|
| |
 |
| O presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa,
recibe o saúdo das autoridades locais na Pradeshiya Sabawa de Yakkalamulla (Galle). |
 |
 |
| Comunidade local e danzas celebrando a inauguración
do Centro de Desenvolvemento Comunitario de Gintota (Galle).
(Fotos: ©fondogalego.org). |
| |
O Fondo Galego en Sri Lanka
O presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade,
Alfredo Novoa, e a responsable de sensibilización, Lara Barros, participaron o pasado mes de xullo nunha
misión técnica do programa Art Gold Sri Lanka promovido polo Programa para o Desenvolvemento de Nacións
Unidas (PNUD).
A viaxe tiña coma obxectivo o de avaliar o estado dos
proxectos nos que participa o Fondo Galego, aos que nesta primeira fase se achegaron 62.961 euros, recadados a
través da Campaña de Emerxencia lanzada tras o Tsunami que asolou o Sudeste Asiático en decembro
de 2004.
A misión, buscaba tamén apoiar o proceso de descentralización
e reformas democráticas que vive o país, e intercambiar experiencias en diversas áreas vencelladas
á xestión municipal, como son o desenvolvemento económico local, a xestión de residuos
ou o desenvolvemento comunitario.
Durante a primeira parte da misión, os representantes
do Fondo asistiron a un encontro tripartito con representantes do programa Art Gold en Sri Lanka, autoridades locais
e representantes de organismos de cooperación internacional que están a traballar no país.
O encontro serviu para expoñer as liñas xerais de actuación para o período 2008-2012,
e que teñen como obxectivo a reconstrución do país tras do Tsunami, a loita contra a pobreza,
o impulso dos valores democráticos e a construción dunha paz estable.
A segunda fase da visita consistiu no desprazamento á
Provincia Sur para avaliar in situ o estado dos proxectos e identificar novas liñas de traballo de cara
a unha segunda fase. O aporte do Fondo Galego axudou á construción de nove centros de desenvolvemento
comunitario, que serán fundamentais no artellamento da segunda fase do programa, pois deberán servir
como centros de dinamización social, de formación e de xestión.
Nesta segunda fase da visita, os representantes galegos integráronse
na misión técnica sobre Residuos Sólidos, xunto cos membros do Fons Catalá e a Agencia
Española de Cooperación Internacional (AECI).
O Fondo Galego en Perú
Con motivo do terremoto que sacudíu a costa do Perú
o pasado 15 de agosto, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abriu unha conta de emerxencia (2091.0209.10.3040019000)
coa que canalizar as axudas que tanto Concellos como empresas, organizacións sociais e mesmo individuos
particulares ofertan ao pobo peruano.
SensibilizándoNOS
• Unha
traballadora do Concello de Oleiros desprázase a Perú
En setembro viaxa a Perú como integrante do programa
Vacacións
con Traballo Mar Barreiro Barco. Ademáis
das tarefas de apoio deseñadas pola organización anfitriona, Tierra de Niños, Mar Barreiro
desplazarase á cidade de Ica, situada na zona máis afectada polo devastador terremoto que tivo lugar
o pasado 15 de agosto, co obxectivo de coñecer sobre o terreo os efectos do terremoto e identificar aqueles
proxectos de reconstrución máis prioritarios.
O Fondo Galego fai un chamamento á solidariedade
do mundo local galego coa poboación damnificada polo terremoto, e mantén aberta a súa conta
de emerxencia para que todas aquelas entidades ou persoas que queiran contribuír nas tarefas de reeconstrución
podan facelo.
Número de Conta:
2091.0209.10.3040019000 |
| |
 |
| Mar Barreiro en Perú no verán
do 2006. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Mar Barreiro Barco
Mar Barreiro Barco traballa como técnica
de Servizos Sociais no Concello de Oleiros. Especialista en Cooperación Internacional ao Desenvolvemento
é, entre outros, responsable da Mesa do Voluntariado, Cooperación Internacional e Sensibilización
Social do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio de As Mariñas.
Fondo Galego: Non é a primeira vez que viaxas a Perú?
Mar Barreiro Barco: Non, esta é a miña terceira viaxe. Coñecín Tierra
de niñ@s, a ONG coa que vou colaborar, durante a miña primeira visita a Perú e case por casualidade.
