Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Proxectos / Fichas Volver
Programa ART GOLD Sri Lanka
Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario
 
 

  Placa relativa á participación do Fondo Galego; clic para aumentar
Placa relativa á participación do Fondo Galego; clic para aumentar
Placa relativa á participación e financiamento na construción de centros de desenvolvemento comunitario en Sri Lanka de diferentes axencias, entre elas o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, ante a catástrofe provocada polo terremoto que sacudiu varios países asiáticos, como entidade asociativa do municipalismo galego, puxo os seus medios a disposición de todos os Concellos e Deputacións para canalizar a axuda directa aos damnificados.

A conta de emerxencia do Fondo Galego (Caixa Galicia Fene, 2091.0209.10.3040019000) mobilizouse ante a traxedia do Tsunami co fin de actuar dun xeito rápido e coordinado, sumando as axudas dos Concellos, os seus traballadores e traballadoras, as Deputacións e outras asociacións da sociedade civil.

O Fondo Galego alentou o compromiso da sociedade civil coas vítimas, reforzando a colaboración coas organizacións non gobernamentais e outras institucións para afrontar a reconstrución da rexión en estreita coordinación cos axentes e institucións das áreas afectadas. O Fondo Galego sumouse ás demandas de condonación da débeda externa dos países afectados por estimar que se trata dun mecanismo de primeira importancia para aliviar a dramática situación que se vive en toda a zona e facilitar a súa rápida recuperación.


Concellos e entidades que participan

Concellos socios
  Provincia de A Coruña Concello de Arteixo
Concello de Carballo
Concello de Lousame
Concello de Mugardos
Concello de Rois
Provincia de Lugo Concello de Guitiriz
Provincia de Pontevedra Concello de O Porriño
Deputacións
  Deputación de A Coruña
Deputación de Ourense
Contribuicións
  Concello de Burela
Asociación de Veciños Río Ameneiral, Bertamiráns
Asociación de Veciños O Cruceiro, Cambre
Asociación de Ciudadanos Magrebíes La Nueva
CEIP Padre Feijoo, Allariz
Grupo Municipal de Sada


O Tsunami

O 26 de decembro do 2004 o Tsunami levou a vida de máis de 30.000 persoas e desprazou a 500.000.


Por que Sri Lanka?

Doce dos 25 distritos de Sri Lanka foron severamente castigados. Sen embargo importantes oportunidades permanecen na procura de solucións que fagan fincapé no retorno, no restablecemento e no establecemento das poboacións afectadas, así como a restauración e a mellora do nivel de vida, crecemento económico e a situación laboral. Un problema de feito, a destrución que produciu o Tsunami empeorou a xa existente situación de pobreza, e incrementou a vulnerabilidade dunha grande proporción dos segmentos máis pobres da poboación.

Datos das perdas e danos
Nove de cada dez homes e mulleres traballadoras perderon as súas fontes de riqueza.
23.449 acres cultivados de terra foron afectados, incluíndo 9.000 acres de arrozais, 12.928 acres de xardíns, 645 acres de cereais, 559 acres de granxas e 317 acres de árbores frutais.
Máis de 100.000 edificios foron totalmente destruídos ou precisan reparación.
16.479 botes foron destruídos, ficando destruído un 54% da flota.
97 institucións de saúde dun total de 363 foron danadas.
195 institucións educativas: escolas, universidades e centros vocacionais. Destas, 59 escolas foron destruídas e 117 totalmente destruídas.
58 dos 242 hoteis rexistrados foron destruídos.


Que ten de novidoso o enfoque ART?

O intercambio de información entre as comunidades locais e os axentes de reconstrución é recoñecido como un elemento vital para o éxito e a sustentabilidade do proceso de reconstrución en Sri Lanka. Asemade, prevé discrepancias nos esforzos de reconciliación e rehabilitación e na confianza.


Respostas de emerxencia

Os obxectivos xerais do programa son apoiar na fase de rehabilitación a institucional, económica e social a través dunha estratexia rexional de desenvolvemento humano o cal implique o vencellamento da reconstrución e a aposta por un diálogo social e estabilidade máis alá da emerxencia co Tsunami.


Datos xerais do país

  Mapa de Sri Lanka; clic para aumentar
Mapa de Sri Lanka.
 
Idiomas oficiais: Cinagalés e tamil.

Outros idiomas: Inglés.

Capitais: Colombo (capital executiva); Sri Jayewardenepura Kotte (capital lexislativa).

