|
| |
 |
| O Fondo Galego ten expresado en numerosas ocasións
o seu apoio ao “Plan de paz para a libre determinación do pobo saharauí”. |
| |
O Fondo Galego co Sáhara
Unha comitiva de representes políticos e sociais galegos
viaxará ao Sahara co fin de coñecer a realidade dos campamentos dos refuxiados en Tindouf. O Fondo
Galego ten expresado en numerosas ocasións o seu apoio ao “Plan de paz para a libre determinación
do pobo saharauí”. Recentemente, foi distribuída na Comisión Executiva unha Moción
de Apoio elaborada por FEDISSAH (Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí)
que está a disposición de todos os concellos socios do Fondo. Na Moción maniféstase
a pertinencia da celebración dun referéndum libre, democrático e transparente e ínstase
tanto ao Goberno do Estado, como ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas e ao conxunto da Comunidade
internacional á creación dun marco de colaboración co fin de desbloquear a situación
actual na zona.
Rede Municipalista Solidaria
Durante os meses de setembro e outubro celebraranse novas xuntanzas
da Rede Municipalista Solidaria. Co obxectivo de intercambiar propostas, difundir actividades e afondar no coñecemento
da dinámica do Fondo constituíuse hai un ano a RMS. Os asuntos sobre os que xirarán os encontros
serán: deseño e orientación das actividades de sensibilización, proxectos 2005, etc.
A RMS está composta por persoal técnico dos concellos socios do Fondo e reúnese un mínimo
de dúas veces ao ano.
Cooperación en Galicia
Novo Goberno, novos compromisos coa Cooperación
O novo Goberno galego resultante do pacto entre o PSOE e o BNG
comprométese, no documento asinado entre ambas fozas políticas, a aumentar a partida orzamentaria
en materia de cooperación internacional a un 0,04%. O Plan Director da Cooperación Galega, aprobado
no pasado mes de xullo por unanimidade do Consello Galego de Cooperación, será o marco sobre o cal
xirarán as novas políticas en materia de cooperación internacional, unha vez o Parlamento
dea o seu visto e prace. Asemade, tanto a composición da Comisión Interterritorial e do Consello
da Cooperación quedarán reformulados cos novos nomeamentos de altos cargos na Xunta de Galicia.
Confederación de Fondos
V Foro Internacional da Alianza Mundial de Cidades
contra a Pobreza (WACAP)
Valencia será a sede do V Foro Internacional da Alianza
Mundial de Cidades contra a Pobreza que terá lugar no mes de marzo do 2006. Co obxectivo de aprender leccións
da Década Internacional para a Erradicación da Pobreza (1997-2006) e co fin de reforzar a acción
dos concellos para a realización efectiva dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio cun horizonte posto
en 2015 estase a deseñar un programa de actividades que abranguen obradoiros de formación en temas
como Promoción de Alianzas, ou Consolidación das Capacidades de Xestión. Os interesados poden
obter máis información na Secretaría do Fondo.
| |
 |
| A crise que está afectando a unha poboación
que non alcanza nin os 44 anos de vida. |
| |
Actualidade Internacional
Níxer ante a “crise de fame”
África segue loitando por sobrevivir. “Unha crise de
fame”, así definiu o secretario xeral de Nacións Unidas, Koffi Annan, na súa visita dos días
24 e 25 de agosto á Níxer, a traxedia que está a padecer o país. O secretario xeral
urxía a “tomar medidas que garantan a seguridade alimentaria a longo prazo e a apostar pola cooperación
rexional”. A crise que está afectando a unha poboación que non alcanza nin os 44 anos de vida, evidencia
a dificultade e a complexidade para implementar instrumentos e alcanzar a redución da pobreza e a eliminación
da fame, obxectivo 1 dos 8 ODM.
Resposta tardía? Resposta ineficaz? A organización Médicos Sen Fronteiras alerta da actual
campaña de entrega de alimentos na zona por consideralos non axeitados para a poboación inferior
aos cinco anos. MSF suxire a entrega de fariña enriquecida. Asemade alertan da insuficiencia das racións
que tan só van cubrir o 10 % de zonas dun total de case un millón e medio de habitantes.
Seminarios
Medios, Redes e Mobilización Social da Cidadanía
en favor dunas relacións Norte-Sur máis equitativas
Data: 10/09/2005.
Lugar: Santiago de Compostela.
Organiza: Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento en España e Coordinadora Galega de ONGD.
Descrición: Seminario de formación en ferramentas de sensibilización, medios, redes e mobilización
social da cidadanía europea en favor dunas relacións Norte-Sur máis equitativas.
Contacto: Teléfono 981 585 189.
e-mail: coordinadora@galiciasolidaia.org.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
Castrelo do Val |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Entrimo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Manzaneda |
Bueu |
| Bergondo |
Viveiro |
O Barco |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cambados |
| Boiro |
|
Oimbra |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ribadavia |
Gondomar |
| Cambre |
|
San Cibrao das Viñas |
Moaña |
| Carballo |
|
Sandiás |
Mos |
| Carral |
|
Verea |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verín |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Vilar de Santos |
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|