Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 84 - 7 de decembro de 2005
 
 

II Xornadas Anuais de Cooperación e Solidariedade

O 17 de novembro en Arteixo celebráronse as II Xornadas Anuais de Cooperación e Solidariedade, baixo o lema “Retos e oportunidades da cooperación galega”. O Fondo Galego reuniu, un ano máis, aos distintos actores e axentes da cooperación en Galicia para compartir e debater, entre todos, o momento actual que vive a nosa cooperación. Para iso propuxéronse dous temas: os recursos e a calidade.

Interviñeron nas xornadas: Fabiola Sotelo Sotelo, directora xeral de Cooperación Exterior; Xosé Cuns Traba e Beatriz Villanueva Pena, da Dirección Xeral de Cooperación Exterior; Xosé María Torres e Emilio Martinez Rivas, en representación da Coordinadora Galega de ONGDs e as ONGDs; Enrique Peña Gonzalez e Nieves Lagares, en representación das Universidades; Gianluca Vignola, director do PNUD en Roma; Xosé María Permuy, da Executiva do Fondo Galego; e Iria Alonso Casares, da Secretaría Técnica do Fondo Galego.

A xeito de conclusións, compre salientar a valoración positiva do compromiso do aumento dos orzamentos, sen esquecerse, sen embargo, da pertinencia da xeración de recursos propios, da innovación e da investigación. Outro eixo foi a calidade como reto, para a cal se precisa unha maior coordinación, profesionalización, visualización, xestión de calidade e especialización dos distintos actores da cooperación.


ART-Tsunami: encontro con Gianluca Vignola

Un ano despois do tsunami, o Fondo Galego convidou a Gianluca Vignola, coordinador do Programa ART-Tsunami Sri Lanka, para que coñecera o Fondo Galego e intercambiara impresións sobre a marcha do programa ART-Tsunami. Neste programa participan aqueles concellos que contribuíron coas súas achegas á conta de emerxencia habilitada para apoiar as víctimas do tsunami do 26 de decembro do 2004.

O Fondo Galego xunto co Fons Catalá, Fondo Andaluz, Fondo Estremeño e a cooperación descentralizada italiana son os impulsores deste novo enfoque do PNUD. A estratexia ART é un novo instrumento baseado na constitución de redes territoriais na que os entes locais xogan un papel fundamental no desenvolvemento das súas comunidades.


Seminario “Enfoque de xénero na cooperación municipalista galega”

O 24 de novembro no Concello de Caldas de Reis tivo lugar o seminario “O Enfoque de xénero na cooperación municipalista galega”. A crecente conciencia de que o desenvolvemento non é posible se as mulleres non participan en pé de igualdade, levounos a preparar este seminario no que a través do análise das intervencións apoiadas polo Fondo Galego nos últimos anos, avaliamos a incorporación dos obxectivos de empoderamento das mulleres e a mellora de equidade cos homes.


Frei Betto: “A lóxica do mundo é asasina e cruel”

Con estas palabras, Frei Betto abría a conferencia celebrada no Concello de Vigo o 7 de novembro. A visita deste frade dominicano brasileiro, ex asesor de Lula e pai do Programa Fome Zero, tivo unha excelente acollida, espertando grande interese da cidadanía galega.

Durante a súa estancia en Galicia, Frei Betto impartiu dúas conferencias, a primeira en Vigo onde foi recibido pola alcaldesa e a concelleira de Benestar Social, e a segunda en Santiago, na Facultade de Ciencias políticas. A súa presenza nesta cidade histórica aproveitouse para manter diferentes encontros coa directora xeral de Cooperación Exterior, cos distintos portavoces dos grupos parlamentarios e tamén con representantes do mundo da cultura galega.

Cunha traxectoria vital marcada polo seu compromiso social, Frei Betto repasou as cifras da vergoña do século XXI, as cifras que a día de hoxe revelan que a fame continúa sendo a primeira causa de morte mundial. Realidade difícil de entender cando sabemos que sobran recursos económicos e humanos para acabar con este tipo de inxustiza social e violencia estructural, que nega as condicións mínimas de desenvolvemento humano; como exemplo ilustrativo desta realidade destacou que “coa metade do que gasta EEUU nun ano en armas erradicaríamos a fame no mundo”.


O Sur tamén existe

Os días 26 e 31 de outubro, visitounos Juan Alberto Castillo, técnico social da Asociación de Municipios da poboación garifuna de Honduras, que colabora con Solidariedade Internacional na “Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira oriental do Municipio de Balfate”, proxecto que na actualidade financia o Fondo Galego. Juan Alberto impartiu dúas conferencias nos concellos de Gondomar e Noia para falar da realidade dos garifunas en Honduras e en que medida o proxecto está contribuíndo á integración desta comunidade na sociedade hondureña. Aproveitando a súa presenza en Galicia, foi convidado a participar na xuntanza da Rede Municipal Solidaria que reuniu aos concellos do Fondo Galego da provincia de Lugo o 27 de outubro.

