|
Cabo Verde: no punto de mira
O Fondo Galego e a Secretaría Xeral de Relacións
coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia acordaron asinar un convenio de colaboración cun
valor de 84.000 euros co fin de impulsar actividades de cooperación no arquipélago africano. A formulación
dun Plan de Acción que recolla os obxectivos, as estratexias e os principais beneficiarios, será
unhas das tarefas do Fondo Galego para os meses de maio e xuño. Asemade, as Cámaras Municipais de
Paul, de Maio e a Asemblea Nacional de Municipios Caboverdianos serán as contrapartes do Fondo Galego nas
illas.
Convocatoria de Proxectos 2005
O pasado 31 de abril rematou o prazo de presentación
dos proxectos da convocatoria 2005. Nunha primeira radiografía dos mesmos detéctase un lixeiro ascenso
no número de solicitudes: das 49 do ano 2004 ás 52 do actual; ao tempo que se consolidan ás
áreas xeográficas: América Latina e África, con especial atención aos países
lusófonos. Na xuntanza da Comisión Executiva do 6 de maio acórdase fixar a data para a Comisión
Técnica Avaliadora para o 1 de xuño. As deliberacións terán lugar na Secretaría
Técnica do Fondo, en Baiona.
Asemblea Extraordinaria de Socios
O día 28 de xuño celebrarase unha Asemblea Extraordinaria
de Socios co fin de dar a coñecer e aprobar, se é o caso, as propostas elaboradas pola Comisión
Técnica Avaliadora a respecto da Convocatoria de Proxectos 2005.
Guatemala
O Fondo Galego participará conxuntamente coa Confederación
de Fondos nun proxecto enmarcado no programa PDHL centrado nos consellos de desenvolvemento departamental e municipal.
Consello Confederal da Confederación de
Fondos
O Fondo Galego participará o día 3 de xuño
en Palma de Mallorca no Consello Confederal da Confederación de Fondos. Na xuntanza presentarase un breve
informe acerca das actividades desenvolvidas polo Fondo durante estes últimos meses. Cómpre lembrar
que este ano a Confederación celebra o seu X Aniversario.
Máis altas
Entre as novas altas rexistradas nas últimas semanas,
cómpre dar conta das notificadas por parte dos concellos de Castrelo do Val, Entrimo, San Cibrao das Viñas
e Oímbra, todos da provincia de Ourense.
Visitas dende o Sur
O vindeiro 25 de maio, Gladys Cáceres, directora do Instituto
de Promoción Humana (INPRHU) de Nicaragua visitará o Concello de Oleiros. Durante a súa visita
aproveitará a ocasión para manter un encontro cos mozos do IES María Casares.
Xa temos gañadores do IIº Premio “Por
un mundo máis xusto faite solidario”
O 29 de abril , no Concello de Baiona, reuniuse o Xurado do
IIº Premio “Por un mundo máis xusto faite solidario”, para fallar este concurso.
Presentáronse máis de trinta traballos de institutos
de toda Galicia; poesías, cartas, redaccións e traballos nos que os mozos e mozas coincidiron á
hora de reclamar un compromiso da sociedade galega para avanzar na construción dun mundo máis xusto
para todos.
Tras deliberación, o Xurado acordou outorgarlle por unanimidade
os premios na Categoría A, “Individual”, Modalidade 1ª (1º e 2º ESO) a Luís Bouzón
Mouzo, do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela), polo seu texto “Cartas no tempo”; e na Modalidade
2ª (3º-4º da ESO) a Xosé Francisco Lemiña, do IES Vilalonga (Sanxenxo), polo seu texto
“A odisea de Nabi”. Como finalistas na modalidade 1ª quedaron: Brais Palmeiro, do IES Antón Fraguas,
co texto “A Plataforma 0,7” e na modalidade 2ª, Rebeca Domínguez Álvarez, do IES Xermán
Ancochea Quevedo (Pobra de Trives), polo seu texto, “Sino”. A Categoría B “Grupo” quedou deserta.
Á hora de seleccionar os textos houbo amplo consenso
na elección dos premiados. No fallo se tivo en conta a calidade literaria do texto, a riqueza expresiva,
e o enfoque do tema, que este ano centrouse nos Obxectivos do Milenio.
No Xurado participaron a concelleira de Servizos Socias de Baiona,
María de los Ángeles Silva, polo Fondo Galego; Xosé Luís Franco Grande, da Real Academia
Galega; Xesús Costas, do Consello da Cultura Galega; Marta Dacosta, da Asociación de Escritores en
Lingua Galega; e Xulio Ríos, director do Igadi, como secretario, con voz pero sen voto.
A Declaración Programática do Fondo
Galego
A principios de ano editamos a Declaración Programática
do Fondo Galego, “base mínima de entendemento para o exercicio das políticas de cooperación
e solidariedade por parte das administracións locais galegas”.
Nesta declaración manifestábase a necesidade de
exercer unha rica e maior solidariedade do Norte co Sur, con políticas xenerosas e abertas á participación
plural dos diferentes e múltiples axentes sociais, conscientes de que non soamente se trata con estas políticas
de favorecer un desenvolvemento sostible e integral nos países destinatarios de axuda senón igualmente
de incrementar a conciencia social e crítica dos nosos cidadáns, de potenciar a recuperación
dunha ética firmemente asentada en valores humanistas, de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade
entre todas as persoas.
Nestes últimos anos son moitas os pasos dados polo Fondo
Galego encamiñados a incrementar, e nalgúns casos espertar esa conciencia social necesaria para construír
un mundo máis xusto para todos e todas.
Axunica, Amigos da Terra e Arquitectos sen Fronteiras
participan nas Xornadas de Avaliación sobre Nicaragua
As ONGs Axunica, Amigos da Terra e Arquitectos sen Fronteiras
participarán nas Xornadas de Avaliación dedicadas a Nicaragua que celebraremos o vindeiro 24 de maio
no Concello de Ferrol. Eles serán os encargados de expoñer e analizar en que medida se alcanzan os
obxectivos definidos nos proxectos iniciais, e cando non é así, que causas están detrás
do fracaso e as súas consecuencias.
Mapa de socios do Fondo Galego
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Castrelo do Val |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
Entrimo |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
Manzaneda |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
Bueu |
| Bergondo |
|
O Irixo |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
Oimbra |
Cambados |
| Boiro |
|
Ourense |
Cangas |
| Brión |
|
Ribadavia |
Cuntis |
| Cabanas |
|
San Cibrao das Viñas |
Gondomar |
| Cambre |
|
Verín |
Moaña |
| Carballo |
|
Vilar de Santos |
Mos |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
|
|
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|