Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Proxectos Volver
Resolucións
 
 
Convocatoria de 2006 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade
 

A Asemblea xeral de socios celebrada en Santiago de Compostela o 2 de xuño de 2006 aprobou por unanimidade a Proposta de Resolución da Convocatoria 2006 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e solidariedade, que se transcribe a continuación.


Resolución

Presentáronse a esta convocatoria un total de 65 proxectos co seguinte perfil xeográfico:

  • África:13,
  • América Central: 18,
  • América do Sur: 31,
  • Caribe: 2,
  • Asia: 1.

A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron representantes do Concello de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Deputación de Pontevedra, e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada do Concello de Baiona e o Concello de Vigo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.


Proxectos

Cooperación indirecta
África
Senegal
1. Proxecto: Proxecto de Saúde Comunitaria. Construción e equipamento dun posto de saúde. Posta en marcha dunha mutua de saúde. Posta en marcha dunha farmacia comunitaria.
ONGD: Equus Zebra.
País: Senegal.
Orzamento: 77.981 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 77.981 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 20.000 €.
Resumo: Construción dun posto de saúde que comprenderá unha enfermería e unha maternidade cunha capacidade de acollida de 10 camas por unidade con todas as dependencias. Informar e sensibilizar ás poboacións locais mediante unha mobilización social sobre o contido do proxecto.
Beneficiari@s: 125 fogares, 5.086 habitantes.
Sector: Infraestrutura social. Saúde. Necesidades básicas.
 
América central
Guatemala
2. Proxecto: Fortalecemento da Soberanía Alimentaria na Conca do Río Polochic. 2º ano.
ONGD: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Guatemala.
Orzamento: 17.754 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 17.754 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 17.754 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 3.216 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 63.100 €.
Cantidade aportada pol@s beneficiari@s: 15.200 €.
Resumo: contribuir a garantir a soberanía alimentaria das familias da conca do río polochic en guatemala a través do manexo de proxectos agropecuarios e a recuperación e difusión da cultura agroecolóxica.
Sector: Capacitación-soberanía alimentaria. Necesidades estratéxicas.
3. Proxecto: Fortalecemento da participación de mulleres e xóvenes na organización comunitaria e municipal.

ONGD: Intered.
País: Guatemala.
Orzamento: 39.748,71 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 30.935 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 30.935 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 1.500 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 2.859 €.
Cantidade aportada pol@s beneficiari@s: 4.455 €.
Resumo: Promover a participación das mulleres e os xóvenes das comunidades rurais nos mecanismos formais de participación cidadá establecidos no eido municipal.
Beneficiari@s: Capacitación a 280 e fortalecemento organizacional a 1.529.
Sector: Capacitación-xénero. Participación cidadá no eido municipal.
 
América do sur
Bolivia
4. Proxecto: Escola de Auxiliares de Enfermería de Sucre (Isfocata, Instituto Superior de Formación e Capacitación Hernández Vera).

ONGD: Seminario Galego de Educación pola Paz.
País: Bolivia.
Orzamento: 164.770,67 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 19.050 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 19.050 €.
Cantidade aportada pola ONGD: 2.000 €.
Cantidade aportada polo parceiro local: 143.719 €.
Resumo: Fortalecemento e mellora da calidade, o nivel de vida e a atención do sistema sanitario nos centros de saúde (1º nivel). Creación da Escola de Auxiliares de Enfermería de Sucre.
Beneficiari@s: 80 alumn@s que carecen de posibilidades para continuar os seus estudos poderán acceder a unha formación e capacitación que en dous anos lles facilitará integrarse nun mercado laboral cunha gran demanda tanto dentro como fora da comunidade. Apoiará de xeito destacado e preferente a todas aquelas mulleres da comunidade que soliciten recibir a formación e a capacitación.
Sector: Capacitación-formación. Saúde.
 
Perú
5. Proxecto: Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local.

