|
Especial 10 anos
| |
 |
| Gráfico da evolución dos Socios
do Fondo Galego no período 1997-2007. |
 |
| A primeira Asemblea de Socios do Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade celebrouse o 26 de marzo de 1999. (Fotos: ©fondogalego.org). |
| |
Evolución do Fondo Galego
O primeiro aniversario do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade coincidía co lanzamento do Infórmate a Fondo, no que dábamos conta do que
por entón considerabamos un éxito: o Fondo chegaba ao 10% de representatividade
no conxunto das entidades locais e ao 33% da poboación. Despois dun ano de camiño, o Fondo acollía
a 28 concellos, fronte aos 10 membros que o constituíran un ano antes. A día de hoxe, somos 96 os membros, entre os que se inclúen 93 concellos e 3 deputacións
provinciais. Isto é, o Fondo Galego representa a máis
do 68% da poboación total de Galicia.
|
Ano
|
Socios
|
|
1997
|
10
|
|
1998
|
28
|
|
1999
|
37
|
|
2000
|
47
|
|
2001
|
54
|
|
2002
|
58
|
|
2003
|
60
|
|
2004
|
67
|
|
2005
|
83
|
|
2006
|
95
|
|
2007
|
96
|
Agradecemento
Estes dez anos do Fondo Galego non serían posibles sen
todas aquelas persoas e institucións que aportaron o seu traballo para facernos medrar. Van para todos e
todas o noso agradecemento e os nosos parabéns.
Visitas do Fondo
Ao longo destes dez anos, o Fondo Galego tivo a oportunidade
de coñecer in situ moitos dos lugares onde estamos a prestar a nosa axuda. Os campamentos de refuxiados
saharauís no deserto alxeriano, o arquipélago de Cabo Verde, a cidade de Santiago de Cuba, Guatemala
ou a Provincia Sur de Sri Lanka, onde estamos a colaborar co programa ART Gold
de Nacións Unidas, foron algúns dos lugares aos que tivemos ocasión de desprazarnos co propósito
de avaliar de preto a efectividade dos proxectos financiados e intercambiar ideas cos nosos parceiros para mellorar
a calidade da nosa cooperación.
| |
 |
| Proxecto de rehabilitación de vivendas
na Cámara de Paúl, en Cabo Verde. Ano, 2005. |
 |
| 02/10/2006. Visita de avaliación de proxectos
en Huancavelinca (Perú). (Fotos:
©fondogalego.org). |
Proxectos executados
A primeira convocatoria de pro-xectos do Fondo Galego serviu
para financiar tres proxectos de cooperación ao desenvolvemento. No 2001, xa eran 8 os proxectos financiados
polo Fondo, 12 no 2004 e 15 no 2006.
Tamén o perfil xeográfico se ampliou e na actualidade
o Fondo Galego está presente en América do Sur, América Central e o Caribe, Asia e África,
cunha aposta decidida polas comunidades de expresión lusófona.
| |
 |
| 15-16/04/1999. Xuntanza de técnicos/as
da Confederación de Fondos en Compostela.
(Foto: ©fondogalego.org). |
Confederación de Fondos
A Confederación de Fondos,
que reúne aos nove Fondos que actúan en todo o Estado, xuntouse por primeira vez en Galicia en febreiro
de 1998, para impulsar, coa súa presenza, o noso nacemento. Fixemos novamente de anfitrións no 2002,
en Vigo, e no 2006, cando nos xuntamos en Pontevedra para falar das liñas de actuación que estamos
a seguir no noso día a día.
O Fondo de Emerxencia
En xaneiro de 2002, a Asemblea Xeral acordou a creación
dun fondo que recollese as axudas extraordinarias dos entes locais e provinciais galegos para facer fronte a situacións
de emerxencia e aberto a todo tipo de doazóns, sexan públicas ou privadas.
A asistencia á colectividade galega en Arxentina na crise
de 2001, a reconstrución de áreas baixo control da Autoridade Palestina trala ocupación israelí
no 2002, a colaboración en América Central e México tralo paso do furacán Stan, así
como no norte de Marrocos despois do terremoto de 2004, a axuda ás vítimas do Tsunami en Asia en
2005, a axuda alimentaria ao Sahara no 2006 ou ás vítimas do terremoto do 2007 no Perú, foron
algunhas das aplicacións que lle demos ao noso Fondo de Emerxencias.
| Ano |
Área xeográfica |
Motivo |
| 2001 |
Arxentina |
Axuda á colectividade galega |
| 2002 |
Autoridade Palestina |
Ocupación militar |
| 2004 |
América Central e México |
Furacán Stan |
| Marrocos |
Terremoto no norte do país |
| 2005 |
Sueste Asiático |
Maremoto |
| 2006 |
Sahara |
Axuda alimentaria de emerxencia |
| 2007 |
Perú |
Terremoto |
| |
 |
| 13/07/2006. Reviravolta polo Desenvolvemento
Sostible. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Iniciativas
En xaneiro de 2001 vía a luz o libro Palabras con Fondo,
manifestación do valor que o Fondo outorga á palabra no avance da cooperación descentralizada.
