|
Revirando o Milenio
Coa presentación do Manifesto polo cumprimento dos Obxectivos
do Milenio a mans do seu autor, Isaac Díaz Pardo, o pasado venres 2 de xuño, ao remate da Asemblea
Xeral de Socios, votou a andar a campaña “Voces de Aquí e de Alá Revirando o Milenio”. Comeza
así unha viaxe coa que o Fondo Galego quere percorrer Galicia sumando voces, para que cada vez sexamos máis
@s que reivindiquemos un mundo necesariamente máis xusto.
A primeira parada desta viaxe foi en Santiago o xoves 8 de xuño,
cando, a través da “Reviravolta Pola Equidade de Xénero”, presentouse o 3º Obxectivo do Milenio:
promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller. Saber que a maior parte das persoas pobres
son mulleres, que só contan cun 1% das propiedades, e que, sen embargo son as que nunha ampla maioría
corren coa responsabilidade alimentaria das súas familias e das súas comunidades, fai da equidade
de xénero unha loita imprescindible e que atravesa todos e cada un dos Obxectivos do Milenio. Pero é
o Obxectivo 3 o que a materializa nun maior grao, facendo da educación a ferramenta clave.
Para expornos este obxectivo contamos coa presenza de Cláudia
Sofía Rodrígues, presidenta do Instituto da Condiçao Feminina de Cabo Verde, e con Talina
Pereira, técnica do mesmo e coordinadora do 3º ODM. A voz galega que envolveu o acto foi a de Ugia
Pedreira, música galega de ampla traxectoria que actualmente encabeza o grupo Marful. A Fundación
Caixa Galicia foi o escenario onde converxeu a voz caboverdiana e a galega ao redor dunha mesma denuncia: a crecente
feminización da pobreza.
A segunda parada desta viaxe será en Pontevedra o día
28 de xuño coa Reviravolta pola Saúde como Dereito Universal. Nela, Ana María Pizarro, directora
de Servicios Integrales para la Mujer, SI Mujer, e integrante do Consello Directivo da Rede de Saúde das
Mulleres Latinoamericanas e do Caribe. Acompañada do debuxante Pepe Carreiro, fará unha análise
dos Obxectivos do Milenio relacionada coa saúde.
Esperamos que vos sumedes á viaxe na estación
máis próxima ao voso concello.
Avaliando para seguir mellorando: Perú
Por segundo ano, o Fondo Galego organiza as Xornadas de Avaliación
baixo o lema “Avaliando para seguir Mellorando”. Desta volta, é Perú o escenario escollido para a
nosa avaliación. O xoves 15 de xuño, o Fondo Galego, a Dirección Xeral de Cooperación,
ONGDs con experiencia en Perú e CEPRODE (Centro de Promoción del Desarrollo y la Educación,
asociación civil sen ánimo de lucro de Perú, que se dedicada a promover o desenvolvemento
sostible e a educación social), atópanse no concello de Ames para pór en común os proxectos
que se levan a cabo en dito país e avaliar conxuntamente os seus impactos.
Máis recursos para a solidariedade
Na Asemblea Xeral de Socios do 2 de xuño, foi aprobada
por unanimidade unha proposta de aumento de cotas, fundamental para a que o Fondo Galego poda seguir asentándose
e acompañado as dinámicas que fan da cooperación algo cada vez máis presente nas distintas
administracións públicas.
Os concellos socios verán aumentadas a súas cotas
no 2007 do seguinte xeito: nun 10% para os concellos de menos de 10.000 habitantes e dun 20% para os concellos
de máis de 10.000 habitantes. Un paso pequeniño pero imprescindible.
Proxectos
Na Asemblea Xeral de Socios aprobouse tamén por unanimidade
a Proposta de Resolución da Convocatoria 2006 para o financiamento de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Os proxectos aprobados son os seguintes:
Senegal
1. Proxecto:
Proxecto de Saúde Comunitaria. Construción e equipamento dun posto de saúde. Posta en marcha
dunha mutua e unha farmacia comunitaria.