ONGD: Tierra de Niños.
País: Perú.
Orzamento: 41.687,85 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 41.688 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 31.688 €.
Resumo: Artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural dos nen@s e dos xóvenes dos distritos. Valorar a historia e orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís, artesáns, etc, nos mecanismos de empleabilidade e xestión turística.
Sector: Capacitación-educación e cultura. Necesidades estratéxicas.
6. Proxecto: Construcción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

ONGD: Inti.
País: Perú.
Orzamento: 3.000 €.
Cantidade solicitada ao Fondo: 2.380 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.190 €.
Cantidade aportada polo Concello de Gondomar: 1.190 €.
Cantidade aportada pola ONGD:
620 €.
Resumo: Brindar servizos hixiénicos seguros e de calidade para mellorar a atención da hixiene e saúde de setenta alumn@ con necesidades educativas especiais.
Sector: Saneamento. Necesidades básicas.
 
Cooperación directa
África
Cabo Verde
7. Proxecto: Construción dun Centro Socio-comunitario na Comunidade do Val da Ribeira da Torre, Illa de Santo Antao.

Parceiro: Cámara Municipal de Ribeira Grande, organizacións de base comunitarias.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 44.406 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 31.280 €.
Cantidade aportada pola Cámara Municipal: 8.126 €.
Resumo: Construír un Centro Socio-comunitario co fin de prestar servizos sociais nas respectivas comunidades e reforzar as capacidades de intervención e as súas organizacións representativas no marco da descentralización de competencias e responsabilidades promovidas pola Cámara.
Sector: Infraestruturas sociais.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
8. Proxecto: Creación de competencias técnicas, Illa de Santo Antao.

Parceiro: Cámara Municipal de Ribeira Grande, Ministerio de Educación e Valorización dos Recursos Humanos, Centro de Emprego e Formación Profesional de Santo Antao.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 38.605 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.000 €.
Cantidade aportada pola AECI: 32.977 €.
Cantidade aportada pola Cámara Municipal: 3.628 €.
Resumo: promover a formación profesional de xóvenes e mulleres en situación de desemprego de longa duración resultado da falta de cualificación axeitada para as necesidades e esixencias do mercado.
Sector: Necesidades estratéxicas. Capacitación.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
9. Proxecto: Construción dunha escola infantil en Covao Sanches, Zona Norte, Illa de Santiago.

Parceiro: Cámara Municipal de Santa cruz.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 22.675 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 21.675 €.
Resumo: Construción dunha escola infantil na zona norte da localidade, onde as familias viven en pobreza dependendo das Faimo (Frentes da Alta Intensidade de Man de Obra).
Sector: Infraestruturas básicas. Educación.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
10. Proxecto: Capacitacion de xóvenes.

Parceiro: Cámara Municipal de San Miguel, Centro de Formación Profesional.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 40.015 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 28.666 €.
Cantidade aportada pola Cámara Municipal: 6.349 €.
Resumo: Contribuír a autosostenibilidade dos xóvenes grazas á formación profesional. Formación de 130 xóvenes na procura do 1º emprego con vocación para áreas culturais en sectores diversos: artesanía, danza, asociativismo, mantemento de ordenadores.
Sector: Capacitación técnica. Necesidades estratéxicas.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
11. Proxecto: Conexións domiciliarias en Flamengos, Illa de Santiago.

Parceiro: Cámara Municipal de San Miguel.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 22.312 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 21.312 €.
Resumo: Dotación á comunidade dunha rede domiciliaria universal. Mellora do saneamento básico e a hixiene. Contribuír á reducción da pobreza e elevar as condicións de vida da poboación.
Sector: Infraestruturas básicas. Abastecemento e saneamento de auga.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
12. Proxecto: Formación profesional básica en canalización hidraúlica, electricidade básica e electricidade industrial.

Parceiro: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, Centro de Formación Profesional.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 36.280 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 35.280 €.
Resumo: Capacitar aos xóvenes en materia de instalacións hidraúlicas, etc, co fin de compensar a falta de man de obra cualificada promovendo a equidad.
Sector: Capacitación. Promoción de auto-emprego. Mocidade.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
13. Proxecto: Construción dun Centro de Información/formación e Asesoramento en Temas de Xénero (CIAM), Illa de Santiago.

