Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 83 - 17 de outubro de 2005
 
 

Frei Betto en Galicia

O que fora asesor especial do presidente da República Brasileña, Lula da Silva, e coordinador de Mobilización Social do Programa “Fome Cero” visitará Galicia do 7 ao 10 de novembro. Carlos Alberto Libanio Christo, frade dominico, é un dos intelectuais brasileiros de referencia a nivel mundial. Escritor prolífico, educador, xornalista, antropólogo, filósofo. Nacido en Belo Horizonte no seo dunha familia de clase media, estudou xornalismo, ademais de antropoloxía, filosofía e teoloxía, converténdose nun referente para a Teoloxía da Liberación en Brasil, movemento católico de loita contra a pobreza e as inxustizas. Frei Betto será recibido o luns día 7 de novembro pola alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e participará como relator na conferencia: “A loita contra a pobreza e os obxectivos do Milenio”.


A voz que ven dende o Sur

No mes de outubro recibiremos dúas visitas de representantes de organizacións do Sur.

Por unha banda contaremos coa presenza de Clarice Aparecida dos Santos, coordinadora de educación do MST de Brasil, un dos movementos sociais máis importante de América Latina. O ano pasado o Fondo Galego respaldou economicamente o proxecto presentado pola ONGD Amarante “Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do MST de Piauí”, co que pretendiamos contribuír a acrecentar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra do Estado de Piauí.

Tamén nos visitará Juan Alberto Castillo, técnico social da Asociación de Municipios da poboación garifuna de Honduras. Neste caso, no presente ano, o Fondo aprobou o financiamento do proxecto “Mellora integral das condicións de vida das comunidades da liña costeira oriental do Municipio de Balfate” impulsado por Solidariedade Internacional en Honduras. Este proxecto implementará un plan de capacitación dos líderes comunitarios así como o afortalamento das organizacións produtivas na súa constitución, xestión e funcionamento para o acceso e ingreso dos grupos das mulleres de Río Esteban.


  Seminario Codesenvolvemento, clic para aumentar
Seminario Codesenvolvemento, clic para aumentar
Seminario de Codesenvolvemento en O Porriño.
 
Conclusións das Xornadas de Codesenvolvemento

No marco das Xornadas celebradas en O Porriño o pasado 7 de outubro, acordouse a adopción dunha serie de medidas dirixidas aos concellos en materia de codesenvolvemento entre as que compre salientar as seguintes: aposta por modelos de codesenvolvemento centrados na cooperación en proxectos de desenvolvemento consensuados cos países emisores e cofinanciados polos países de acollida; formación dos inmigrantes e incentivación da participación en ditos procesos, incluíndo o financiamento de estancias temporais e voluntarias nos seus propios países de orixe para responsabilizarse dos proxectos; formación dos inmigrantes e incentivación da participación en ditos procesos, etc.


Renovación do Convenio coa FEGAMP

O Fondo Galego acaba de renovar o convenio de colaboración coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP). Neste acordo recoméndase aos concellos galegos e ás deputacións a súa adhesión ao Fondo, e maniféstase o apoio da FEGAMP ás iniciativas de cooperación e solidariedade internacional que coordinamos dende a nosa entidade.


Novas adhesións

Dous novos concellos acaban de entrar no Fondo Galego: Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra (8.109 habitantes) e Castroverde, concello da provincia de Lugo (3.286 habitantes).


Cooperación Galega
Fabiola Sotelo: directora xeral de Cooperación Exterior

Fabiola Sotelo Blanco foi nomeada directora xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia no Consello da Xunta de Galicia do 29 de setembro. Nacida en Castro Caldelas (Ourense), foi directora da Editorial Sotelo Blanco desde o ano 1994 ate o 2005. No ano 2000 foi elixida presidenta da Asociación Galega de Editores. Desde xaneiro de 2004 dirixe a Fundación Iniciativas 21.