É unha organización pequena, pero que desenvolve unha labor fantástica entre mozos e mozas
das zonas máis deprimidas do Perú, cos que realizan actividades que acaban por beneficiar a toda
a poboación.
Fondo Galego: Cal vai ser a túa función?
Mar Barreiro Barco: Tierra
de Niñ@s traballa nas áreas de saúde, educación, gobernabilidade e fortalecemento institucional.
Eu voume integrar na área de fortalecemento institucional, nun proxecto de turismo solidario que precisamente
está financiado polo Fondo Galego e polo Concello de Oleiros.
Fondo Galego: Qué pensas da iniciativa de Vacacións con Traballo?
Mar Barreiro Barco: É
unha fórmula moi boa que permite a transferencia de experiencias e coñecementos non só do
Norte cara o Sur, senón que a nós tamén nos permite aprender. Permítenos ver outras
formas de traballar e resolver problemas, tanto a nivel persoal como profesional.
Como todo, é unha fórmula que sempre se pode mellorar.
Non sei se a través de esta iniciativa ou a partir de outra, pero creo que debería de existir unha
fórmula que permitise estadías máis longas. Aínda tendo un coñecemento detallado
do proxecto no que imos colaborar, un mes faise curto. Viaxar a un país novo require un tempo de aclimatación
ao traballo e á forma de traballar da entidade, saber cal é o teu cometido e os teus límites,
aínda que mellor é un mes que nada.
• Fondo Galego, dez anos con proxectos
Hai xa dez anos que o Fondo Galego comezou a fiar soños
de solidariedade e xustiza a través do mundo local galego. É o momento de botar a vista atrás
e dar a coñecer como fomos avanzando nese camiño. Facémolo a través dunha exposición
itinerante, destinada a todos aqueles entes locais ou provinciais interesados en amosarlles aos seus veciños
e veciñas os proxectos de cooperación e solidariedade nos que están envoltos a través
do Fondo Galego. A exposición, que leva por título Fondo Galego, dez anos con proxectos, será
presentada no marco da Asemblea Xeral de Socios de 28 de setembro, contará cunha inauguración en
cada provincia e comezará a circular a partires da primeira semana de outubro.
| |
 |
| Habitantes da aldea de Ngoui (Senegal) observan
unhas fileiras de ladrillos destinados á construción do centro de saúde financiado co aporte
do Fondo Galego. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
proxectos 2007
• Colaboración
do Fondo Galego con Equus Zebra
O Fondo Galego, en colaboración coa ONG Equus Zebra,
desenvolve un proxecto de saúde comunitaria no Senegal, que consiste na construción e equipamento
dun centro de saúde e na posta en marcha dunha mutua de saúde e dunha farmacia comunitaria.
Cun orzamento de 77.981 euros, dos que o Fondo Galego aporta
20.000, o centro de saúde está situado na aldea de Ngoui, nunha das áreas máis deprimidas
do Senegal. Dotado dunha enfermería e dunha maternidade con 10 camas, dará servizo a unha rexión
duns 35.000 habitantes e que ata o momento non contaba con ningunha infraestrutura sanitaria.
• Convocatoria de proxectos do Fondo
Galego 2007
A Comisión Avaliadora de Proxectos do Fondo Galego recibiu
este ano un total de 82 propostas procedentes de entidades presentes en América do Sur e Central, o Caribe,
África e Asia. Unha vez analizadas as propostas e revisados aspectos como a capacidade operativa e financeira
da entidade que solicita a axuda, a relevancia do proxecto con respecto ás necesidades da comunidade e do
país de implantación ou a viabilidade futura dos proxectos, a Comisión Avaliadora vai realizar
un informe que será discutido pola Asemblea Xeral de Socios para a súa aprobación.
A resolución definitiva das axudas deberá ser
adoptada na xuntanza que terá lugar o vindeiro 28 de setembro en Santiago de Compostela.
• Curso de metodoloxía ART en
Cuba
A especialista en Desenvolvemento e Xénero do Fondo Galego,
Iria Alonso, participa nun curso de actualización da metodoloxía ART, dirixido aos actores da cooperación,
e que ten lugar en Cuba do 20 de agosto ao 3 de setembro.
O curso, que ten lugar nas cidades de Habana, Santiago e Pinar
del Río, está encadrado na coñecida como dimensión WOMEN do programa ART de Nacións
Unidas, e que estuda as relacións de xénero nos proxectos agrupados en torno a dito programa.
