|
| |
 |
| David Saavedra Pino, técnico de Servizos
Sociais no Concello de Noia, en Nicaragua..
(Foto: ©igadi.org). |
| |
Técnicos e técnicas municipais se desprazan
ao Sur
David Saavedra Pino, técnico de Servizos Sociais no Concello
de Noia, incorporouse durante o pasado mes de agosto, baixo o programa solidario “Vacacións con Traballo”,
aos proxectos nos que está colaborando o Fondo Galego en Nicaragua.
Durante un mes estivo traballando coa organización parceira
INPRHU e compartindo experiencias a través de diferentes proxectos relacionados coa atención á
infancia, coa educación e cos procesos de alfabetización.
David tivo tamén a oportunidade de asistir a unha exposición
dos produtos elaborados polo CEAR de Las Sabanas, Centro de Educación Alternativa Rural no que se imparten
cursos de capacitación agrícola para xoves, e que conta co financiamento do Fondo Galego.
En Nicaragua, dando continuidade á estancia de David,
estará tamén durante o mes de outubro María López Avendaño, educadora social
do Concello de Neda.
Por outra banda, en Cabo Verde atópanse xa o arquitecto
municipal do Concello de Culleredo, Ricardo Pérez, asesorando á Cámara Municipal de Ribeira
Grande, (Illa de Santo Antao) en temas de urbanismo, e a coordinadora da Área de Xestión Medio Ambiental
do Consorcio das Mariñas, Inés Peleteiro, colaborando coa Cámara Municipal do Paul e co Consorcio
dos tres municipios da Illa de San Antao (Paul, Ribeira Grande e Porto Novo) en temas medio ambientais.
Plan Operativo Cabo Verde 2006-2007
O pasado 15 de setembro foi asinado o convenio para desenvolver
o Plan Operativo Cabo Verde 2006-2007 que xorde da colaboración entre a Secretaría Xeral de Relacións
Exteriores e o Fondo Galego, para impulsar a cooperación galega en dito arquipélago. No acto da sinatura
pública estiveron presentes o presidente da Xunta, o secretario xeral de Relacións Exteriores e a
directora xeral de Cooperación, así como, por parte do Fondo Galego, o seu presidente e representantes
políticos de varios concellos socios. Contouse tamén coa presenza de representantes da inmigración
caboverdiana en Galicia, incluíndose unha pequena actuación do grupo de mulleres Batuko Tabanka.
A implementación do Plan Operativo comeza cunha misión
do Fondo Galego a Cabo Verde de seguimento e avaliación de proxectos anteriores e visitas aos novos parceiros,
á que se incorporará durante tres días a Dirección Xeral de Cooperación.
Consello Confederal en Pontevedra
O próximo 6 de outubro, o Concello de Pontevedra acolle
ao Consello Confederal que reúne anualmente á Confederación de Fondos de Cooperación
e Solidariedade, composta polos nove Fondos presentes no Estado: Fons Català de Cooperació al Desenvolupament,
Euskal Fondoa-Asociación de Entidadaes Locales Vascas Cooperantes, Fons Valencià per la Solidaritat,
Fons Mallorquí de Solidaritat i Cooperació, Fons Menorquí de Cooperació, Fons Pitiús
de Cooperació, Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional, Fondo Extremeño Local
de Cooperación al Desarrollo, e Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que nesta ocasión
é o Fondo anfitrión do encontro.
Revirando o Milenio
O Manifesto polo necesario cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento
do Milenio, que marcou o inicio da campaña de sensibilizacións “Voces de Aquí e de Alá
Revirando o Milenio”, conta xa con duascentas sinaturas que apoian as súas reclamacións para un desenvolvemento
humano e sostible.
Varios son os Concellos socios que xa manifestaron a súa
adhesión mediante acordo plenario, pero fai falta que moitos máis concellos se sumen para que o mundo
local amose que tamén pode e debe ter voz propia na escena internacional.
Nos meses de outubro e novembro, retomaremos as actividades
vinculadas cos Obxectivos do Milenio, nesta ocasión en relación aos obxectivos de educación,
de loita contra a fame e a pobreza e da necesaria creación dunha alianza mundial polo desenvolvemento.
Impulsando un “Bo Café”
Este ano puxemos en marcha un programa de colaboración
entre a ONGD Amarante e o Fondo Galego para o impulso do comercio xusto nas administracións locais galegas.
Nesta liña, presentouse aos Concellos socios do Fondo a campaña do Bo Café, que ten por obxectivo
a introdución de café de comercio xusto nas máquinas de bebidas quentes situadas en dependencias
municipais.
Dende a Secretaría do Fondo Galego, queremos felicitar
aos Concellos de Baiona e Nigrán, onde o programa está xa en funcionamento, e ao Concello de Vigo
e á Deputación de Pontevedra que se atopan en proceso de negociación para sumarse ao comercio
xusto.
Recordatorio
As cotas asumidas por cada Concello socio dende a súa
entrada no Fondo Galego son a base fundamental sobre a que se asenta o seu traballo de cooperación e solidariedade
coas comunidades do Sur. O abono das cotas plasma a vontade participativa e solidaria dos Concellos socios, e,
cada ano, fai posible o financiamento da convocatoria anual de proxectos. É por isto que, tras o paréntese
do verán, queremos recordar aos Concellos que aínda non ingresaron a súa correspondente cota
a importancia de que o fagan de aquí ao mes de decembro.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Gomesende |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Manzaneda |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Barco |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
O Irixo |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Oimbra |
Gondomar |
| Cambre |
|
Ourense |
Moaña |
| Carballo |
|
Ribadavia |
Mos |
| Carral |
|
San Cibrao das Viñas |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Sandiás |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Verea |
O Rosal |
| Corcubión |
|
Verín |
Poio |
| Culleredo |
|
Vilar de Santos |
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
 |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Ribeira |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|