|
| |
|
Ilustración
do programa do Encontro de Boas Prácticas, que se celebrou en Barcelona os días 17 e 18 de abril,
organizado pola Confedera-
ción de Fondos e co apoio da AECID. |
 |
| Representación do FOGACOSOL no encontro
de Boas Prácticas da Confederación de Fondos: Álvaro Trillo, participante de Vacacións
con Traballo 2007, presentando o programa xunto con Joao Gomes Duarte, presidente da Cámara Municipal de
Sao Miguel en Cabo Verde. Barcelona 17 de abril de 2008. (Foto:
©fondogalego.org). |
| |
Encontro de Boas Prácticas:
a experiencia dos Fondos de Cooperación
A Confederación de Fondos de Cooperación
e Solidariedade organizou en Barcelona, co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional
e Desenvolvemento (AECID), os días 17 e 18 de abril un Encontro de Boas Prácticas co obxectivo de
dar a coñecer e intercambiar as experiencias que, en materia de cooperación descentralizada, están
a desenvolver os Fondos socios da Confederación. Durante os dous días que duraron as xornadas, contouse
coa presenza de diferentes parceiros locais dos diferentes Fondos, os cales compartiron aquelas boas prácticas
que veñen desenvolvendo dende a cooperación municipalista.
O Fondo Galego convidou a un participante do programa Vacacións
con Traballo, Álvaro Trillo, técnico de Infraestructuras da Deputación de A Coruña,
que no ano 2007 prestou, durante un mes, asistencia técnica á Municipalidade de Sao Miguel, Ilha
de Sao Tiago, en Cabo Verde. Xunto con Álvaro estivo Joao Gomes Duarte, presidente da Cámara Municipal
da cidade.
Previo ao Encontro, o día 16, realizouse, na sede do
Fons Catalá, unha reunión técnica de avaliación do programa ART-GOLD do Programa de
Nacións Unidas para o Desenvolemento (PNUD) en Sri Lanka. Asistiron os Fondos socios do programa no país:
Fondo Galego, Fondo Estremeño, Fondo Andaluz e Fons Catalá. A reunión, na que tamén
participaron Johamnes Krassnitzer, asesor técnico principal do programa ART en Sri Lanka, e Antonio Zurita,
representante do programa ART en España, tivo como obxectivo presentar os resultados acadados trala intervención
realizada no país despois do Tsunami, así como os retos e eixes de traballo que serán desenvolvidos
na provincia de Matara durante o ano 2008.
| |
 |
| No marco das xuntanzas da RMS os/as técnicos/as
dos Concellos socios recibirán os cursos básicos de cooperación e sensibilización ao
desenvolvemento. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Sensibilización e Educación ao Desenvolvemento
Novas apostas pola Sensibilización
do Fondo Galego para 2008-2009
Desde a súa constitución, a finais de
1997, o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade veu sumando adhesións de Concellos e Deputacións
de toda Galicia, pasando dos 10 socios iniciais aos 103 actuais, o cal representa aproximadamente o 70% da poboación
galega. O devandito crecemento e consolidación aumenta de forma progresiva cada ano, o que demostra o compromiso
cada vez maior das entidades locais tanto na cooperación ao desenvolvemento como na sensibilización
para o desenvolvemento en Galicia.
É por isto que a educación para o desenvolvemento
e os programas de sensibilización convertéronse nun área de traballo prioritaria do Fondo
Galego, que este vincula directamente co seu traballo en cooperación internacional.
No Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entendemos
que debido á súa proximidade aos/ás cidadáns/ás, son os entes locais os que
deben reforzar o seu papel pedagóxico-educador, e trasladar así a nosa responsabilidade nas desigualdades
Norte-Sur. Consecuentemente, elaboramos o Plan
bianual de Sensibilización 2008-2009 co apoio
da Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, que ten como público obxectivo
directo aos socios do Fondo Galego, e do que indirectamente tamén poderán beneficiarse a comunidade
educativa, o tecido asociativo galego, ONGDs, etc.
O Plan de Sensibilización estrutúrase en tres
eixos temáticos:
A. Pensar-reflexionar.
B. Facer-actuar.
C. Ver-coñecer.
Xa que desde este Plan queremos pensar e reflexionar desde a
nosa realidade, facer e actuar no local e no global para poder ver e coñecer mellor o noso mundo e a nosa
propia realidade.