Actualidade Internacional
Tráxico panorama internacional

Centroamérica e México están vivindo as graves consecuencias do paso do furacán Stan polo Golfo de México a primeiros deste mes e que continuou azoutando a zona varios días en forma de tormenta tropical. As fortes choivas provocaron graves inundacións e desprazamentos de terra, co saldo final dunhas 2.000 vítimas e uns 3,5 millóns de persoas afectadas. As dimensións da traxedia fan que se compare xa co furacán Mitch que asolara esta área en 1998.

O Fondo Galego conta con varios proxectos na área afectada, especialmente en Guatemala, país onde a crise humanitaria se presenta máis grave. Como noutras ocasións, o Fondo pon a disposición das persoas que queiran solidarizarse coa crise e contribuír á reconstrución destas zonas o número de conta do seu fondo de emerxencias: 2091.0209.10.3040019000; a axuda xestionarase de forma coordinada coa Axencia Humanitaria de Galicia para garantir a súa utilidade e evitar a dispersión.


Axenda

Outubro
Día 17. Xuntanza da RMS: Concello de Moaña. Representantes da Rede Municipal Solidaria da Provincia de Pontevedra.
Día 18. Xuntanza da RMS: Concello de Carballo: Representantes da Rede Municipal Solidaria da Provincia de A Coruña.
Día 25. Xuntanza da RMS: Concello de Ourense. Representantes da Rede Municipal Solidaria da Provincia de Ourense.
Día 27. Xuntanza da RMS: Concello de Lugo. Representantes da Rede Municipal Solidaria da Provincia de Lugo.

Novembro
Día 7. Frei Betto no Concello de Vigo.
Día 8. Frei Betto no Concello de Santiago de Compostela.
Día 17. II Xornadas Anuais de Cooperación. Concello de Arteixo.
Día 24. Seminario sobre “O enfoque de Xénero na Cooperación”. Concello de Caldas de Reis.


Proxectos: Bolivia

Ata o momento, a presenza do Fondo Galego no país andino ten sido puntual e dispersa xeograficamente. Catro foron os proxectos implementados ata agora e foron executados nos anos 1999, 2002 e 2004. Das catro ONGDs ás que o Fondo financiou proxectos tres son galegas: Asociación Natura Hispánica, Bicis pola Paz e o Seminario de Educación pola Paz. Intermón foi outra das ONGDs coas que traballou o Fondo Galego no ano 2004 en Bolivia.

Da dotación de infraestructuras como foi no caso do primeiro proxecto “Accións para o desenvolvemento sostible no Beni”, no que se construíu un edificio que favorecera o ecoturismo e a celebración de actividades en materia de conservación da natureza, apostouse xa no ano 2004 por un proxecto de “Alfabetización, formación, promoción e elevación da poboación feminina rural na comunidade de Yamparáez” no que o Fondo Galego aportou un monto de 33.030 €. Asemade, o desenvolvemento sostible foi centro da axenda no ano 2002 grazas a Intermón e o proxecto de “Apoio ao desenvolvemento sostible das comunidades indíxenas andinas de Chuma”. Bicis pola paz posibilitou o acceso aos promotores comunitarios do Departamento de Cochabamba a medios de transporte, facilitando deste xeito o desempeño do seu traballo.

Bolivia precisa dunha especial atención en canto ao xurdir de novas redes comunitarias no proceso de fortalecemento institucional e da sociedade civil que se está a debuxar, e que poden ser identificadas como contrapartes e como destino da cooperación municipalista galega.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Castroverde Deputación Deputación
A Coruña Guitiriz A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Lugo Allariz A Estrada
Ames Mondoñedo Castrelo do Val A Guarda
Arteixo Monforte Entrimo Baiona
As Pontes Samos Manzaneda Bueu
Bergondo Sarria O Barco Caldas de Reis
Betanzos Viveiro O Irixo Cambados
Boiro   Oimbra Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Ribadavia Gondomar
Cambre   San Cibrao das Viñas Moaña
Carballo   Sandiás Mos
Carral   Verea Nigrán
Cedeira   Verín O Porriño
Cerceda   Vilar de Santos O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame     Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón     Salvaterra de Miño
Neda - - Soutomaior
Noia - - Vigo
Oleiros     Vilagarcía de Arousa
Outes

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 082 / 081 / 080 / 079 / 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/10/2005
Fernando Pol


Subir