Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 90 - 18 de maio de 2006
 
 

Traballando a solidariedade

Xa temos traballador@s solidari@s! O pasado 11 de maio tivo lugar a resolución do Programa de Vacacións con Traballo, ao cal se presentaron dez persoas con moi bos currículos e, aínda mellor, motivación. Ante a calidade das solicitudes recibidas, foi realmente complexo o proceso de baremo e resolución, adoptando como criterio principal o achegamento aos perfís requiridos polos nosos parceiros en Nicaragua e Cabo Verde.

A decisión tomada na Comisión Executiva do 11 de maio en relación ás persoas seleccionadas para viaxar ao Sur foi a seguinte:

A Nicaragua:

• María del Carmen López Avendaño, educadora social do Concello de Neda.

• David Saavedra Pino, traballador social no Concello de Noia (suplente).

A Cabo Verde:

• Inés Peleteiro López, coordinadora de xestión ambiental do Consorcio de As Mariñas.

• José Ricardo Pérez Rodríguez, arquitecto municipal e xefe do Servizo de Arquitectura e Urbanismo no Concello de Culleredo (suplente).

Parabéns @s seleccionad@s e ánimos @s que quedaron fóra desta vez, pero que poden presentarse en vindeiras ocasións. Entendemos que pór a traballar a solidariedade nun camiño de ida e volta baseado no intercambio e a aprendizaxe mutua, é, quizais, a mellor forma de cooperar.


Asemblea Xeral de Socios: imprescindible participar

O próximo 2 de xuño terá lugar a segunda Asemblea Xeral de Socios do presente ano. É esta unha cita imprescindible para todos os socios, concellos e deputacións, que, a través dos seus responsables políticos, teñen neste foro a súa máxima capacidade e oportunidade de expresión e decisión.

Deste xeito, o Fondo Galego, ano tras ano, engraxa o seu esqueleto organizativo e se pon a andar polo camiño da cooperación municipalista, non faltos de fendas e curvas, pero sempre cara diante cando a traxectoria está ben definida.

O aumento das cotas, que xa se comezou a debater na asemblea anterior, a resolución dos proxectos de cooperación para o 2006… son algúns dos puntos fortes do encontro. A Asemblea Xeral é o momento do debate e da participación, a mellor ocasión para sumar vontades; que a do teu concello non quede fóra!


  Gladys Cáceres na Deputación de Ourense, clic para aumentar
Recepción de Gladys Cáceres na Deputación de Ourense coa presenza dos concellos socios da provincia.
 
Nicaragua de novo en Galicia

Por terceiro ano consecutivo, o Fondo Galego contou coa visita de Gladys Cáceres, directora da organización nicaragüense INPRHU-Somoto, coa que o Fondo Galego leva en contacto dende o 2002. Nesta ocasión, foron as provincias de Ourense e Pontevedra as súas anfitrioas principais.

A súa axenda contou cunha recepción no Concello e na Deputación de Ourense, onde os proxectos financiados polo Fondo Galego a través das cotas pagadas polos Concellos, chegaron con nomes propios @s distint@s responsables polític@s da provincia, presentes na xuntanza. Tamén o Concello de Allariz contou coa súa mirada do Sur, a través dunha charla no IES e unha visita ao Concello.

En Pontevedra, Gladys foi recibida no Concello que dá nome a provincia polo alcalde e a concelleira de Benestar Social e Muller, responsable política do Fondo Galego na cidade. No Concello de Vigo, a alcaldesa e a correspondente responsable política do Fondo Galego, a concelleira de Participación Cidadá e Benestar Social, contaron tamén coa súa presenza e experiencias.

A Dirección Xeral de Cooperación foi outra porta que se abriu aos proxectos de INPRHU-Somoto e ao intercambio de experiencias coa súa emisora.

Nun plano máis divulgativo, aproveitando o amplo caudal de coñecementos e experiencias desta muller comprometida durante xa moitos anos co traballo comunitario, tivo lugar unha charla en Vigo, no Centro Crisol, baixo o título “Os retos da cooperación en Nicaragua”. Do mesmo xeito, na facultade de Ciencias Políticas de Santiago, o alumnado do Máster de Cooperación tivo a oportunidade de escoitar a Gladys e aprender da cooperación que se fai directamente dende o Sur.

Como último porto en Galicia, o Concello de Cambre contou con Gladys como invitada especial durante toda unha tarde e aproveitou a ocasión para facer a presentación da exposición “A Paz Cuestión de Fondo”.


Galicia de novo en Nicaragua

Na convocatoria do 2005 se levaron adiante os seguintes proxectos en Nicaragua:

Proxecto: Proxecto de Educación Alternativa Rural Técnica Integral para Adolescentes e Mozos Rurais no Municipio de Las Sabanas. ONGD: INPRHU-Somoto, Instituto de Promoción Humana. Orzamento: 119.027,20€. Cantidade solicitada ao Fondo: 42.742€. Cantidade aportada polo Fondo: 42.742€. Resumo: Mellora da calidade de vida dos mozos rurais aportando ao desenvolvemento integral, autoxestionario e sostible das súas familias e as súas comunidades a adquisición de coñecementos grazas aos programas de formación técnica e do ciclo básico de secundaria. Observacións: No financiamento previsto polo Fondo Galego, achegarase unha aportación do Concello de Oleiros por valor de 30.000€.

Proxecto: Instalación dun muíño comunal. ONGD: INPRHU-Somoto, Instituto de Promoción Humana. Orzamento: 2.936,25€. Cantidade solicitada ao Fondo: 1.200 €. Cantidade aportada polo Fondo: 1.200€. Cantidade aportada pola Comunidade: 626,96€. Cantidade aportada pola Alcaldía: 1.109,29€. Resumo: Instalación dun muíño comunal que funcionará a base de enerxía eléctrica. O proxecto inclúe a compra dun muíño con capacidade de 150 Lbs/h, instalación eléctrica, construción de caseta, equipamento de caseta con mesas e bancos.

Proxecto: Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino. ONGD: Fundación SEMG-Solidaria. Orzamento: 446.260,49€. Cantidade solicitada ao Fondo: 60.000€. Cantidade aportada polo Fondo: 30.000€. Cantidade aportada pola ONGD: 131.260€. Resumo: Construción e funcionamento dunha unidade clínico docente co fin de superar o seu nivel científico-técnico. Prestar atención médica con calidade á poboación. Observacións: Cidade Sandino está irmandada co Concello de Allariz, que aporta 12.000 euros. Asúmese o compromiso orzamentario desagregado en dous anos.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Castroverde Deputación Deputación
A Coruña Guitiriz A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Lugo Allariz A Estrada
Ames Mondoñedo Castrelo de Miño A Guarda
Arteixo Monforte Castrelo do Val Baiona
As Pontes Monterroso Entrimo Bueu
Bergondo Samos Gomesende Caldas de Reis
Betanzos Sarria Manzaneda Cambados
Boiro Triacastela O Barco Cangas
Brión Viveiro O Irixo Cuntis
Cabanas   Oimbra Gondomar
Cambre   Ourense Moaña
Carballo   Ribadavia Mos
Carral   San Cibrao das Viñas Nigrán
Cedeira   Sandiás O Porriño
Cerceda   Verea O Rosal
Corcubión   Verín Poio
Culleredo   Vilar de Santos Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol     Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos     Salvaterra de Miño
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros Mapa de Socios do Fondo Galego
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 089 / 088 / 087 / 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/05/2006
Fernando Pol


Subir