Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 79 - 20 de xullo de 2005
 
 

Negociacións coa AECI

Unha representación da Confederación de Fondos reuniuse recentemente coa secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Leire Pajín, para avanzar na formalización dos vínculos existentes entre a AECI e os Fondos. No encontro, o primeiro que se mantén no que vai de lexislatura, acordouse instrumentar esas relacións mediante un convenio, na actualidade en fase de elaboración e que podería resultar finalmente asinado pasado o verán.

O Fondo Galego concede unha gran importancia ás relacións coa AECI, pois sempre apostou por fortalecer as dinámicas de colaboración entre as diferentes administracións públicas.


Pasado o ecuador do mandato das actuais Corporacións Locais

No que queda de lexislatura, que rematará xustamente en 2007, cando o Fondo Galego celebrará o seu X Aniversario, as prioridades do Fondo Galego céntranse na necesidade de asentar e ampliar a base asociativa, incrementar os recursos económicos propios, mellorar a calidade da nosa cooperación e intensificar a nosa proposta de sensibilización.

Os dous anos que quedan constitúen unha oportunidade excelente para consolidar o IMPULSO do municipalismo galego no ámbito das políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento. Nos orzamentos de 2006 debe concretarse un salto adiante importante tanto no aumento das cantidades a comprometer como tamén na clarificación dos asentos formais na estrutura orzamentaria, de xeito que a cooperación dispoña dun reflexo contable preciso na documentación económica dos entes locais e provinciais.

O poder local en Galicia ten ante si un reto importante, por dúas razóns. Primeira, se, como sabe esperar, o novo goberno galego cumpre as súas promesas, incrementaranse os recursos para cooperación e iso repercutirá nas posibilidades económicas do Fondo. Segunda, se a AECI respalda tamén esta política, igualmente traducirase en maiores recursos. Pero se todo isto acontece, ambos feitos positivos, a porcentaxe de recursos propiamente locais do Fondo tenderán a ser menos da terceira parte do total. Hoxe representan xa a metade. É por iso esencial que se acompañe o esforzo, tamén no local, que están a facer as demais administracións.


Sen novidades da FEGAMP

Hai máis dun ano que o Fondo Galego trasladou á FEGAMP a súa proposta de actualización do convenio asinado. Por unhas cousas e por outras, o tema foi aparcado. Cómpre, non obstante, recuperalo novamente para asentar formalmente a fluidez das relacións existentes entre ambas entidades, na perspectiva de conformación do Fondo como unha autentica axencia local para a cooperación internacional.


  Coloquio Palmela (Portugal), clic para aumentar
Coloquio Palmela (Portugal), clic para aumentar
Coloquio sobre Cooperaçao Descentralizada e Associativismo Municipal, en Palmela (Portugal).
 
Portugal sopesa a idea de crear un Fondo

O pasado 17 de xuño, na localidade de Palmela, nas proximidades de Lisboa, celebráronse unhas Xornadas sobre Cooperación Descentralizada e Asociacionismo Municipal, nas que participaron máis dun cento de persoas, entre representantes de ONGDs, de municipios, de embaixadas e outros actores da cooperación ao desenvolvemento.

A actividade tiña como dobre obxectivo reflexionar sobre o estado da cooperación descentralizada en Portugal e sobre a idoneidade de dar pasos para establecer unha rede de municipios cooperantes. A proposta, que lidera a Cámara de Palmela, formularase, por primeira vez, na reunión de municipios galegos e portugueses, celebrada en Baiona o 1 de outubro de 2004 e nunhas xornadas sobre “Os desafíos da cooperación e o desenvolvemento local”, que tiveron lugar o 24 de novembro pasado en Loures, Portugal.

Neste encontro intercambiáronse impresións sobre a identidade, características e evolución da cooperación descentralizada no rectángulo peninsular, avanzando no diagnóstico do momento presente, nun tempo de cambio político en Portugal trala vitoria do Partido Socialista, en a véspera dunhas eleccións locais que terán lugar en outubro deste ano. Foi por iso especialmente importante a presenza nestas xornadas do director xeral do Instituto Portugués de Axuda ao Desenvolvemento, quen expresou o seu parecer favorable á implicación local na cooperación internacional e o apoio á formación dunha rede de municipios cooperantes.

O director do Fondo Galego, Xulio Ríos, informou aos asistentes do momento da cooperación descentralizada en España, deténdose na caracterización do marco legal, aspecto que revestía un especial interese para os inscritos na sesión. A disertación sobre as singularidades dos Fondos e o seu modelo, foi acompañada dunha exposición detallada sobre o proceso de creación do Fondo Galego, mostrando os asistentes un notable asentimento coa nosa experiencia, considerando a posibilidade de dar pasos nesa dirección unha vez se celebren os comicios locais.

Todas estas iniciativas están contribuíndo de modo claro e decisivo a asentar unha profunda reflexión en Portugal sobre a adopción do modelo de Fondo, como mecanismo máis apropiado para fortalecer as dinámicas de cooperación ao desenvolvemento instrumentadas dende o ámbito local, hoxe executadas de forma totalmente illada e arredor das parcerías ou irmanamentos, en especial cos países africanos de lingua oficial portuguesa, e Timor.


Números que falan por si mesmos

Segundo datos da Coordinadora de ONGD-España, se en 1991 os fondos procedentes da cooperación descentralizada representaba o 10% dos fondos totais das ONGD integradas na Coordinadora (6,76 millóns de euros), en 1999 sumaban 106,95 millóns (24%) e no ano 2003 alcanzaban a cifra de 160,57 millóns (o 31% dos fondos totais), e o 55% dos fondos públicos captados. Un incremento en 12 anos do 2.300%. Do monto da cooperación descentralizada reseñado, 58,56 millóns de euros, o 36%, proviña de concellos e deputacións.


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Guitiriz Deputación Deputación
A Coruña Lugo A Teixeira A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Allariz A Estrada
Ames Monforte Castrelo do Val A Guarda
Arteixo Samos Entrimo Baiona
As Pontes Sarria Manzaneda Bueu
Bergondo Viveiro O Barco Caldas de Reis
Betanzos   O Irixo Cambados
Boiro   Oimbra Cangas
Brión   Ourense Cuntis
Cabanas   Ribadavia Gondomar
Cambre   San Cibrao das Viñas Moaña
Carballo   Sandiás Mos
Carral   Verea Nigrán
Cedeira   Verín O Porriño
Cerceda   Vilar de Santos O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame     Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia     Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 078 / 077 / 076 / 075 / 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/07/2005
Fernando Pol


Subir