Cambio de imaxe
Despois de dez anos de actividade, o Fondo Galego muda a súa
imaxe.

A man aberta que creara Pepe Carreiro e que nos acompañou desde o noso nacemento deixa paso a un novo deseño
obra de Manel Gómez.

O novo logotipo representa, segundo o seu creador, a mestura entre o concepto de cooperación, definido como
acción simultánea de dous ou máis axentes que obran xuntos e producen un mesmo e idéntico
efecto, e o símbolo do trisquel, encargado de darlle dinamismo, equilibro e interacción. Un novo
símbolo para unha nova etapa.
| |
 |
| Diversos produtos de comercio xusto. (Foto: ©fondogalego.org). |
| |
Receitas solidarias
Crema ao café
con chocolate
Ingredientes:
- 3/4 litros de leite.
- 9 xemas de ovo.
- 300g de azucre.
- 4 culleradiñas de café de comercio xusto.
- 1 ramiña de vainilla.
- 4 pastas de chocolate fondant de comercio xusto.
- 1 pel de limón.
- 1 culleriña de manteiga.
Preparación:
- Ferver o leite coa vainilla e a pel do limón.
- Mesturar as xemas, o azucre, o café e traballalo cunha
espátula.
- Verter o leite fervendo, despois de sacar a ramiña de
vainilla e a pel de limón, e remover a lume moi lento.
- Antes de ferver, tirar do lume e deixar arrefriar, repartida
en catro recipientes ou ben nun só.
- Nun pequeno cazo, ao lume, fundir o chocolate coa manteiga
e adornar os recipientes.
Esta receita foi tirada do Libro da cociña solidaria
editado polo centro de recursos CRISOL. crisol@galiciasolidaria.org.
Almanaque solidario
20 de agosto a 3 de setembro: Curso de Metodoloxía ART Dimensión WOMEN. Habana, Cuba.
24 de agosto:
Xuntanza dos participantes no programa Vacacións con Traballo. Santiago.
7 de setembro:
Xuntanza da Comisión Executiva do Fondo Galego. Locais da FEGAMP, Santiago de Compostela.
28 de setembro:
Asemblea Xeral de Socios do Fondo Galego. Locais da FEGAMP, Santiago de Compostela.
• A Asemblea da renovación
O venres 28 de setembro terá lugar a Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A xuntanza comezará ás 12 horas na sede da FEGAMP (Rúa de Varsovia 4C, 6ª Planta, Santiago
de Compostela), e terá como principais puntos da orde do día a renovación dos membros do Fondo,
a raíz dos resultados das eleccións locais do pasado 27 de maio, e a elección da nova Comisión
Executiva.
A Asemblea Xeral deberá tamén adoptar unha resolución
sobre os proxectos presentados á convocatoria de axudas para este ano. Por último, no transcurso
da xuntanza será presentada a exposición coa que o Fondo Galego quere celebrar os seus dez anos de
vida, e que leva por título Fondo Galego, dez anos con proxectos.
Debido á importancia estratéxica cara o funcionamento
do Fondo nos vindeiros anos, é moi importante a participación de todos os membros en esta Asemblea
Xeral.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Pobra de Trives |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
A Teixeira |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Allariz |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Cartelle |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Castrelo de Miño |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Castrelo do Val |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Entrimo |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
Gomesende |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
Manzaneda |
Covelo |
| Cabanas |
|
O Barco |
Cuntis |
| Cambre |
|
O Irixo |
Gondomar |
| Carballo |
|
Oimbra |
Lalín |
| Carnota |
|
Ourense |
Moaña |
| Carral |
|
Ribadavia |
Mos |
| Cedeira |
|
San Cibrao das Viñas |
Nigrán |
| Cerceda |
|
Sandiás |
O Porriño |
| Corcubión |
|
Verea |
O Rosal |
| Culleredo |
|
Verín |
Poio |
| Dumbría |
|
Vilardevós |
Pontecesures |
| Fene |
|
Vilar de Santos |
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Laxe |
|
|
Rodeiro |
| Lousame |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Mugardos |
|
|
Soutomaior |
| Narón |
|
Tomiño |
| Neda |
Valga |
| Noia |
Vigo |
| Oleiros |
Vilagarcía de Arousa |
| Outes |
|
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Ribeira |
| Sada |
| Santiago |
|