Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 87 - 10 de febreiro de 2006
 
 

Achegándonos a Cabo Verde

Coa vontade de estreitar os lazos de cooperación co arquipélago de Cabo Verde, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade viaxou á súa capital, Praia, nunha Misión co fin de presentar o “Plan de Acción para o fortalecemento da nova administración local”.

Durante os días 15 e 19 de xaneiro unha delegación do Fondo Galego mantivo encontros coa Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos, coa Dirección Xeral de Cooperación Internacional, coa Plataforma de ONGDs e coa Cámara Municipal de Praia, capital do arquipélago.


O Fondo Galego coa voz saharauí

Con motivo da presenza en Galicia dunha delegación da República Árabe Saharauí Democrática, concretouse un encontro entre representantes da mesma e a Comisión Executiva o día 27 ás 18:00 horas en Santiago; o Fondo Galego estivo presente tamén nunha cea o día seguinte con toda a delegación.

O respeto dos dereitos humanos, a situación nos campamentos de refugiad@s... Foron algúns dos temas sobre os que xirou o encontro. O ministros de Xustiza e a ministra de Cooperación da RASD puxeron sobre a mesa as dificultades alimentarias ás que se enfronta a súa poboación, e dende o Fondo Galego se estuda a posibilidade de iniciar un programa de axuda alimentaria nos próximos meses, como mostra de solidariedade dos concellos galegos coa causa saharauí.


Consello Municipalista da Cooperación

O pasado día 2 de febreiro tivo lugar en Santiago a reunión anual do Consello Municipalista da Cooperación (CMC), mediante a cal o Fondo Galego se reúne coas distintas ONGDs coas que ven traballando para presentar e debater as bases da convocatoria de financiación de proxectos para o ano 2006. Asistiron a esta xuntanza sete representantes de organizacións que forman parte do CMC: Cruz Vermella, Intermón, Axuda en Acción, InteRed, Natura Hispánica e o Comité UNICEF Galicia; e como o CMC é un organismo aberto a todas as ONGDs que queiran participar, tamén estiveron presentes representantes de Amarante, Solidariedade Internacional e o presidente da Coordinadora Galega de ONGDs.


Relación de concellos con contas pendentes

 

2005

2004

2003

2002

A Cañiza

607,57

607,57

477,74

 

A Pobra

815,18

 

 

 

Bueu

889,07

889,07

662,30

662,30

Cangas

1.479,41

 

 

 

Carral

558,70

558,70

452,97

 

Cedeira

627,16

627,16

483,81

 

Ourense

3.005,00

 

 

 

Pontevedra

3.178,94

 

 

 

Ribadavia

563,41

 

 

 

Santiago

 

3.606,00

 

 

Sarria

906,59

 

 

 

Dp Ourense

9.000,00

 

 

 

Manzaneda

214,50

 

 

 

Verín

922,55

 

 

 

Viveiro

1.096,67

 

 

 

Entrimo

221,10

 

 

 


Axenda

• Comisión de Sensibilización o 10 de febreiro en Santiago

• Asemblea ordinaria Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o día 24 de febreiro en Santiago.

• Asemblea da Confederación de Fondos o día 28 de febreiro en Valencia.


Proxectos

Falando coas mulleres palestinianas

A UPWC (organización de mulleres palestinianas), parceira do Fondo Galego nos Territorios Palestinos, nos amosa a súa realidade cotiá, como se ven afectadas especialmente ás mulleres e como buscan estratexias para afrontar a súas dificultades.

“A ocupación é o principal obstáculo para o desenvolvemento psicolóxico, social e económico da poboación palestiniana, e sobre todo para as mulleres, nenos e nenas, quen sempre sofren máis en situacións de conflito. Por isto, acabar co conflito é fundamental para que o desenvolvemento sexa posible. A verdadeira inversión no desenvolvemento da sociedade palestiniana pasa pola asunción da igualdade de dereitos entre todos os seres humanos.

A muller palestiniana sofre de forma directa as prácticas abusivas das forzas militares israelís. Nas circunstancias da ocupación, vive situacións de maior explotación económica, salarial e de horarios. Na actualidade, o número de mulleres que son as únicas responsables da manutención familia está crecendo polos numerosos arrestos de maridos e fillos a mans israelís. Tamén moitas mulleres se atopan en prisión, en campos de refuxiados, sufrindo as agresións constantes das forzas israelís contra a poboación, ameazando a súa saúde física e psíquica, e tamén a da súa familia.

Pero a muller palestiniana sofre tamén os aspectos máis negativos da estrutura social tradicional, debido ao papel secundario que se lle asigna.

Dende a UPWC adoptamos como principal preocupación á muller palestiniana, polas súas necesidades de desenvolvemento e empoderamento social, capacitándoas no descubrimento das súas propias habilidades sociais e na consecución dos seus dereitos.

A UPWC traballa en diferentes programas de concienciación e cursos de formación para mulleres, incluíndo como dar resposta ás necesidades económicas, sociais, culturais, políticas… buscando estratexias que sirvan para elevar a capacidade de resposta ante ás dificultade que atopan ao longo da súa vida.

Os resultados da posta en marcha do proxecto de adquisición de libros, financiado polo Fondo Galego, supón incidir na calidade educativa e formativa dos nenos e nenas. Ofrecéndolle unha mellor preparación, tamén se contribúe a alixeirar as cargas das nais na responsabilidade educativa e isto axuda a que as mulleres teñan máis tempo para interesarse pola súa propia educación”.


Xardíns de Infancia Gassan Kanafani

ONGD: UPWC, Union of Palestinian Women Committees. País: Territorios Palestinos. Orzamento: 9.558€. Cantidade solicitada ao Fondo: 8.147€. Cantidade aportada polo Fondo: 8.147€. Cantidade aportada polo parceiro: 1.411€. Resumo: Mellora do nivel educativo dos Xardíns de Infancia da UPWC, garantindo a mellora dos servizos e a elevación do nivel educativo, asegurando a súa continuidade. Compra de 515 caixas de libros e outro material escolar cos recursos das garderías a distribuír entre os graos medios e superior. Observacións: Compromiso de asumir o 50% por parte dos Concellos de As Pontes, Narón e Fene.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Castroverde Deputación Deputación
A Coruña Guitiriz A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Lugo Allariz A Estrada
Ames Mondoñedo Castrelo do Val A Guarda
Arteixo Monforte Entrimo Baiona
As Pontes Samos Manzaneda Bueu
Bergondo Sarria O Barco Caldas de Reis
Betanzos Viveiro O Irixo Cambados
Boiro   Oimbra Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Ribadavia Gondomar
Cambre   San Cibrao das Viñas Moaña
Carballo   Sandiás Mos
Carral   Verea Nigrán
Cedeira   Verín O Porriño
Cerceda   Vilar de Santos O Rosal
Corcubión     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol     Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos     Salvaterra de Miño
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros Mapa de Socios do Fondo Galego
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 086 / 085 / 084 / 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/02/2006
Fernando Pol


Subir