|
IV Xornadas Anuais de Cooperación
O meu Concello no mundo, o mundo no meu Concello
O compromiso global do mundo local
| |
 |
| De esquerda a dereita: Joao Duarte Gómes,
presidente da Cámara Municipal de San Miguel; Katia Cardoso, membro do Núcleo de Estudos para a Paz,
Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra; e Álvaro Trillo, técnico da Deputación
de A Coruña e participante do programa de Vacacións con Traballo 2007 - Cabo Verde. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Con motivo do X aniversario do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade, o día 29 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas Anuais
de Cooperación baixo o título “O compromiso global do mundo local”.
O principal obxectivo desta xuntanza foi crear un espazo de
encontro entre os diferentes axentes vinculados o municipalismo e a solidariedade, no que debater e reflexionar
en torno o papel que cumpre ou podería cumprir o mundo local nas políticas de cooperación
ao desenvolvemento, así como no impulso de redes horizontais de solidariedade e intercambio entre as distintas
realidades Norte-Sur.
Entre outros, ademais de autoridades locais galegas, contouse
coa presenza de representantes do Concello de Córdoba, da Cámara Municipal de Palmela (Portugal),
así como do coordinador do programa ART (Apoio ás Redes Territoriais) das Nacións Unidas e
de dous representantes do municipalismos en Cabo Verde.
Apuntes para o futuro
A partir dos diferentes temas tratados ao longo das IV Xornadas
Anuais de Cooperación, é posible destacar as seguintes ideas, que a modo de conclusións poden
axudarnos a avaliar a evolución do Fondo e marcar pautas e estratexias que poden guiar as nosas accións
nun futuro.
• Avaliándonos
A pesar do aumento da implicación dos entes locais galegos
en materia de solidariedade e cooperación ao desenvolvemento nos últimos dez anos, non se pode considerar
que en Galicia as políticas de cooperación municipais estean consolidadas, nin na cantidade dos fondos
nin na calidade da súa xestión. É por isto que, tras as eleccións municipais espérase
un incremento no compromiso.
Para acompañar dito crecemento, é imprescindible
a articulación de estructuras e mecanismos de xestión e coordinación. Entre outras liñas
a seguir, déuselle especial importancia á creación dunha partida específica nos orzamentos
anuais, así como un departamento con persoal técnico formado en cooperación e solidariedade;
sumarse ao Fondo Galego en aras de harmonizar os esforzos levados a cabo entre as distintas entidades locais; e
asumir a responsabilidade social como entidades públicas, a través da implementación de accións
relativas ao comercio xusto, a compra pública ética e o consumo responsable.
| |
 |
| Virginia Romero, vicedirectora do Instituto
Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e Giovanni Camilleri, coordinador da Iniciativa
de Apoio a Redes Territoriais (ART) do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
• A
iniciativa ART
Durante as Xornadas puidemos achegarnos á experiencia
do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento na cooperación descentralizada, que se materializa
na Iniciativa ART, e que amosa a necesidade da articulación en rede de todos os actores (políticos,
económicos, sociais...) dun territorio para conseguir un desenvolvemento integral e sostible, baseado nas
propias potencialidades da zona. Aposta, polo tanto, por un enfoque territorial das estratexias de cooperación,
no que encadrarían diferentes sectores.
Neste senso, os retos a asumir serían varios:
• Superar a lóxica do proxecto a curto prazo e potenciar
procesos a longo prazo.
• Xerar dinámicas de harmonización e coordinación
ao redor de “intereses comúns” entre os diferentes actores.
• Asegurar a participación activa e efectiva da poboación,
que pasaría de “beneficiaria a protagonista”.
• Garantir a horizontalidade da cooperación.
• Coordinar a esfera local coa nacional e a internacional, asumir
a súa complementariedade.
| |
 |
| Isabel Álvarez, xefa do Departamento
de Cooperación Internacional do Concello de Córdoba e representante do Fondo Andaluz de Municipios
para a Solidaridad Internacional; Paulo Pacheco, xefe do Gabinete da Presidencia da Cámara Municipal de
Palmela (Portugal); e Mar Barreiro, participante do programa Vacacións con Traballo 2007 - Perú.
(Foto: ©fondogalego.org). |
| |
• Compartindo
As experiencias doutros Fondos de Cooperación ou doutros
Concellos, ofrecéronnos como principais aportacións:
• A necesidade de contar con Plans Municipais que deseñen
as estratexias a seguir.
• A importancia de apostar pola cooperación directa naquelas
áreas onde os municipios dispoñan de competencias específicas.
• A partición da cidadanía é imprescindible
para o bo funcionamento das políticas de cooperación municipais.
• Abrir novas rutas para a cooperación tendo en conta
a propia realidade do Concello. Como o traballo conxunto coa poboación inmigrante en estratexias de codesenvolvemento.
• A educación para o desenvolvemento e os programas de
sensibilización deben ser un área de traballo prioritaria. En base a súa proximidade aos/ás
cidadáns/as, os entes locais deben afondar no seu papel pedagóxico-educador e trasladar a nosa responsabilidade
nas desigualdades Norte-Sur.
