidades rurais construíndo latrinas, fogóns, elementos para captación de auga e impartindo seminarios sobre prácticas hixiénico-sanitarias, tratamento de residuos, etc.
Sector: Vivenda. Necesidades básicas.
Convenio coa Deputación de A Coruña
18. Proxecto: Educación Técnico-Agropecuaria para adolescentes e mozos/as rurais do Municipio de Las Sabanas.

Parceiro: INPRHU-Somoto.
Orzamento total: 40.776,56 €.
Achega do Fondo Galego: 15.776,56 €.
Achega da Deputación de A Coruña: 25.000 €.
Resumo: O proxecto pretende formar a mozos e mozas en xestión técnica agropecuaria co fin de impulsar un desenvolvemento integral, autoxestionado e sostibe.
Sector: Formación-agricultura. Necesidades estratéxicas.

Total aportacións para o financiamento de proxectos de cooperación Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade-Socios-Colaboradores: 545.688,24 euros.


Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2007.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

PUBLICACIÓN: 06/10/2007
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/12/2007
Fernando Pol


Subir