|
Multiplicar os vínculos coa FEGAMP
Unha das decisións que adoptou a Comisión Executiva
do Fondo no reinicio das actividades despois da paréntese do verán consiste na reiteración
á FEGAMP do establecemento dun mecanismo actualizado de cooperación. O convenio vixente data de 1998,
nun tempo en que o Fondo acababa de nacer. Ese primeiro apoio foi moi valioso para botar a andar esta iniciativa,
pero hoxe está totalmente desfasado por unha realidade na que o Fondo actúa como unha estrutura plenamente
consolidada, como unha axencia local para a solidariedade internacional e como unha entidade capaz de prestar servizos
ao poder municipal en materia de cooperación ao desenvolvemento e outros asuntos relacionados coa proxección
exterior do mundo local.
Nova Presidencia da Confederación de Fondos
O alcalde de Santa Margarida de Montbui, Teo Romero i Hernández,
presidiu o Consello Extraordinario da Confederación de Fondos celebrado o luns 5 de setembro en Barcelona.
Co obxectivo de presentarse ante os representante dos distintos Fondos, desenvolveuse esta xuntanza onde a sinatura
do Convenio entre a AECI e a Confederación de Fondos foi o eixo central de debate. Tamén se informou
das actividades de cada un dos Fondos. A Confederación celebrará proximamente o seu décimo
aniversario. Ao Fondo Galego tocaralle no 2007, coincidindo coa renovación das Corporacións Locais
actuais.
Solidariedade da Galicia municipal coas vítimas
do tsunami
Seguen a recibirse achegas de diferentes entidades e persoas
para contribuír a paliar os efectos do tsunami no sudeste asiático. A última das contribucións
foi a realizada por un numeroso grupo de funcionarios e traballadores do Concello de Sada (A Coruña), a
quen lle agradecemos o seu compromiso.
Un cuarto trimestre con moitas actividades
No que resta de exercicio, a programación de actividades
do Fondo Galego inclúe a culminación de numerosas iniciativas. Entre elas, cabe salientar a celebración
das xornadas sobre co-desenvolvemento, as II Xornadas de Cooperación, as reunións da rede municipal
solidaria, a celebración de conferencias acollidas ao programa de sensibilización apoiado polo Concello
de Vigo, etc. Tamén deberán concluírse a edición do folleto sobre A Nosa Cooperación,
das viñetas da exposición contra o racismo e a xenofobia, e a formulación definitiva do Plan
de Acción para Cabo Verde e do Plan de Sensibilización para 2006-2007. Todas as descritas son apostas
que deben servir para afortalar o compromiso dos socios co Fondo, en especial, da Comisión Executiva, e
multiplicar a visibilidade da nosa cooperación ante a cidadanía.
Actualidade Internacional
Obxectivos do Milenio: Avaliación na Asemblea
Xeral de Nacións Unidas
Nova York foi a sede do Cumio Mundial 2005 que se celebrou durante
os días 14, 15 e 16 de setembro, cunha orde do día que incluía o Informe do secretario xeral:
“Un concepto máis amplo da liberdade, desenvolvemento, seguridade e dereitos humanos para todos”. Pese ao
aumento da contía da asistencia oficial para o desenvolvemento (AOD) de 52.000 millóns de dólares
no 2002 a preto de 79.000 millóns de 2004, tras a celebración do Cumio do milenio no 2002 e a Conferencia
Internacional sobre Financiamento para o Desenvolvimento, celebrada en Monterrey (México) no 2002 como se
salienta no documento é preciso: “Máis Impulso para pór fin á pobreza, tendencias positivas
e novos compromisos, pero fai falla máis para lograr os ODM”. Asemade a condonación dos 40.000 millóns
de dólares non é suficiente para superar a débeda de 1.800 billóns de dólares
de todos os países en desenvolvemento.
| |
 |
| Mapa de Nicaragua. |
| |
Proxectos 2005
O Fondo Galego en Nicaragua
O Fondo Galego aprobou na convocatoria do 2005 tres proxectos
en Nicaragua. En resposta ao noso modelo de cooperación baseado no acompañamento dos procesos de
desenvolvemento a medio e longo prazo, continuamos coa nosa presenza neste país, o segundo con máis
proxectos impulsados polo Fondo Galego, 11 en total. Nesta ocasión os parceiros son INPRHU-Somoto e a Fundación
SEMG Solidaria.
Ao entendermos a corresponsabilidade Norte-Sur como un requisito,
eis a participación das comunidades do sur para o éxito dos proxectos, impulsamos xunto con INPRHU-Somoto,
Ong nicaragense, un plan de “Educación alternativa rural técnica integral para adolescentes e mozos
rurais”. Será o Municipio de lLas Sabanas, no departamento de Madriz, onde se vai implementar e no que 272
nenos e nenas, adolescentes e mozos rurais serán os beneficiarios directos. A obtención do título
de técnico básico agroecolóxico e a capitación en liderado a nivel comunitario e nos
espazos públicos son obxectivos que se perseguen. A construción na Comunidade de Las Palmitas dun
“Muíño Comunal” nese mesmo concello posibilitará o abastecemento alimentario de millo. O terceiro
proxecto “Creación dunha unidade clínica docente” executarase en Cidade Sandino, Managua, impulsado
pola Fundación SEMG-Solidaria, e do cal 1.050 médicos e médicas serán destinatarios
directos e 250.000 pacientes como beneficiarios do mesmo.
Para obter información sobre o país consultar:
Goberno
de Nicaragua
PNUD
Plan Nacional
de Desenvolvemento
Informe
do IDH-Nicaragua
Informe
da Democracia en América Latina
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
Castrelo do Val |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Entrimo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Manzaneda |
Bueu |
| Bergondo |
Viveiro |
O Barco |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cambados |
| Boiro |
|
Oimbra |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ribadavia |
Gondomar |
| Cambre |
|
San Cibrao das Viñas |
Moaña |
| Carballo |
|
Sandiás |
Mos |
| Carral |
|
Verea |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verín |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Vilar de Santos |
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|