|
Un ano que empeza
No Fondo Galego recibimos o 2006 con ilusións renovadas
para facer da cooperación e da solidariedade unha realidade cada vez máis presente no mundo local
galego. Con este obxectivo foi deseñado o Plan de Sensibilización para este ano que centra os seus
esforzos na difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, no achegamento do comercio xusto ás
administracións locais, e, sobre todo, no fomento da implicación e o compromiso dos entes locais.
Un ano máis retomaranse as reunións da Rede Municipalista
Solidaria, farase unha nova edición de encontros xa habituais como as Xornadas de Avaliación, nesta
ocasión con Perú como escenario, ou as Xornadas Anuais de Cooperación.
Así mesmo, queremos darlle un pulo ás publicacións
e xa para febreiro sairá á luz o Caderno nº 4: A Nosa Cooperación, a Memoria do 2005,
as viñetas da exposición A Paz Cuestión de Fondo editadas en formato acordeón, e o
díptico do SOSI, servizo de orientación en materia de cooperación e solidariedades, que será
presentado aos Concellos socios durante as próximas semanas.
Presentación das liñas do Plan Director
da Cooperación: 2006-2009
O pasado día 4 de xaneiro tivo lugar a presentación
das liñas do Plan Director da Cooperación que marcará os eixes estratéxicos durante
os próximos catro anos. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a directora xeral de
Cooperación, Fabiola Sotelo, expuxeron as principais ideas incluídas no Plan e anunciaron a intención
de acadar o 0,4% do orzamento da Xunta cara o final da lexislatura. No acto, tamén participou o presidente
da Coordinadora de ONGDs, Xosé María Torres.
O presidente da Xunta fixo fincapé na necesidade de fortalecer
e coordinar aos actores do sistema galego de cooperación e de aumentar os esforzos en materia de sensibilización
de cara á cidadanía.
En representación do Fondo Galego asistiron á
presentación Alfredo Novoa, presidente do Fondo, e Carmen Basadre, concelleira en Lugo e responsable das
relacións coas ONGDs na Comisión Executiva.
Encontros coa Dirección Xeral de Cooperación
O 23 de decembro e o 10 de xaneiro, o Fondo mantivo dous encontros
coa titular do departamento de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo. As reunións xiraron en torno
á concreción do convenio de sensibilización, co cal se espera tamén establecer sinerxías
de traballo entre as dúas partes, e o convenio para unha acción conxunta en Cabo Verde, estreitando
as visións de cada unha das administracións a propósito da necesidade de situar este tema
na axenda política galega.
AECI e Confederación de Fondos
Coa vontade de coordinar as accións de cooperación
o máis posible, o día 12 de xaneiro a cooperación central e a descentralizada atopáronse
en Madrid. AECI e Confederación de Fondos de Cooperación, á cal pertence o Fondo Galego, asinaron
un convenio de colaboración para abordar a execución de programas e actuacións conxuntas.
Por parte da Confederación, puxéronse sobre a mesa varias propostas de proxectos co obxectivo de
mellorar a comunicación entre actores tan fundamentais de cooperación e revalorizar o papel da cooperación
descentralizada dentro do esforzo conxunto na loita contra a pobreza.
Misión a Cabo Verde
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade programou
unha misión ao arquipélago de Cabo Verde entre os días 15 e 19 de xaneiro, co fin de presentar
o Plan de Acción para o fortalecemento da administración local caboverdiana e recabar a complicidade
e o apoio das entidades gobernamentais locais para a súa implementación e financiamento.
A misión do Fondo manterá diversas reunións
co presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos; coa Dirección Xeral da Cooperación
Caboverdiana-MNE; coa Plataforma das ONGs; e finalmente, con representantes de diversas Cámaras Municipais,
incluída Praia, a capital.
O Fondo Galego ten identificado como unha área xeográfica
estratéxica os países subsaharianos de expresión portuguesa. O Fondo Galego ten financiado
un total de 10 proxectos de cooperación directa en Cabo Verde, o que supón un investimento de 257.547,85€,
evidenciando a existencia dunha estreita relación cos concellos caboverdianos, especialmente coa ANMCV,
entidade que os agrupa, sen esquecer o papel fundamental da sociedade civil representada nas diversas ONGDs.
O Plan de Acción para o fortalecemento da administración
local caboverdiana estructúrase en catro programas que aluden tanto á descentralización como
á modernización da administración pública caboverdiana: Programa 1, Ordenamento e xestión
do territorio; Programa 2, Fortalecemento institucional; Programa 3, Creación de competencias técnicas;
Programa 4, Fortalecemento da sociedade civil.
Un ano despois do tsunami
Fai pouco máis dun ano saltaban aos medios de comunicación
de todo o mundo as imaxes de devastación provocadas polo tsunami que azoutou o Sudeste Asiático cunha
violencia descoñecida ata o momento. As cifras de mortos/as e desaparecidos/as, a destrución de comunidades
enteiras, de vivendas, de infraestruturas básicas… espertaron á conciencia das sociedades do Norte
sobre a necesidade de volcarse na axuda ás zonas afectadas.
En momentos de crises humanitarias, sobre todo aquelas que se
acompañan dunha ampla repercusión mediática, córrese o perigo de que haxa unha avalancha
de axudas puntuais, que chegan aos seus destinos de forma descoordinada e pouco efectiva. Para evitar este risco,
o Fondo Galego puxo a disposición dos Concellos socios a súa conta de emerxencias para pór
en común os seus esforzos e recursos. Estes se integraron na estratexia ART-Tsumani do Programa de Nacións
Unidas para o Desenvolvemento que busca fortalecer a presenza dos entes locais na zona a través dunha acción
conxunta ben deseñada.
Conseguise recadar un total de 62.961 euros grazas á
aportación de sete concellos: Concello de Allariz, Concello de Arteixo, Concello de Carballo, Concello de
Guitiriz, Concello de Lousame, Concello de Mugardos, e Concello de Rois, así como da Deputación de
Ourense e de asociacións veciñais e de particulares. A última doazón foi feita polo
Colexio de Secretarios, Interventores e Depositarios.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Castroverde |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Guitiriz |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Lugo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Mondoñedo |
Castrelo do Val |
A Guarda |
| Arteixo |
Monforte |
Entrimo |
Baiona |
| As Pontes |
Samos |
Manzaneda |
Bueu |
| Bergondo |
Sarria |
O Barco |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
Viveiro |
O Irixo |
Cambados |
| Boiro |
|
Oimbra |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ribadavia |
Gondomar |
| Cambre |
|
San Cibrao das Viñas |
Moaña |
| Carballo |
|
Sandiás |
Mos |
| Carral |
|
Verea |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verín |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Vilar de Santos |
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
|
|
Salvaterra de Miño |
| Neda |
- |
- |
Soutomaior |
| Noia |
- |
- |
Vigo |
| Oleiros |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Outes |
-
|
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
| |
|