ONGD:
Equus Zebra. Orzamento: 77.981 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 77.981. Cantidade aportada polo
Fondo: 20.000. Resumo: Construción que comprenderá unha enfermería e unha maternidade
cunha capacidade de acollida de 10 camas por unidade, con todas as dependencias. Base de información e sensibilización
da poboación local no que en temas relacionados coa saúde. Beneficiari@s: 125 fogares,
5.086 habitantes. Sector: Infraestrutura social. Saúde. Necesidades básicas.
Guatemala
2. Proxecto:
Fortalecemento da Soberanía Alimentaria na Conca do Río Polochic. 2º ano. ONGD: Veterinarios
sen Fronteiras. Orzamento: 17.754 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 17.754. Cantidade aportada polo
Fondo: 17.754. Cantidade aportada pola ONGD: 3.216. Cantidade aportada polo parceiro local: 63.100. Cantidade aportada
pol@s beneficiad@s: 15.200. Resumo: Contribuír a garantir a soberanía alimentaria das familias
da conca do Río Polochic en Guatemala a través do manexo de proxectos agropecuarios e a recuperación
e difusión da cultura agroecolóxica. Sector: Capacitación. Soberanía alimentaria. Necesidades estratéxicas.
3. Proxecto:
Fortalecemento da participación de mulleres e xóvenes na organización comunitaria e municipal.
ONGD:
INTERED. Orzamento: 39.748,71 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 30.935. Cantidade aportada polo
Fondo: 30.935. Cantidade aportada pola ONGD: 1.500. Cantidade aportada polo parceiro local: 2.859. Cantidade aportada
pol@s beneficiad@s: 4.455. Resumo: Promover a participación das mulleres e xoves das comunidades
rurais nos mecanismos formais de participación cidadá establecidos no eido municipal. Beneficiari@s:
Capacitación a 280 e afortalamento organizativo a 1.529. Sector: Capacitación xénero. Participación cidadá
no eido municipal.
Bolivia
4. Proxecto:
Escola de auxiliares de enfermería de Sucre (ISFOCATA, Instituto Superior de Formación e Capacitación
Hernández Vera). ONGD: Seminario Galego de Educación para a Paz. Orzamento:
164.770,67 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 19.050. Cantidade aportada polo Fondo: 19.050. Cantidade aportada
pola ONGD: 2.000. Cantidade aportada polo parceiro local: 143.719. Resumo: Fortalecemento e mellora da calidade, o nivel de vida e a atención
do sistema sanitario nos centros de saúde. Creación da escola de auxiliares de enfermería,
para 80 alumn@s que carecen de posibilidades de continuar os seus estudos, con apoio destacado a todas aquelas
mulleres que soliciten a participación. Sector: Capacitación-Saúde.
Perú
5. Proxecto:
Turismo solidario, un xeito innovador e creativo de promover o emprego xuvenil e a identidade local. ONGD:
Tierra de Niños. Orzamento: 41.687,85 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 41.688. Cantidade aportada
polo Fondo: 31.688. Resumo: Artillar os procesos educativos locais para o fortalecemento da identidade
cultural d@s nen@s e d@s xóvenes dos distritos. Valorar a historia e a orixe das comunidades integrantes
do circuíto turístico, afortalar as organizacións locais, agrupacións xuvenís,
artesáns… nos mecanismos de empleabilidade e xestión turística. Sector: Capacitación-Educación
e Cultura. Necesidades estratéxicas.
6. Proxecto:
Construción de servizos hixiénicos para nenos e nenas con necesidades educativas especiais. ONGD:
INTI. Orzamento:
3.000 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 2.380. Cantidade aportada polo Fondo: 1.190. Cantidade aportada polo
Concello de Gondomar: 1.190. Cantidade aportada pola ONGD: 620. Resumo: Brindar servizos hixiénicos seguros e de calidade para mellorar
a atención da hixiene e a saúde de setenta alumn@s con necesidades educativas especiais. Sector:
Saneamento. Necesidades básicas.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Gomesende |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
Manzaneda |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Barco |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
O Irixo |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Oimbra |
Gondomar |
| Cambre |
|
Ourense |
Moaña |
| Carballo |
|
Ribadavia |
Mos |
| Carral |
|
San Cibrao das Viñas |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Sandiás |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Verea |
O Rosal |
| Corcubión |
|
Verín |
Poio |
| Culleredo |
|
Vilar de Santos |
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
 |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|