En canto ao contido do programa de sensibilización, destaca,
en primeiro lugar, a aposta pola creación e o achegamento dunha oferta formativa básica para os/as responsables políticos e técnicos/as
locais, sobre cooperación, sensibilización e educación para o desenvolvemento desde as entidades locais galegas, que se materializa na organización
de oito cursos de formación continua que terán lugar no transcurso dos anos 2008 e 2009.
En segundo lugar, no Plan de Sensibilización inclúese
o proxecto TEATRacciÓn, teatro
con fondo no que se desenvolven liñas de traballo,
de creación, de formación e de investigación, vinculadas coas dimensións social, educativa
e cultural da práctica do teatro.
O proxecto hai que situalo no marco da educación e da
animación teatral, pois ten como finalidade última a posta en marcha de procesos de desenvolvemento
persoal e colectivo dos participantes e a toma de conciencia ante realidades diversas, xa sexa por parte do colectivo
de creadores e artistas, xa sexa por parte da comunidade receptora das súas propostas e accións.
TEATRacciÓn, teatro con fondo nace dun proceso de colaboración
entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FOGACOSOL) e a Escola Superior de Arte Dramática
de Galicia (ESAD), e coa finalidade de desenvolver unha actividade concreta, que se vincula coa promoción
da sensibilización da cidadanía galega e coa necesidade de potenciar a cooperación para o
desenvolvemento.
Nesa dirección, o proxecto en si, e as actividades que
poida desenvolver, parten dunha primeira fase de concienciación dos propios creadores en relación
coas posibilidades do seu traballo como artistas: a posibilidade de traballar, desde a creación artística,
a favor dun mundo mellor, máis humano e solidario.
A montaxe do espectáculo realizarase durante este ano
2008. A estrea e as representacións terán lugar ao longo do ano 2009 en municipios socios do Fondo
Galego das catro provincias galegas.
| |
 |
| De esquerda a dereita, I. Ambalavanan, Blanca
Rodríguez, Rosa Villaronga (técnica responsable da Área de Proxectos do FOGACOSOL) e P. Bobby.
Baiona, 23 de abril 2008. (Foto: ©fondogalego.org). |
 |
| Familia beneficiaria do Proxecto en Tamil Nadu,
India. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Proxectos de Cooperación Internacional
ao Desenvolvemento
Implicadas no Desenvolvemento visita a Secretaría
Técnica do Fondo
No mes de abril tivemos o gusto de recibir na sede da
Secretaría Técnica do Fondo Galego a I. Ambalavanan e a P. Bobby, da contraparte local People’s Development
Initiatives (PDI), acompañados por Blanca Rodríguez, técnica da ONGD Implicadas no Desenvolvemento.
I. Ambalavanan e P. Bobby viaxaron dende a India ata Galicia
para dar a coñecer a situación da comunidade local de Tamil Nadu, Karaikal e Salem, mostrando os
beneficios e os cambios que supuxeron para a vida da comunidade as accións de cooperación ao desenvolvemento
que a cooperación galega, co apoio do Fondo Galego está a levar a cabo xunto coa organización
local People Development Iniatives (PDI). Ambalavanan é o director da devandita organización india,
mentres que Bobby é membro do seu Consello de Administración.
Na reunión mantida entre o equipo da Secretaría
Técnica do FOGACOSOL e os nosos convidados, estes expuxeron os avances e os retos que plantexa a execución
do proxecto de desenvolvemento que están a levar a cabo na rexión de Tamil Nadu en India. O proxecto
tenta fomentar o cambio nas actitudes e prácticas das comunidades sobre a discriminación de xénero,
a través de formar á comunidade sobre a desigualdade de xénero e, especialmente a mulleres
embarazadas, con especial énfase nunha das súas prácticas máis extremas: o infanticidio
feminino. Para acadar este obxectivo, os representantes de PDI relataron como, ademais, están capacitando
ao persoal sanitario das aldeas para que contribúan ao esforzo de cambiar as prácticas animando ás
mulleres a que asistan ás revisións durante o embarazo.
Celebración do 10 de maio, Día
do Comercio Xusto
O pasado día 26 de marzo, a Secretaría
Técnica do Fondo Galego foi convocada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta
de Galicia a unha reunión informativa en relación ao fomento do comercio xusto, o consumo responsable
e a implantación de criterios de compra ética na Administración, accións que se inclúen
como prioritarias no I Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009.
Resultado desta xuntanza, conformouse a Comisión Técnica
de Comercio Xusto, concibida como un órgano de carácter participativo e consultivo, no que participará
activamente o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FOGACOSOL).