Participaron na iniciativa 23 autores de tódolos xéneros literarios, e distribuíuse en colaboración
coa Federación de Libreiros de Galicia.
Tamén nese ano promovemos o proxecto Ondas Solidarias,
un espazo radiofónico sobre cooperación ao desenvolvemento que se emitiu durante sete meses na rede
de emisoras municipais.
Antón Cortizas, gañador do Premio Xerais de literatura
infantil e comprometido co desenvolvemento internacional, foi o primeiro en ceder ao Fondo Galego os dereitos de
autor dunha das súas obras. Os cartos obtidos pola venda de Memorias dun río van ser destinados a
un proxecto educativo en América Latina.
Datos económicos
Segundo datos da Coordinadora de ONGD-España, en 1991
os fondos procedentes da cooperación descentralizada representaban o 10% dos fondos totais das ONGD integradas
na Coordinadora (6,76 millóns de euros). En 1999, sumaban 106,95 millóns (24%) e en 2003 alcanzaban
a cifra de 160,57 millóns (o 31% dos fondos totais), e o 55% dos fondos públicos captados. Un incremento
en 12 anos do 2.300%. Do monto da cooperación descentralizada reseñado, 58,56 millóns de euros,
o 36%, proviña de Concellos e Deputacións.
| |
 |
| Xuntanza da Rede Municipalista Solidaria en
Noia o 07/10/2004. |
 |
| Xuntanza da Rede Municipalista Solidaria en
Carballo o 18/10/2005. Posteriormente, dábanse entre outras as RMS de Mos, Vilagarcía, As Pontes,
Soutomaior e Ribeira. (Fotos: ©fondogalego.org). |
A Rede Municipalista Solidaria
Baiona acollía en xaneiro de 2004 a primeira xuntanza
da Rede
Municipalista Solidaria. Estruturada en sete áreas
xeográficas, a Rede alberga ás e aos representantes dos Concellos pertencentes ao Fondo Galego co
obxectivo de dinamizar a nosa oferta de sensibilización e afondar na aposta solidaria municipal.
Despois de Baiona viñeron Pontevedra, A Pobra do Caramiñal,
Culleredo, Fene, Lugo, Ourense, Ferrol, A Coruña, Santiago, Caldas, Noia, Carballo e moitas outras vilas
que contan co Fondo para organizar e asentar a idea da solidariedade entre os seus cidadáns.
| |
 |
| Conferencia en Santiago de Frei Betto. |
 |
| Juan Alberto Castillo en Baiona. |
 |
| 27/01/2006. O ministro de Xustiza da RASD co
Fondo Galego. (Fotos: ©fondogalego.org). |
Visitas a Fondo
Son numerosas as persoas que apoiaron, coa súa visita
e entusiasmo, o traballo do Fondo Galego. Henry Ruíz, presidente da Fundación Augusto Sandino de
Nicaragua, estivo aquí en 1999. A súa compatriota Gladys Cáceres, directora do Instituto de
Promoción Humana (INPRHU-Somoto), fíxoo en varias ocasións, e tamén estiveron persoeiros
como o ministro de Xustiza da Fronte Polisario, Hammada Selma; Omar López Rodríguez, arquitecto conservador
da cidade de Santiago de Cuba; Claudia Rodrigues e Talina Pereira, representantes do Instituto da Condiçao
Feminina de Cabo Verde; Juan Alberto Castillo, técnico municipal de Honduras; Clarice Aparecida dos Santos,
coordenadora de educación do Movemento dos Traballadores Rurais sen Terra (MST) brasileiro; o coordinador
do programa de Nacións Unidas ART-Tsunami Sri Lanka, Gianluca Vignola; o frade dominico basileiro Frei Betto,
ex asesor do presidente de Brasil Lula da Silva e pai do Programa Fome Zero; o uruguaio Roberto Bissio, director
do Instituto del Tercer Mundo; a nicaraguana Ana María Pizarro, membro da comisión directiva da rede
de Saúde de Mulleres Latino Americanas e do Caribe; ou a directora do Centro de Estudos das Mulleres da
Universidade de Bharathidasan (India), N. Manimekalai.
| |
 |
| 22/11/2006. III Xornadas Anuais da Cooperación.