Poboación: 19,5 millóns (NNUU, 2005).

Cidade máis grande: Colombo.

Presidente: Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.

Primeiro ministro: Mahina Rajapakse.

Goberno: República Socialista Democrática.

Constitución: Segunda república de 1978.

Superficie: 65.610 km2.

Independencia: Do Reino Unido, o 4 de febreiro de 1948.

Moeda: Rupia de Sri Lanka (LKR).

Esperanza de vida: 71 anos os homes), 77 anos as mulleres (NNUU).

GNI (Gross National Income/Ganancias Nacionais Brutas) per capita: 1.160 $US (Banco Mundial, 2006).

Principais exportacións: Roupa e textís, té, gomas, manises, xemas.

Dominio internet: .lk.

Código telefónico: + 94.

Membro de: SAARC (Asociación Sudasiática para a cooperación rexional); MBN (Mancomunidade Británica de Nacións); ONU.


Proxecto
Construción de 9 centros de desenvolvemento comunitario

Achega total do Fondo Galego: 75.688 €.

Área de intervención: Sri Lanka. Provincia Sur. Distritos de Galle, Matara e Hambantota. Comunidades de: Kurunduwatta (Gintota). Provindent Watta, Thilakapura (Ambalangoda); Katukoliyagama (Hikkaduwa); Deegoda Watta (Habaraduwa), Palana (Weligama); Kekanadura, Grama Niladhari División (Hambantota), Kadurupokuna Eaat (Grama Niladhari), Mahasenpura.

Duración: 1 ano, dous módulos de 6 meses cada un.

Sectores de intervención: Servizos sociais comunitarios, educación, emprego.

Resumo: O proxecto procura a mellora da calidade de vida dalgúns dos grupos máis vulnerábeis das áreas seleccionadas (viúvas, familias monoparentais, xente nova desempregada) grazas á oferta de servizos sociais comunitarios, centrándose en particular nas nais e nenos, e en actividades dirixidas á xente nova desempregada con familia. As actividades implementaranse nos 9 centros de desenvolvemento comunitario que fisicamente están sendo construídos ou reconstruídos baixo o impacto do proxecto Art Gold Sri Lanka.

Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida dos grupos vulnerábeis da Provincia Sur a través do desenvolvemento social, económico comunitario.

Obxectivos específicos

Obxectivo 1: Mellorar a calidade dos servizos sociais provinciais a nivel comunitario.

Obxectivo 2: Apoiar ás oportunidades de emprego no nivel provincial e comunitario.

Beneficiarios: Os seguintes grupos vulnerábeis das nove comunidades seleccionadas: viúvas con descendencia e xefas de familias monoparentais, xente moza desempregada, parellas con fillos desempregados.

 

 
SubirART GOLD Sri Lanka
Fotos: Fondo Galego
     
Danzas de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar Danzas de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar Nenas e nenos da comunidade de Gintota; clic para aumentar
Danzas de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota (Galle). Nenas e nenos da comunidade de Gintota (Galle).
Discursos de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar Discursos de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar Xuntanza en Galle de avaliación da Misión entre todas as persoas participantes; clic para aumentar
Discursos de inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota (Galle). Xuntanza en Galle de avaliación da Misión entre todas as persoas participantes.
Restos da devastación do Tsunami; clic para aumentar Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo; clic para aumentar Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo; clic para aumentar
Restos da devastación do Tsunami. Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo (I). Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo (II).
Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo; clic para aumentar Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo; clic para aumentar Representantes do Fons Catalá e do Fondo Galego; clic para aumentar
Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo (III). Encontro Tripartito ART GOLD en Colombo (IV). Representantes do Fons Catalá e do Fondo Galego que participaron na Misión.
Recepción de benvida da Misión por parte do Chief Secretary da Provincia Sur; clic para aumentar Recepción de benvida da Misión por parte do Chief Secretary da Provincia Sur; clic para aumentar Restos do tren arrasado polo Tsunami no distrito de Galle; clic para aumentar
Recepción de benvida da Misión por parte do Chief Secretary da Provincia Sur. Restos do tren arrasado polo Tsunami no distrito de Galle.
Recepción na Pradeshiya Sabawa de Yakkalamulla; clic para aumentar Inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar Doantes do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota; clic para aumentar
Recepción na Pradeshiya Sabawa de Yakkalamulla (Galle). Comunidade local que participuo na inauguración do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota (Galle). Cartaz cos doantes do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota (Galle).
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/08/2007
Fernando Pol


Subir