Dita Comisión xurde co fin primordial de concretar e
artellar as propostas por parte das entidades que, polo seu ámbito de actuación, poden ter un peso
relevante no desenvolvemento de medidas concretas cara á promoción do comercio xusto e o consumo
responsable na comunidade autónoma galega.
Que é o comercio xusto?
A definición internacionalmente consensuada e aceptada
de comercio xusto é a seguinte:
“O comercio xusto é unha relación de intercambio
baseada no dialogo, a transparencia e o respecto, que busca unha maior equidade no comercio internacional. Contribúe
ao desenvolvemento sustentable ofrecendo mellores condicións comerciais; asegurando os dereitos dos pequenos
produtores e traballadores marxinados, especialmente do Sur.
As organizacións de comercio xusto, apoiadas polos compradores,
están activamente comprometidas en apoiar aos produtores e a promover a práctica do comercio xusto
por medio de campañas que desenvolvan conciencia e axuden a cambiar as regras do comercio convencional internacional”.
O concepto de comercio xusto nace para garantir que os/as productores/as
dos países empobrecidos poidan acceder a unha relación comercial xusta e reciban un prezo que reflicta
custos reais de produción e de traballo, e que ademais faga posible unha produción socialmente xusta
e medioambientalmente viable.
Actualmente 5 millóns de persoas en África, Asia
e América Latina benefícianse do comercio xusto. Trátase de gupos ou cooperativas de produtores/as
e agricultores/as que producen café, cacao, té, plátanos, outras froitas tropicais, noces,
mel, téxtil e complementos, papelería, xoguetes, artigos de decoración e mobiliario.
Que é a compra pública ética?
A compra pública responsable ten como obxectivo integrar
preocupacións sociais, medioambientais e/ou éticas nas decisións de contratación pública.
Practicando a compra pública responsable, as autoridades
imprimen un valor engadido nas súas compras de obras, suministros e servizos. O orzamento da compra pública
invírtese de tal maneira que o gasto contribúe a obxectivos políticos máis amplos.
A compra pública ética representa o compromiso
por parte das autoridades cos productores e outros actores económicos que cumpren coas convencións
internacionais e estándares sobre condicións laborais dignas, salarios mínimos, dereitos dos/das
traballadores/as, loita contra o traballo infantil (recoñecidos xeralmente como comercio xusto ou principios
éticos) dando preferenza nas súas compras aos productos que apostan por criterios ou estándares
éticos máis esixentes. Aplícase xeralmente a contratos de suministro (alimentos e téxtil).
Axenda
| |
 |
“Persépolis”, publicado en España
por Norma Editorial. Guión e debuxo: Marjane Satrapi. |
| |
Recomendación bibliográfica:
Persépolis
“A miña motivación non foi escribir sobre
a miña vida senón sobre a historia do meu país, o que pasou alí durante a miña
infancia, sobre a situación política que se viviu”.
Marjane Satrapi, unha das artistas iranianas máis aclamadas, galardoada con varios premios entre os que
destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic
de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán,
que é á súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e dunha época.
Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépolis converteuse nun
cómic de referencia.
| |
 |
| As exposicións do FOGACOSOL “Fondo Galego,
Dez Anos con Proxectos” (paneis centrais) e “A Paz Cuestión de Fondo”. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
O movemento demóstrase andando
As que non paran de percorrer a xeografía galega,
dende as Rías Baixas ata a Costa da Morte, recalando así mesmo no interior, son as exposicións
fotográficas do Fondo Galego. Neste sentido, queremos agradecer aos concellos socios a súa implicación
na aposta do FOGACOSOL de achegar á cidadanía de Galicia a realidade que están a vivir outras
poboacións dos países empobrecidos, e como a cooperación internacional traballa por e para
mellorar as condicións de vida daqueles/as.
De seguido amosamos o itinerario e as vindeiras datas nas que
se poderán visitar estas exposicións:
• Cangas
do Morrazo, “Fondo Galego, Dez Anos con Proxectos”,
do 21/04/08 ao 18/05/08, no marco das IV Xornadas Interculturais.
• Corcubión, “Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio”, do 01/05/08 ao 15/05/08, nas celebracións do I Festival Maio Solidario.
• Salceda
de Caselas, “Fondo Galego, Dez Anos con Proxectos”,
do 15/05/08 ao 30/05/08, festexando a adhesión deste Concello ao Fondo.
• Caldas
de Reis, “A Paz Cuestión de Fondo”
e “Fondo
Galego, Dez Anos con Proxectos”, do 27/06/08 ao
15/07/08, participando no Festival Cultura Quente.
Mapa de socios do Fondo
Galego
|