Parceiros: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, OMCV (Organización Mulheres Caboverdianas).
País: Cabo Verde.
Orzamento: 50.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 4.000 €.
Cantidade aportada pola AECI: 46.000 €.
Resumo: Dispor dun espazo que posibilite a implementación de actividades dirixidas á incorporación do enfoque transversal de xénero na planificación, xestión e avaliación das políticas públicas locais. Fortalecemento da sociedade civil da localidade. Contribuír aos procesos de empoderamento das mulleres e o recoñecemento das mesmas nos procesos de desenvolvemento locais.
Sector: Infraestruturas sociais. Xénero.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
14. Proxecto: Construción dunha panadería artesanal, Illa de Santiago.

Parceiros: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, OMCV (Organización Mulheres Caboverdianas).
País: Cabo Verde.
Orzamento: 17.815 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.500 €.
Cantidade aportada pola AECI: 16.315 €.
Resumo: Fomentar a autopromoción das mulleres no Concello que redunde na soberanía alimentaria das mulleres cabeza de familia, incorporando o coñecemento artesanal e as posibilidades de creación de emprego que reduzan os niveis de pobreza.
Sector: Necesidades básicas. Alimentación.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
15. Proxecto: Elaboración dun Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, Illa de Santiago.

Parceiros: Cámara Municipal de San Lourenzo dos Órgaos, OMCV (Organización Mulheres Caboverdianas).
País: Cabo Verde.
Orzamento: 6.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 500 €.
Cantidade aportada pola AECI: 5.500 €.
Resumo: Realizar unha diagnose sobre a situación das mulleres na Cámara Municipal, co fin de elaborar un Plan Estratéxico Municipal.
Sector: Necesidades estratéxicas.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
16. Proxecto: Abastecemento de auga potable, Illa de Fogo.

Parceiro: Cámara Municipal de San Filipe.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 68.025 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 10.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 58.025 €.
Resumo: Construción dun depósito e un chafariz en cada unha das localidades; extensión da rede de auga.
Sector: Infraestruturas básicas. Abastecemento de auga.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
17. Proxecto: Construción dunha escola, Illa de Fogo.

Parceiro: Comisión Instaladora de Santa Catarina.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 36.280 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.000 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 35.280 €.
Resumo: Garantir o acceso rápido dos máis pequenos ao ensino prescolar. Aumento do rendemento escolar e reducción do analfabetismo.
Sector: Infraestruturas básicas. Educación. Necesidades básicas.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
18. Proxecto: Creación de competencias técnicas.

Parceiro: Cámara Municipal de San Vicente.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 35.208 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 2.000 €.
Cantidade aportada pola AECI: 33.208 €.
Resumo: Contribuír ao proceso de descentralización. Afortalar as institucións locais na asunción de novas competencias previstas na axenda autárquica. Promover a formación continua dirixida ao personal técnico da Cámara Municipal para mellorar a eficacia, a eficiencia e a transparencia da administración e a celebración de cursos sobre facenda e xestión financeira, dereito municipal, planificación e xestión da formación, xestión documental, educación ambiental, etc.
Sector: Capacitación.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
19. Proxecto: Estudo e diagnose da capacidade municipal.

Parceiro: ANMCV.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 5.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 500 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 4.500 €.
Resumo: Afortalar o proceso de descentralización a través do coñecemento dos instrumentos de xestión, do marco competencial e da lei de descentralización.
Sector: Necesidades estratéxicas.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.
20. Proxecto: Seguimento dos plans directores municipais.

Parceiro: ANMCV.
País: Cabo Verde.
Orzamento: 5.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 500 €.
Cantidade aportada pola Xunta de Galicia: 4.500 €.
Resumo: Afortalar o proceso de descentralización avaliando cunha metodoloxía participativa os instrumentos e estratexias das Cámaras Municipais.
Sector: Necesidades estratéxicas.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función das achegas dos cofinanciadores previstos.

Total da convocatoria: 530.135 euros.


Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2006.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/06/2006
Fernando Pol


Subir