Por outra banda, tamén a mediados de outubro, contamos coa visita de Clarice Aparecida dos Santos, coordinadora de educación do MST de Brasil, un dos movementos sociais máis importantes de América. No 2004 o Fondo Galego apoiou economicamente o proxecto presentado pola ONGD Amarante “Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do MST de Piauí”, co que se pretendía contribuír e acrecentar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra do Estado de Piauí. Clarice visitou o Concello de Cangas co fin de intercambiar experiencias sobre o traballo que esta muller desenvolve no Brasil.


  Mapa político Guatemala, clic para aumentar
Mapa político de Guatelama. (Fonte: Perry-Castañeda Library Map Collection/University of Texas Libraries).
 
Proxectos en Guatemala

Zonas de actuación do Fondo Galego dende 1998: a) Departamento El Progreso, municipalidade de San Antonio la Paz, zona do Sureste. b) Departamento Izabal, municipalidade El Estor, zona Este. c) Departamento Alta Verapaz, municipalidade de Frai Bartolomé de las Casas, zona Centro Norte. d) Departamento de Petén, municipalidade de San Francisco, zona Norte.

Construción dunha casa de acollida para menores en alto risco social. Ano: 1998. ONG: Arquitectos Sen Fronteiras. Contraparte local: Fundaniños. Localización: Granxa El Marañon, pertencente á aldea Aguacaliente do municipio de San Antonio La Paz, departamento de El Progreso. Área sectorial de actuación: infraestruturas e servizos sociais. Proxecto: construción dunha casa para albergar a uns 28 menores e dous adultos ao seu cargo. Obxectivo xeral: dar aloxamento, coidado e protección a nenas e nenos que pertencen a familias desestruturadas, en alto risco de exclusión social, así como ofrecerlles estudos e capacitación profesional para que podan abandonar a situación de marxinalidade na que se atopan. Montante do proxecto: 17.113.975 pta (102.857,06 euros). Aportación do Fondo: 2.336.565 pta (14.043,04 euros).

Construción dunha ponte. Ano: 2000. Contraparte: Incide (cooperación directa). Localización: comunidade da Colonia Santiaguito, municipalidade de El Estor, departamento de Izabal. Área sectorial de actuación: infraestruturas e mellora das comunicacións. Proxecto: construción dunha ponte vehicular na comunidade da Colonia de Santiaguito. Obxectivo xeral: a construción desta infraestrutura elemental permitiu acadar unha mellora substancial na organización e desenvolvementos das comunidades circundantes, posibilitando a comunicación entre elas. Montante do proxecto: 5.000.000 pta (30.050,61 euros). Aportación do Fondo: 2.500.000 pta (15.025,30 euros).

Compra de silos de almacenaxe de grans básicos. Ano: 2001. Contraparte: Mama Maquin (cooperación directa). Localización: comunidade Nueva Libertad, municipio Fray Bartolomé de las Casas, departamento de Alta Verapaz. Área sectorial de actuación: infraestruturas e xénero. Proxecto: compra de silos de almacenaxe para mulleres traballadoras na Cooperativa integral “El Nuevo Amanecer”, de tal xeito que podan almacenar os grans básicos que producen e vender aqueles que non dirixan ao autoconsumo. Obxectivo xeral: promover o desenvolvemento económico da comunidade a través da comercialización do gran e, especialmente, contribuír á mellora da autonomía das mulleres da comunidade. Montante do proxecto: 1.344.000 pta (8.077,60 euros). Aportación do Fondo: 1.344.000 pta (8.077,60 euros).

Construción dun sumidoiro sanitario na aldea de San Juan de Dios. Ano: 2002. Contraparte: Incide (Iniciativa Civil para a Democracia). Localización: aldea San Juan de Dios, municipalidade de San Francisco, departamento de Petén. Beneficiarias/os: poboación de 640 persoas, todas dedicadas á agricultura. Área sectorial de actuación: infraestruturas. Proxecto: construción dun sumidoiro sanitario en beneficio da aldea San Juan de Dios e as súas comunidades veciñas. Obxectivo xeral: mellorar a calidade de vida e condicións hixiénicas dos e das habitantes, reducindo un dos focos de contaminación máis frecuente nas áreas rurais do país. Montante do proxecto: 82.373,21 euros. Aportación do Fondo: 20.593,30 euros. Cofinanciación: Consellería de Emigración e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Castroverde Deputación Deputación
A Coruña Guitiriz A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Lugo Allariz A Estrada
Ames Mondoñedo Castrelo do Val A Guarda
Arteixo Monforte Entrimo Baiona
As Pontes Samos Manzaneda Bueu
Bergondo Sarria O Barco Caldas de Reis
Betanzos Viveiro O Irixo Cambados
Boiro   Oimbra Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Ribadavia Gondomar
Cambre   San Cibrao das Viñas Moaña
Carballo   Sandiás Mos
Carral   Verea Nigrán
Cedeira   Verín O Porriño
Cerceda   Vilar de Santos O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame     Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón     Salvaterra de Miño
Neda - - Soutomaior
Noia - - Vigo
Oleiros     Vilagarcía de Arousa
Outes

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 083 / 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/12/2005
Fernando Pol


Subir