|
Non se pode ser solidario só de palabra, hai
que contribuír abonando as cotas
Aproveitamos que acaba o ano para lembrarlle a aqueles socios
que aínda non abonaron a cota correspondente ao 2006, que teñen este mes para facelo. As cotas son o compromiso mínimo que asumen as
nosas entidades asociadas, e sen elas non poderiamos
levar adiante os proxectos que ano a ano van creando lazos de cooperación e solidariedade con outras comunidades
do Sur. Pórse ao día no pago das cotas é, polo tanto, fundamental para o bo funcionamento
da nosa cooperación.
Reviravolta polo Desenvolvemento
Co comezo do último mes deste ano, chegou ao seu fin
a campaña de sensibilización que protagonizou o Plan
de Sensibilización 2006. Con voces de aquí
e de alá, o Fondo Galego, leva meses esforzándose para que os Obxectivos do Milenio conten cada día
con máis voces que reclamen o seu necesario cumprimento, e, deste xeito, sumar o mundo local galego ás
correntes internacionais que puxan por un desenvolvemento humano xusto, xeneralizado e sostible.
A Reviravolta
polo Desenvolvemento Como Obriga Común, que tivo
lugar o pasado venres 1 de decembro no Concello
de Vigo, veu a pór o punto final ás sucesivas
actividades que este ano xiraron ao redor de cada un dos Obxectivos do Milenio, abordando o último deles,
que á súa vez é requisito indispensable para o cumprimento dos anteriores: fomentar unha alianza
mundial polo desenvolvemento.
Guiado polas preguntas de Jesús Portela,
subdirector do Faro de Vigo, Rafael Grasa, experto en cooperación ao desenvolvemento, explicounos como
o empobrecemento ten causas estruturais que se deben afrontar globalmente. A axuda ao desenvolvemento é
iso, axuda, pero pouco resolve senón vai acompañada de reformas estruturais en temas clave como son
o comercio, o mercado internacional, a xestión das finanzas internacionais… e o noso propio modelo de consumo,
que ten moito de insostible.
O acto contou coa presenza do Concello de Vigo, a través
de Marta Iglesias, concelleira de Benestar e Participación Cidadá, que tomou a palabra
para inaugurar a charla.
III Xornadas Anuais de Cooperación
Por terceiro ano consecutivo, o Fondo Galego, en colaboración
coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior, convocou as III Xornadas Anuais de Cooperación,
baixo o título “Un modelo para
a cooperación galega”. En Santiago, o día
22 de novembro, tiveron lugar as tres mesas que vertebraron as xornadas: unha sobre desenvolvemento rural,
outra sobre desenvolvemento pesqueiro, e unha terceira sobre a xestión
do medio ambiente e as implicacións da sostenibilidade.
Representantes de distintos sectores, institucións, sindicatos,
ONGDs, universidades… abordaron os tres temas cun enfoque plural e variado, aínda que sempre coincidindo
na importancia estratéxica que teñen ditos sectores á hora de falar de desenvolvemento.
As conclusións das III Xornadas de Cooperación poden lerse na páxina web www.igadi.org.
Novas do SOSI
O Servizo
de Orientación en Solidariedade Internacional
comeza a dar os seus froitos seis meses despois de botar a andar. A través de múltiples encontros
o SOSI serviu para incrementar o número de apoios do Fondo Galego de cooperación e Solidariedade
á ombreira dos 100 socios.
Entre outros concellos, está previsto que, en breve,
presenten formalmente a adhesión: Malpica, Carnota, Dumbría, Teo, Camariñas, Vedra, Vilaboa, Lalín, Silleda, e As
Neves, así como a Mancomunidade de Celanova
no seu conxunto.
Un neno, un mozo, un proxecto de vida
Tatiana Rubio,
representante da ONGD peruana Tierra
de Niños e responsable do proxecto de turismo
solidario que financia o Fondo Galego na convocatoria 2006, visita Galicia do 4 ao 15 de decembro. Durante ese
tempo, contaremos coa súa presenza nalgunhas actividades e visitas a concellos socios. Con estas visitas,
queremos coñecer de primeira man as realidades do Sur, así como as intervencións en materia
de desenvolvemento nas que participa o Fondo Galego.
Baixo o lema: “Un
neno, un mozo, un proxecto de vida…”, Tierra de Niños
ten por obxectivo promover e fortalecer a autonomía e o protagonismo social dende e cos nenos, nenas e mozos
en relación a outros actores sociais, para artellar procesos de empoderamento local que inflúan nas
políticas públicas a favor da infancia e a xuventude das poboacións máis pobres de
Perú.
O proxecto, financiado polo Fondo Galego na convocatoria do
2006, ten as seguintes características:
Proxecto:
Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local.
ONGD:
Tierra de Niños.
Orzamento:
41.687,85 euros.
Cantidade solicitada ao Fondo: 41.688.
Cantidade aportada polo Fondo: 31.688.
Resumo:
Artellar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade cultural dos/as nenas/os e dos/as mozos/as
dos distritos. Valorar a historia e a orixe das comunidades integrantes do circuíto turístico, afortalar
as organizacións locais, agrupacións xuvenís, artesáns… nos mecanismos de xeración
de emprego e xestión turística.
Sector:
Capacitación-Educación e Cultura. Necesidades estratéxicas.
Axenda Solidaria
• María
López Avendaño, educadora social do Concello de Neda,
técnica da Rede Municipalista Solidaria, participa o día 11 de decembro nas Xornadas sobre Voluntariado e Cooperación no IES de Carral.
• O Fondo Galego participa na mesa redonda “Mirando ao mundo”,
incluída na semana Vedra Solidaria, que terá lugar o próximo 29 de decembro ás 20:00
horas no Concello de Vedra. Vedra Solidaria contará tamén coa exposición do Fondo Galego sobre
os Obxectivos do Milenio.
• Exposición
Afogados no deserto. Para denunciar a situación
do pobo saharauí, a Coordinadora Galega de ONGDs conta con esta exposición que percorrerá
varias cidades galegas:
- Santiago
de Compostela: no local da Obra Social de Caixa Galicia
na Carreira do Conde, do 15 ao 31 de decembro do 2006.
- A
Coruña: no Fórum Metropolitano, rúa
Río Monelos, do 2 ao 16 de xaneiro do 2007.
• Xornadas
de (e)inmigración e comunicación. No Club
Internacional de Prensa os vindeiros días 12, 13 e 14 de decembro.
• Actos Conmemorativos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
No salón de actos do IES Rosalía de Castro en Santiago o 12, 13 e 14 de decembro. Organiza a Iniciativa
polos Dereitos Humanos.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Gomesende |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Manzaneda |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Barco |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
O Irixo |
Covelo |
| Cabanas |
|
Oimbra |
Cuntis |
| Cambre |
|
Ourense |
Gondomar |
| Carballo |
|
Ribadavia |
Moaña |
| Carral |
|
San Cibrao das Viñas |
Mos |
| Cedeira |
|
Sandiás |
Nigrán |
| Cerceda |
|
Verea |
O Porriño |
| Corcubión |
|
Verín |
O Rosal |
| Culleredo |
|
Vilar de Santos |
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Laxe |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
|
|
Tomiño |
| Noia |
- |
- |
Vigo |
| Oleiros |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Outes |
 |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Ribeira |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|