|
| |
 |
| Gladys Caceres no IES María Casares de
Oleiros. |
| |
Os concellos de Guitiriz e Oleiros reciben a Gladys Cáceres
Un ano máis visitounos Gladys Cáceres, directora
do Instituto de Promoción Humana (INPRHU-Somoto), de Nicaragua. Durante os días 23, 24 e 25 do pasado
mes de maio, Gladys mantivo diversas entrevistas con membros da Executiva do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade, e con alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras dos concellos de Guitiriz, Ferrol e Oleiros.
No Concello de Guitiriz, foi recibida pola corporación
municipal e responsables políticos dos concellos socios do Fondo Galego da provincia de Lugo. Nesta ocasión,
a directora de INPRHU, efectuou unha radiografía do momento actual que vive Nicaragua e realizou unha breve
síntese do traballo que desenvolve a súa organización nunha das provincias máis pobres
do país.
No Concello de Oleiros, Gladys Cáceres mantivo varias
reunións con representantes de diferentes institucións e aproveitou a ocasión para visitar
o IES María Casares, onde impartiu unha charla para os escolares do centro sobre a realidade e os problemas
que enfrontan os mozos e mozas nicaraguanos.
| |
 |
| Xornadas de Avaliación no Concello de
Ferrol. |
| |
Espazos comúns para o intercambio de información
dos actores da cooperación
O 24 de maio, no Concello de Ferrol celebráronse as primeiras
Xornadas de Avaliación organizadas polo Fondo Galego. Nestas xornadas reunimos a actores diversos do mundo
da cooperación. Contamos coa participación de Gladys Cáceres, directora de INPRHU (Nicaragua),
con representantes das ONGDs Amigos da Terra, Arquitectos sen Fronteiras e Axunica, e con Victoria Planas, responsable
do Área de Centroamérica, México e Caribe do Fons Català de Cooperació al Desenvolupament.
Durante o encontro, realizouse un exame pormenorizado dos proxectos
máis importantes desenvolvidos polo Fondo Galego en Nicaragua, recollendo os pareceres dos participantes.
Constatouse a efectividade das accións desenvolvidas, con claras repercusións positivas e duradeiras
para a maior parte das comunidades afectadas. Revalidouse a importancia de integrar as actuacións a desenvolver
no marco de procesos máis complexos e plurais que deben ser obxecto de acompañamento polos actores
dos países donantes, prestando unha particular atención á articulación das diferentes
accións para evitar a súa disgregación e garantir a máxima efectividade posible.
Confirmouse a importancia de establecer estes espazos comúns
para o intercambio de informacións e de experiencias, que deberían sistematizarse e ampliarse porque
contribúen de maneira efectiva a reforzar o mutuo coñecemento e a cooperación entre os actores
e ao incremento da calidade da cooperación galega. Destacouse a importancia da cooperación das entidades
locais e a necesidade de implicar as diferentes institucións do país receptor para asegurar a viabilidade
e sostemento dos proxectos e a afirmación de hábitos democráticos que lexitimen un mais significado
papel dos poderes locais. E, por último, avaliouse a importancia de que a cooperación non se desenvolva
de xeito cego, senón concentrando os seus esforzos, definindo procesos que poidan contribuír a xerar
novas dinámicas de benestar máis asentadas, eficientes e irreversibles.
Xa temos o primeiro participante do programa de
Vacacións con Traballo
No mes de xullo, Miguel Negral, enxeñeiro de montes do
Concello de Lugo, viaxará a Nicaragua co programa de Vacacións con traballo, Profesionais da Solidariedade
no mundo local. Este primeiro seleccionado traballará co equipo técnico da contraparte do Fondo Galego
en Nicaragua, INPRHU-Somoto, emprazado nas Sabanas. As tarefas asignadas por INPRHU céntranse principalmente
na Capacitación para Mestres e Equipo Técnico de Agricultura en Educación Ambiental, deseño
e implantación da Xestión Medioambiental e da Axenda 21,e Formulación dun Proxecto de Educación
Ambiental e Ecoturismo.
A hora de seleccionar as persoas que participarán no
programa de Vacacións con Traballo, tívose en conta, principalmente, a demanda e necesidades formuladas
pola entidade contraparte. Os participantes de Vacacións con Traballo comprométense, durante o mes
de estadía, a desenvolver unha actividade continuada durante un mínimo de vinte días e deberán
elaborar unha memoria da viaxe que entregarán no seu Concello.
O Fondo segue crecendo
Sandiás, A Teixeira, Viveiro e Verea son as últimas
altas rexistradas no Fondo Galego.
Reunión co ministro de Xustiza da Fronte
Polisario
De visita en Galicia, o ministro de Xustiza da Fronte Polisario
reuniuse coa Executiva do Fondo Galego para intercambiar impresións sobre a situación política
no Sáhara, as expectativas inmediatas dun arranxo do conflito que teña en conta a legalidade internacional
e a dinamización da solidariedade coa súa causa.
O presidente do Fondo, Alfredo Novoa, agradeceu a visita e expresou,
en nome dos socios do Fondo, a solidariedade coa causa saharauí.
Proposta de Resolución da Convocatoria
de Proxectos 2005
A Asemblea do Fondo Galego reunirase o próximo 28 de
xuño para analizar a decidir sobre a Proposta de Resolución da Convocatoria de Proxectos de 2005,
formulada pola Comisión Executiva tendo en conta o ditame da Comisión Avaliadora Técnica reunida
en Baiona o 1 de xuño.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
A Teixeira |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Allariz |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
Castrelo do Val |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Entrimo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Manzaneda |
Bueu |
| Bergondo |
Viveiro |
O Barco |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
O Irixo |
Cambados |
| Boiro |
|
Oimbra |
Cangas |
| Brión |
|
Ourense |
Cuntis |
| Cabanas |
|
Ribadavia |
Gondomar |
| Cambre |
|
San Cibrao das Viñas |
Moaña |
| Carballo |
|
Sandiás |
Mos |
| Carral |
|
Verea |
Nigrán |
| Cedeira |
|
Verín |
O Porriño |
| Cerceda |
|
Vilar de Santos |
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|