• Os irmanamentos son un instrumento de vital importancia para
a cooperación municipalista.
• As misións técnicas de avaliación e seguimento
axudan a achegar ás entidades colaboradoras e a xerar redes estables de cooperación, así como
son imprescindibles para coñecer os impactos reais do traballo feito, e identificar as liñas a seguir
cara o futuro.
• A asignación de recursos é imprescindible para
que haxa políticas de cooperación estables e relevantes, pero o esforzo na súa xestión
e calidade lle segue inmediatamente en orde de importancia.
| |
 |
| Visita a Santa Catarina. Pilar Gallego e Ángeles
Silva. |
 |
| Visita a San Miguel. Depósito de auga. |
 |
| Recepción das tres concelleiras galegas
na ANMC. |
 |
| Intercambio de Experiencias. Pilar Gallego e
Claudia Rodrígues. (Fotos: ©fondogalego.org). |
Proxectos
• Intercambio de experiencias en Cabo Verde
No mes de novembro de 2007 realizaron unha misión de
traballo de oito días a Cabo Verde a técnica do Fondo Galego María del Mar Gómez e
tres concelleiras municipais galegas, Pilar Gallego do Concello de Allariz, Ángeles Silva do Concello de
Baiona e María Méndez do Concello de Vigo. As tres representantes do poder local galego participaron
no proxecto que leva a cabo o Instituto Caboverdiano para a Igualdade e a Equidade de Xénero (ICIEG) para
aumentar a participación das mulleres nas eleccións municipais de 2008. Con este fin, celebrouse
unha Xornada de Intercambio de Experiencias entre mulleres políticas de Cabo Verde e Galicia.
Aproveitando a viaxe, outro obxectivo foi o seguimento e avaliación
de proxectos sobre o terreo da Cámara Municipal de San Miguel, da Cámara Municipal de San Felipe
e a Cámara Municipal de Santa Catarina.
Ademais, mantivéronse encontros cos/as representantes
de Citi-HABITAT, unha ONGD con máis de vinte anos de experiencia coa que se colabora nun proxecto de abastecemento
e canalización de auga no Barrio Ponte de Auga, en Praia; e da Asociación Nacional de Municipios
Caboverdianos (ANMCV), que ten dous proxectos financiados polo Fondo Galego e a Dirección Xeral de Cooperación
Exterior da Xunta de Galicia, sobre diagnose e elaboración dos plans municipais en materia de medioambiente.
| |
 |
| Valter de Sá, secretario da Asociación
Nacional de Municipios Caboverdianos e Joao Gómes Duarte, presidente da Cámara Municipal de Sao Miguel,
reunidos con Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación Exterior. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
• Visitas do Sur
No mes de novembro visitaron Galicia dous representantes do
municipalismo en Cabo Verde, cos que o Fondo Galego ven traballando en proxectos de cooperación, Valter
de Sá, secretario da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e Joao Gómes Duarte,
presidente da Cámara Municipal de Sao Miguel, Illa de Santiago.
Dende o 26 ao 30 de novembro, visitaron os Concellos de Burela,
Santiago de Compostela, Arteixo e Vigo, e mantiveron unha reunión coa directora xeral de Cooperación
Exterior, Fabiola Sotelo. Tamén participaron nas IV Xornadas expoñendo o proceso de descentralización
política que se ven dando no arquipélago de Cabo Verde dende o ano 1991, e o fortalecemento progresivo
das administracións locais, o que deriva nunha maior democratización do país.
Calendario 2008
• Días solidarios
Durante todo o ano 2008, hai unha serie de días que nos
poden servir para reflexionar e organizar actividades en torno a diferentes realidades, a través das cales
acercarse a problemáticas e xerar alternativas para as mesmas, algúns deles son:
30/01.
Día Escolar da Non Violencia
e a Paz.
08/03.
Día Mundial da Muller.
21/03.
Día Mundial Contra o Racismo.
22/03.
Día Mundial da Auga.
07/04.
Día Mundial da Saúde.
01/05.
Día do Traballadores e
Traballadoras.
10/05.
Día do Comercio Xusto.
04/06.
Día dos/as Nenos/as Víctimas
de Opresións.
05/06.
Día Mundial do Medio Ambiente.
20/06.
Día Mundial do/a Refuxiado/a.
28/06.
Día Mundial do Orgullo Gai.
09/08.
Día Mundial das Poboacións
Indíxenas.
21/09.
Día Mundial da Paz.
01/10.
Día Mundial das Persoas
Maiores.
17/10.
Día Mundial de Loita Contra a
Pobreza.
16/11.
Día Mundial pola Tolerancia.
20/11.
Día Mundial dos Dereitos do/a Neno/a.
25/11.
Día Contra a Violencia Contra a Muller.
01/12.
Día Mundial dos Discapacitados.
01/12.
Día Mundial da Loita Contra a Sida.
05/12.
Día Mundial do Voluntariado.
10/12.
Día Mundial dos Dereitos Humanos.
18/12.
Día Internacional do/a Emigrante.
Mapa de socios do Fondo
Galego
|