|
O mundo local: cada vez máis intercultural
Ás fendas de rendas e recursos hai que engadirlle outras,
ás veces non tan visibles pero tanto ou máis importantes pola súa repercusión social,
como son as fendas culturais. O medo a diferenza afasta a persoas e comunidades, e fai da convivencia cotiá
un escenario de conflito. E o medo non ten outra raíz máis que o descoñecemento, que xera
os prexuízos e os estereotipos cos que se levantan os muros da incomunicación e a incomprensión.
O mundo local é o espazo por excelencia da convivencia
e, cada vez máis polo impacto dos fluxos migratorios, do encontro entre diversas culturas. O concello, como
administración máis achegada á cidadanía e ao seu día a día, ten un papel
fundamental á hora de xestionar ás relacións sociais e culturais do seu entorno. Converter
o medo en confianza, a través do coñecemento mutuo, é a clave.
Nesta liña, o Concello de Arteixo, a través do
programa Arteixo Solidario, elixiu os días 19, 20 e 21 de abril, para, conxuntamente coa ONGD Ecos do Sur,
pór en marcha as IV Xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade, centradas desta volta
no codesenvolvemento. Un primeiro día de marco teórico, un segundo día de achegamento ao tema
dende a cooperación descentralizada e o mundo local, a cargo do Fondo Galego, e un terceiro ao redor da
práctica do codesenvolvemento dende diversas organizacións civís; tres días dirixidos
a amosar que cooperación ao desenvolvemento e inmigración son realidades que dificilmente se poden
entender por separado.
Dun xeito similar, aínda que dirixido á poboación
máis nova, o Concello de Oleiros, dentro do programa Oleiros Solidario, organiza conxuntamente co Fondo
Galego e o IES María Casares a Semana da Interculturalidade do día 24 ao 28 de abril. Contará
con distintos obradoiros: sobre o comercio xusto e o consumo responsable, sobre a cooperación que se leva
a cabo na India, sobre os proxectos como instrumentos básicos da cooperación, sobre o concepto de
desenvolvemento; haberá contacontos solidarios para os/as máis pequenos/as e se porá en marcha
o “minuto solidario”, actividade pola cal cada neno e cada nena do Instituto terá a oportunidade de expor
nun minuto o que faría para cambiar o mundo.
O dereito ao desenvolvemento, o dereito á
información
Baixo este lema, a Dirección Xeral de Cooperación,
xunto co Club Internacional de Prensa, convoca as I Xornadas de Cooperación e Comunicación Social
do 18 ao 21 de abril en Santiago, para explorar os retos aos que se enfronta a cooperación ao desenvolvemento
á hora de visibilizar tanto o seu traballo como a realidade na que se move.
A cooperación que se leva a cabo dende Galicia ten un
oco especial nestas xornadas, nunha mesa redonda na que o presidente do Fondo Galego terá oportunidade de
expor o importante papel dos entes locais en materia de cooperación e solidariedade.
Asemblea da Confederación de Fondos
O pasado 6 de abril, celebrouse en Valencia a Asemblea Xeral
da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade. Nesta xuntanza, celebrada anualmente,
están presentes o Fons Catalá, o Euskal Fondoa, o Fons Valenciá, o Fons Mallorquí,
o Fons Pitiús, o Fons Menorquí, o Fondo Andaluz e o Fondo Extremeño, ademais do Fondo Galego.
Os puntos máis importantes tratados neste encontro foron os de renovación dos cargos do Consello
Confederal, mantendo a presidencia o Fons Catalá, a presentación do plan de traballo e o presuposto
para o 2006, e a posta en marcha do convenio marco co AECI para impulsar proxectos de cooperación conxunta.
Itinerario Solidario
Mos, Vilagarcía, Santiago, Carral, As Pontes… a Rede
Municipalista Solidaria segue o seu curso, trazando o itinerario solidario do municipalismo galego, que rematará
en Lugo e Ourense nesta primeira rolda de xuntanzas deste ano. Dos encontros flúen as ideas, as preguntas,
as peticións, os debates, que fan do Fondo Galego un espazo común para repensar o mundo e as súas
problemáticas dende a esfera local. Son aínda moitos os baleiros a encher para facer da cooperación
un compromiso firme e asentado dentro dos concellos galegos, pero o camiño está máis que iniciado,
e na súa andadura o papel da Rede Municipalista Solidaria foi, é e será fundamental.
Colaboremos pola saúde
O pasado 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde,
que este ano quixo pór de relevo a importancia de formar e manter a persoal sanitario cualificado para loitar
contra o déficit en sanidade que se sofre en moitas partes do mundo. A saúde é un dos aspectos
máis importantes para poder levar unha vida longa e digna, e desenvolver o resto das capacidades humanas.
É por isto que a cooperación ao desenvolvemento recolle o dereito á saúde como vector
fundamental que, na lista de Obxectivos do Milenio das NNUU, merece tres apartados:
-Obxectivo 4: Reducir a mortalidade infantil.
-Obxectivo 5: Mellorar a saúde materna.
-Obxectivo 6: Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
No 2005 o Fondo Galego ten financiado proxectos dirixidos á
mellora directa da condición sanitaria das comunidades do Sur:
• Proxecto: Creación da Unidade Clínico Docente en Ciudad Sandino.
ONGD:
Fundación SEMG-Solidaria. País: Nicaragua. Orzamento: 446.260,49 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 60.000. Cantidade aportada
polo Fondo: 30.000. Cantidade aportada pola ONGD: 131.260. Resumo: Construción e funcionamento dunha unidade clínico docente
co fin de superar o seu nivel científico-técnico. Prestar atención médica con calidade
á poboación. Observacións: Cidade Sandino está irmandada co Concello de Allariz, que aporta
12.000 euros. Asúmese o compromiso orzamentario desagregado en dous anos.
• Proxecto: Produción de medicina natural para a atención da saúde
sexual e reprodutiva das mulleres adolescentes no municipio de Tonacatepeque. ONGD: APROCSAL (Asociación
de Promotores Comunais Salvadoreños). País: El Salvador. Orzamento: 71.964,48 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 49.083,85. Cantidade
aportada: 24.541,92. Resumo: Contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación
moza, especialmente mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos
naturais para a saúde sexual e reprodutiva. Acceso a medicamentos alternativos de calidade e xeración
de actividades de comercialización de produtos naturais. Observacións: Asúmese o compromiso orzamentario en dous anos.
• Proxecto: Mellora da atención no Departamento de Pediatría e Emerxencias
Pediátricas do Hospital Nacional 2 de Maio. ONGD: Oficina Executiva de Planificación Estratéxica do Hospital
Nacional 2 de Maio. País: Perú. Orzamento: 40.448,50 euros. Cantidade solicitada ao Fondo: 40.448,50. Cantidade
aportada: 40.448,50. Resumo: Mellora da cobertura de atención especializada no Departamento
de Pediatría e Emerxencias Pediátricas. Observacións: O Concello de Lugo asume o 50 % do orzamento solicitado.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Manzaneda |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
O Barco |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
Oimbra |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cambre |
|
Ribadavia |
Moaña |
| Carballo |
|
San Cibrao das Viñas |
Mos |
| Carral |
|
Sandiás |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verea |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Verín |
O Rosal |
| Corcubión |
|
Vilar de Santos |
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
 |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|