|
Asemblea xeral de Socios
O 24 de febreiro tivo lugar a primeira Asemblea xeral de Socios,
con carácter ordinario. Tras unhas palabras de benvida da directora xeral de Cooperación da Xunta
de Galicia, que quixo así presentar á nova Administración diante dos socios e dar contas da
elaboración do Plan Director 2006-2009, deuse paso á orde do día.
A presentación do plan de sensibilización para
este ano, a ratificación das novas altas de socios, e unha proposta de aumento de cotas para o ano seguinte,
foron os eixes do encontro. Este último punto, destinado a promover un maior compromiso económico
por parte dos socios, foi o que xerou, pola súa importancia, un maior debate. Finalmente acordouse pospoñer
a decisión para a Asemblea ordinaria prevista para o mes de xuño.
Arranca a Rede Municipalista Solidaria
A Rede Municipalista Solidaria comezou a súa andanza
anual o pasado 10 de marzo no Concello de Mos, socio do Fondo Galego dende o 2004. É este o seu terceiro
ano, o da madurez. As técnicas e técnicos “enredad@s” cumpren un papel cada vez máis destacado
como pontes de comunicación entre os seus concellos e o Fondo Galego, e debuxan así o esqueleto que
fai posible que, pouco a pouco, a cooperación e a solidariedade se gañen un oco na Administración
local.
Unha das ideas clave que se perfilou durante as xuntanzas da
RMS do ano pasado foi a necesidade de apuntalar as súas bases con máis información, máis
formación e máis implicación, tanto do persoal técnico como, sobre todo, dos e das
responsables políticos. Como primeiro paso nesa liña, as primeiras xuntanzas deste ano incorporan
un novo aspecto formativo, co obxectivo de reforzar os coñecementos sobre cooperación e pór
en común as inquedanzas que van xurdindo na súa posta en práctica.
| |
 |
| Vacacións con traballo, servidores públicos
ao servizo dos países do Sur. |
| |
Vacacións con Traballo: pon a traballar
a túa solidariedade!
Xa está aberto o Programa Vacacións con Traballo,
esperando as candidaturas do persoal laboral e funcionario dos concellos socios ata o 3 de maio, data na que se
fechará o prazo.
A través deste programa, o Fondo Galego ofrece a oportunidade
de viaxar a aqueles países onde desenvolve proxectos de cooperación para colaborar coas entidades
parceiras. Unhas vacacións onde o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua poñan a traballar
á solidariedade.
Este ano, cóntase con dúas prazas co seguinte
destino e perfil:
• Para
Nicaragua (preferentemente): asuntos turísticos,
ecólogo/a, xeólogo/a, hidrólogo/a, biólogo/a, pedagogo/a, nutricionista, agrónomo/a,
enxeñeiro/a civil, arquitecto/a, especialista en informática, profesional en divulgación e
comunicación (vídeo, radios comunitarias, deseño gráfico, mellora da imaxe institucional),
técnico/a en xardinería, mercadeo, especialista en artesanías...
• Para
Cabo Verde (preferentemente): arquitecto/a, xestión
e contabilidade municipal, policía municipal fiscalización, técnico/a especialista en planificación
e desenvolvemento local, topógrafo/a.
Convocatoria de proxectos
A convocatoria para a presentación de proxectos de cooperación
no Sur continúa aberta ata o 31 deste mes; os seus destinatarios son as ONGs con presenza en Galicia, Asociacións,
Entidades ou Organizacións con personalidade xurídica e sen ánimo de lucro, vencelladas a
entidades de cooperación ao desenvolvemento, e ONGs de países empobrecidos que conten cun interlocutor
válido e recoñecido polo Fondo.
Como novidade, se introducen as asociacións de inmigrantes
como posibles receptoras de axuda, así como tamén, valoraranse positivamente aqueles proxectos que
impulsen a participación activa de asociacións de inmigrantes nos proxectos de cooperación
dirixidos aos seus países de orixe.
Coa introdución destas cláusulas, o Fondo Galego
aposta pola introdución do codesenvolvemento na escena da cooperación galega.
Manifesto polo cumprimento dos Obxectivos do Milenio
Grazas a man de Isaac Díaz Pardo, quen, fiando palabras,
teceu un texto de apoio ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, o Fondo Galego conta cun Manifesto
como elemento punteiro da campaña sobre os oito Obxectivos fixados polas NNUU no 2000 prevista a partir
de abril.
A campaña de adhesións ao Manifesto xa está
aberta na seguinte dirección web: www.igadi.org/cgi-local/manifesto_obxectivos_do_milenio.pl.
A muller na toma de decisións:
enfrontando os desafíos, xerando o cambio
Baixo este lema se presenta este ano o Día Internacional
da Muller Traballadora; o mes de marzo, polo tanto, preséntase como un escenario para a reflexión
e o debate ao redor das inequidades de xénero que máis aberta o sutilmente percorren aínda
a día de hoxe as nosas sociedades.
Dende a cooperación, a adopción da perspectiva
de xénero tanto na planificación como na posta en marcha de proxectos é cada día máis
imprescindible. No 2005, o Fondo Galego financiou proxectos con perspectiva de xénero, baseados principalmente
na capacitación de grupos de mulleres:
• Proxecto: Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña
costeira oriental do Municipio de Baléate. ONGD: Solidariedade Internacional. País: Honduras.
Orzamento:
22.000 euros. Cantidade solicitada ao
Fondo: 22.000 euros. Cantidade aportada polo Fondo:
22.000 euros. Resumo: Plan de capacitación de líderes comunitarios e fortalecemento
das organizacións produtivas na súa constitución, xestión e funcionamento para o acceso
e ingreso dos grupos das mulleres de Río Esteban e Río Coco.
• Proxecto: Produción de Medicina Natural para a Atención de Saúde
Sexual e Reprodutiva das mulleres adolescentes no Municipio de Tonacatepeque. ONGD: APROCSAL (Asociación
de Promotores Comunais Salvadoreños). País: El Salvador. Orzamento: 71.964,48 euros. Cantidade
solicitada ao Fondo: 49.083,85 euros. Cantidade aportada polo Fondo: 24.541,92 euros. Resumo: Contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación
xoven, especialmente mulleres adolescentes, mediante o impulso dunha produción alternativa de medicamentos
naturais para a Saúde Sexual e Reprodutiva. Acceso a medicamentos alternativos de boa calidade e xeración
de actividades de comercialización de produtos naturais.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo de Miño |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Castrelo do Val |
Baiona |
| As Pontes |
Monterroso |
Entrimo |
Bueu |
| Bergondo |
Samos |
Manzaneda |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Sarria |
O Barco |
Cambados |
| Boiro |
Triacastela |
O Irixo |
Cangas |
| Brión |
Viveiro |
Oimbra |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ourense |
Gondomar |
| Cambre |
|
Ribadavia |
Moaña |
| Carballo |
|
San Cibrao das Viñas |
Mos |
| Carral |
|
Sandiás |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verea |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Verín |
O Rosal |
| Corcubión |
|
Vilar de Santos |
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
 |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|