|
Os Dereitos Humanos e os Obxectivos do Desenvolvemento
do Milenio
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto
coa Asociación para as Nacións Unidas (ANUE) e o Concello de Ribadavia, organizan o “Seminario sobre
Dereitos Humanos e Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio” o día 27 de outubro na Aula da Cultura de Ribadavia.
O Seminario, unha actividade aberta a todo o público en xeral, vai inicialmente encamiñado a satisfacer
a necesidade de actividades de sensibilización sobre temas de cooperación internacional e solidariedade
dos Concellos socios e non socios do Fondo Galego de Cooperación. Componse de dúas seccións:
unha de mañá (de 10:00 a 13:00), onde se fala do rol internacional das Nacións Unidas, e outra
de tarde (de 16:00 a 18:00), na que se afonda sobre o contido dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e os
Dereitos Humanos, dende a dinámica institucional das Nacións Unidas.
O mundo local debe camiñar cara unha implicación
maior nunha realidade internacional que cada día lle afecta máis, e, a través dos ODM, sumarse
á chamada global para loitar contra o problema da pobreza nas súas diferentes dimensións coa
mirada posta no horizonte do 2015.
Mobilizacións contra a pobreza
Baixo o lema “Rebélate contra a pobreza: máis
feitos, menos palabras”, o pasado día 21 sucedéronse mobilizacións en todo o mundo, das que
as cidades galegas tamén foron protagonistas. Apoiadas nun manifesto de alcance estatal, ONGDs e diferentes
actores da cooperación (e entre eles o Fondo Galego), reclamaron unha vez máis que se leven a cabo
os compromisos internacionais de loita contra a pobreza, encarnados nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Asumindo que a pobreza pode erradicarse se existe a vontade política para facelo, reivindícase a
solución das súas principais causas, e que se adopten medidas tales como:
• Aumento da Axuda Oficial ao Desenvolvemento ao xa clásico
pero inalcanzado 0,7%.
• Establecemento de impostos fiscais que acaden unha maior xustiza
fiscal no plano internacional (Taxa Tobin).
• A abolición da débeda externa daqueles estados
máis empobrecidos, a revisión da súa lexitimidade, así como, a asunción da débeda
ecolóxica contraída polas empresas transnacionais ou polos países industrializados cos estados
do Sur pola inxusta explotación dos seus recursos naturais.
• O cambio das normas do comercio internacional que actualmente
privilexian os intereses de países ricos e impiden as e aos pequenos agricultores e aos gobernos dos países
empobrecidos decidir cómo loitar contra a pobreza, protexer o medio ambiente e garantir o Dereito á
Alimentación. Así mesmo, eliminar as subvencións de todo tipo que permiten exportar aos países
empobrecidos os produtos dos países ricos por debaixo do custe de produción, danando o sustento das
comunidades locais.
• A existencia e creación de emprego digno e con dereitos.
• A proteción dos servizos públicos de liberalizacións
e privatizacións excluíndo os do marco das negociacións do Acordo Xeral sobre o Comercio de
Servizos da OMC.
• Combater de forma decidida a actividade desenvolvida polos
mal chamados paraísos fiscais.
A Nosa Rede Solidaria
A Rede Municipalista Solidaria é unha experiencia peculiar,
unha tela de araña que distribúe á información, fomenta a comunicación, e fai
do Fondo Galego unha estrutura que depende de todas e cada unha das súas partes. Con esta ilusión,
vóltanse a convocar as xuntanzas das diferentes áreas que a integran. Estivemos en Soutomaior, en
A Coruña e Ribeira, e continuaremos por Lugo e Ourense, para pór en común as valoracións
do traballo desenvolto ata o momento e abrir novas portas de cara ao ano que ven.
A estas Redes súmanse as dúas traballadoras e
dous traballadores municipais que protagonizaron o programa de “Vacacións con Traballo”, en Nicaragua e
Cabo Verde, para compartir a súa experiencia e contribuír a que cada día sexa máis
posible falar dunha cooperación municipal galega coas empobrecidas comunidades do Sur, para compartir problemáticas
e inquietudes, pero tamén alternativas.
Máis Concellos con fondo
O SOSI (Servizo de Orientación en Solidariedade Internacional),
impulsado polo Fondo Galego neste ano, comeza xa a recoller os seus froitos. Co obxectivo de fomentar que os Concellos
galegos aposten por políticas de cooperación ao desenvolvemento, e que o fagan dende a coherencia,
a coordinación e a calidade, o Fondo Galego leva a cabo un programa de visitas por distintos puntos da nosa
xeografía.
É por isto que queremos darlle a benvida aos Concellos
que se adheriron ao Fondo Galego nos últimos meses: Ribeira e Laxe na provincia de A Coruña, e Tomiño
e Covelo na provincia de Pontevedra, e animar aos moitos outros que están ás portas de facelo.
A voltas co Sahara
Co fin de recadar axudas específicas destinadas á
adquisición de arroz para os campamentos de refuxiados, o Fondo Galego puxo a disposición a conta
de emerxencias de todos os seus socios. A cantidade que se vai destinar a arroz será de 5.200 euros, beneficiando
a un total de 5.500 persoas do campamento de Tifariti. A organización encargada da distribución de
alimentos será o Ministerio de Cooperación da RASD e a Media Lúa Vermella.
O Fondo Galego ten expresado en numerosas ocasións o
seu apoio ao “Plan de paz para a libre determinación do pobo saharauí”. Neste senso foi distribuída
unha Moción de apoio ao pobo saharauí impulsada por FEDISSAH (Federación Estatal de Institucións
Solidarias co Pobo Saharauí). Na Moción maniféstase a pertinencia da celebración dun
referendo libre, democrático e transparente e ínstase tanto ao Goberno do Estado como ao Consello
de Seguridade de Nacións Unidas e ao conxunto da Comunidade internacional á creación dun marco
de colaboración co fin de desbloquear a situación actual na zona.
Asemade, o Fondo Galego ten participado nunha Delegación
no mes de setembro de 2005 formando parte dunha comitiva de representes políticos e sociais co fin de coñecer
a realidade dos campamentos dos refuxiados en Tindouf e ten sido anfitrión de diversos dirixentes do Goberno
Saharauí.
Axenda
• 9 de novembro: Reviravolta polo Dereito á Alimentación,
no Concello de Oleiros.
• 22 de novembro: II Xornadas Anuais de Cooperación,
en Santiago.
• 28 de novembro: Reviravolta polo Desenvolvemento como Obriga
Común, en Vigo.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Gomesende |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Manzaneda |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Barco |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
O Irixo |
Covelo |
| Cabanas |
|
Oimbra |
Cuntis |
| Cambre |
|
Ourense |
Gondomar |
| Carballo |
|
Ribadavia |
Moaña |
| Carral |
|
San Cibrao das Viñas |
Mos |
| Cedeira |
|
Sandiás |
Nigrán |
| Cerceda |
|
Verea |
O Porriño |
| Corcubión |
|
Verín |
O Rosal |
| Culleredo |
|
Vilar de Santos |
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Laxe |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
|
|
Tomiño |
| Noia |
- |
- |
Vigo |
| Oleiros |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Outes |
 |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Ribeira |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|