Mesa de Desenvolvemento Pesqueiro. |
 |
| II Xornadas de Avaliación. |
 |
| Seminario de Codesenvolvemento en O Porriño. (Fotos: ©fondogalego.org). |
Xornadas, cursos, seminarios...
A formación é un dos puntos claves do funcionamento
do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Entre as primeiras xornadas sobre a cooperación celebradas
a comezos do ano 2000, e as IV Xornadas Anuais de Cooperación que terán lugar en Compostela o vindeiro
novembro, hai ducias de cursos, seminarios e talleres nos que o Fondo Galego estivo presente co obxectivo claro
de difundir entre a cidadanía as nosas ideas e propostas de solidariedade e cooperación.
| |
 |
| A exposición “A Paz, cuestión
de Fondo” analiza os aspectos máis inxustos da sociedade. |
 |
| Díaz Pardo, Os Obxectivos do Milenio. |
 |
| 24/06/2005. Concurso de Redacción. (Fotos: ©fondogalego.org). |
| |
As Exposicións do Fondo Galego
“Solidariedade? a Fondo!”
foi a primeira das exposicións que empregamos para divulgar a nosa misión e fomentar a implementación
de políticas de cooperación e loita contra a pobreza.
O fotógrafo Xosé Abad prestounos unhas fermosas
imaxes que, acompañadas de palabras de Margarita Ledo, María Xosé Queizán e Teresa
Barro, falan do “Eterno
Feminino”.
Durante todo o 2004, a exposición arredor de “Os
obxectivos do Milenio 2000-2015” achegou á
cidadanía os compromisos asinados no 2000 polos líderes mundiais baixo o auspicio de Nacións
Unidas. Para axudar á súa difusión, Isaac Díaz Pardo redactou para nós un manifesto
de apoio a estes Obxectivos, que promoven a instauración de políticas económicas e sociais
que contribúan á redución da pobreza e a un mellor desenvolvemento humano.
Con grandes doses de humor e retranca, 28 autores de 16 países
elaboraron a exposición “A
Paz, cuestión de Fondo” que analiza os aspectos
máis inxustos da sociedade. A pobreza, o racismo e a violencia foron obxecto de análise nesta exposición
que percorre Galicia desde 2005 e aínda segue facendo camiño.
E co décimo aniversario chega unha nova exposición,
“Dez
Anos con Proxectos”, que circulará por vilas
e deputacións galegas dando a coñecer como foi esta primeira década do Fondo Galego.
Outras iniciativas, como o concurso “Por un mundo + xusto, faite
solidario”, achegaron ata os institutos de Galicia a loita por un mundo mellor.
| |
 |
| 06/11/2005. Vacacións con Traballo. Campaña
de limpeza da Cámara de Paúl, Cabo Verde. (Foto:
©fondogalego.org). |
| |
Vacacións con Traballo
Co apoio da Rede Municipalista Solidaria xurdiu a idea de crear
unha actividade de vacacións solidarias dirixida aos membros dos Concellos do Fondo Galego. Así nacía
en 2005 o programa Vacacións con Traballo, destinado ao persoal técnico da Administración
local galega e que conta cunha excelente acollida.
Vacacións
con Traballo busca “globalizar” o poder local a
través do intercambio de experiencias entre profesionais de Galicia e das Comunidades do Sur, e contribuír
ao intercambio formativo e á mellora da capacitación técnica dos e das especialistas dos países
do Sur. Na primeira edición, os e as seleccionados/as tiveron como destinos Nicaragua e Cabo Verde, aos
que neste 2007 se lles engade Perú.
Mapa de socios do Fondo
Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Pobra de Trives |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
A Teixeira |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Allariz |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Cartelle |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Castrelo de Miño |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Castrelo do Val |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Entrimo |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
Gomesende |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
Manzaneda |
Covelo |
| Cabanas |
|
O Barco |
Cuntis |
| Cambre |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Carballo |
|
Oimbra |
Lalín |
| Carnota |
|
Ourense |
Moaña |
| Carral |
|
Ribadavia |
Mos |
| Cedeira |
|
San Cibrao das Viñas |
Nigrán |
| Cerceda |
|
Sandiás |
O Porriño |
| Corcubión |
|
Verea |
O Rosal |
| Culleredo |
|
Verín |
Poio |
| Dumbría |
|
Vilardevós |
Pontecesures |
| Fene |
|
Vilar de Santos |
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Laxe |
|
|
Rodeiro |
| Lousame |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Mugardos |
|
|
Soutomaior |
| Narón |
|
Tomiño |
| Neda |
Valga |
| Noia |
Vigo |
| Oleiros |
Vilagarcía de Arousa |
| Outes |
|
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Ribeira |
| Sada |
| Santiago |
|