|
O Fondo participa nas I Xornadas Interculturais do
Concello de Cangas
O Fondo Galego foi convidado polo Concello de Cangas para participar
nunha mesa redonda sobre cooperación. Este concello brindounos a oportunidade de materializar o noso compromiso
cos concellos socios do Fondo de colaborar no impulso de actividades que permitan aos municipios abandeirar políticas
propias no campo da difusión e educación para o desenvolvemento. Por outra banda, este convite tamén
nos permitiu trasladar á cidadanía o traballo que desenvolve este organismo e desvelar as claves
da identidade e singularidade da cooperación que levamos a cabo. Neste coloquio tamén participou
Nelson Frechauth, de Mozambique, estudoso da cooperación internacional. Dende o Fondo Galego entendemos
que se queremos afondar sobre as causas e consecuencias deste mundo desigual e inxusto que estamos construíndo,
e debater sobre as cuestións que afectan ao desenvolvemento, non podemos suplantar a voz do Sur.
Pouco a pouco medran os fondos do Fondo Galego
Os concellos asociados continúan adiantando as cuotas
correspondentes ao exercicio de 2005. Aos concellos de Arteixo, Baiona, Bergondo, Betanzos, Caldas de Reis, Cabanas,
Cambre, Carballo, Culleredo, Cerceda, Gondomar, Lousame, O Irixo, Oleiros, Outes, Noia, Neda, O Rosal, Samos, Rianxo,
Rodeiro, Pontecesures, Poio, Soutomaior, Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra, sumáronse
A Guarda, Ames, A Coruña, As Pontes, Boiro, Brión, Castrelo do Val, Ferrol, Guitiriz, Lugo, Mos,
Mugardos, Nigrán, O Barco de Valdeorras, Oímbra, Pontedeume, Porto do Son, Redondela, Sandiás,
Verea, Vilagarcía e Vilar de Santos.
Recen aprobada a Proposta de Resolución da Convocatoria
de proxectos de 2005 é fundamental a máxima colaboración no abono das cuotas para non dificultar
nin retrasar os pagos ás ONGs e parceiros que comezarán a executar os proxectos.
Xornadas de Cooperación e Voluntariado
no Concello de Caldas
O Concello de Caldas de Reis, a través da Concellaría
de Asuntos Sociais, Igualdade e Asociacionismo, celebrará en xullo as primeiras Xornadas de Cooperación.
Este concello comparte co Fondo Galego a idea de que as entidades locais deben ter un papel protagonista á
hora de abandeirar políticas propias no eido da sensibilización, contribuíndo a propiciar
o respecto aos dereitos, aos valores democráticos e a unha maior receptividade aos problemas da pobreza,
das desigualdades sociais e da solidariedade en tódolos ámbitos.
| |
 |
 |
| IIº Premio de redacción “Por un
mundo máis xusto, faite solidario/a”. |
| |
Acto de entrega do IIº
Premio de redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”
O venres 24 de xuño celebrouse en Santiago o acto de
entrega de premios do Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”, que por
segundo ano convoca o Fondo Galego.
Este ano presentáronse máis de corenta traballos
de mozos e mozas dos centros de Ensino Secundario de Galicia. Na Categoría A “Individual” Modalidade 1ª
(1º e 2º ESO) o primeiro premio correspondeu a Luís Bouzón Mouzo do IES Antón Fraguas
(Santiago) polo seu texto “Cartas no tempo”, e na Modalidade 2ª (3º e 4º ESO) a Xosé Francisco
Lemiña do IES Vilalonga (Sanxenxo) por “A Odisea de NABI”. Como finalista na Modalidade 1ª quedou Brais
Palmeiro do IES Antón Fraguas co texto “A Plataforma 0,7” e na Modalidade 2ª Rebeca Domínguez
Álvarez do IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra) polo texto “Sino?”. Pese a quedar deserta a Categoría
B “Grupo”, o IES de Vilalonga (Sanxenxo) e o IES Antón Fraguas foron agasallados cun Bolechas Solidario
de Pepe Carreiro, autor que ofreceu desinteresadamente a súa obra. No acto de entrega dos premios participaron
o presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, o tesoureiro, Xosé Mª Permui, e o director do Fondo, Xulio
Ríos.
Rutas Solidarias
“O Eterno Feminino” e “A Paz Cuestión de Fondo” continúan
a súa viaxe por Galicia. Institutos, salóns de plenos, prazas e rúas… calquera escenario é
valido para acoller os testemuños gráficos e fotográficos destas exposicións que nos
convidan a reflexionar sobre outras realidades tan afastadas e tan próximas.
| |
 |
 |
| Asemblea xeral de socios do Fondo Galego. |
| |
Celebración da Asemblea xeral de socios
O 28 de xuño en Santiago de Compostela celebrouse a Asemblea
xeral de socios do Fondo Galego para debater e aprobar a Proposta de Resolución da Convocatoria 2005 para
o financiamento de proxectos de cooperación e a ratificación de altas de novos socios.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 54 proxectos
co seguinte perfil xeográfico: Norteamérica, 1; Centroamérica, 18; Caribe, 3; Sudamérica
19; África, 11; e Asia, 2. A proposta da Comisión Avaliadora Técnica, na que participaron
representantes dos Concellos de Vigo, Baiona, Oleiros e da Secretaría do Fondo, con ausencia xustificada
do Concello de Arteixo e da Deputación de Pontevedra, tivo en conta non soamente o interese das accións
propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
A Proposta de Resolución da Convocatoria 2005 foi aprobada,
un ano máis, por unanimidade, confirmándose a tendencia ao aumento dos proxectos, con 15, do que
se evidencia unha consolidación do Fondo Galego, pasando dos 3 proxectos de 1998, aos 8 de 2001 e aos 12
nos anos 2002, 2003 e 2004. En relación ás áreas xeográficas dos proxectos son as seguintes:
África, 6 (Cabo Verde 5 e Mauritania 1); América Central, 5 (Nicaragua 3, Honduras 1 e El Salvador
1); América do Sur, 3 (Perú 3); e Asia, 1 (Palestina 1). Co que confírmase a tendencia dunha
progresiva viraxe cara África con seis proxectos aprobados, poñendo especial atención nos
países da África subsahariana, e entre eles os de expresión lusófona. Dotación
de infraestruturas, saúde e capacitación xunto coa educación e o empoderamento das mulleres
son os eixes temáticos dos proxectos presentados.
O Comercio Xusto chega aos concellos do Fondo
Galego
Na Asemblea xeral de socios do Fondo, Xan Hermida, director
da ONGD galega Amarante, explicou a identidade e características do Comercio Xusto. Os concellos amosáronse
moi interesados neste outro comercio posible e algún comprometeuse a favorecer unha maior difusión
dos retos e oportunidades do Comercio Xusto na procura dun mundo máis equitativo e solidario.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
Castrelo do Val |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Entrimo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Manzaneda |
Bueu |
| Bergondo |
Viveiro |
O Barco |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cambados |
| Boiro |
|
Oimbra |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ribadavia |
Gondomar |
| Cambre |
|
San Cibrao das Viñas |
Moaña |
| Carballo |
|
Sandiás |
Mos |
| Carral |
|
Verea |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verín |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Vilar de Santos |
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|