Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 75 - 2 de maio de 2005
 
 

Excelente acollida do Programa “Vacacións con traballo”

Cooperación galega: máis infraestruturas para un cambio necesario
A constitución da Comisión Interterritorial e do Consello Galego de Cooperación ó Desenvolvemento consolida a armazón da cooperación galega para enfrontar a nova etapa que se abriu coa aprobación da lei da cooperación en xuño de 2003. Xunto á configuración dos órganos, o informe favorable do Plan Director 2005-2008 e do Plan Anual, perfilan unha visión participativa e estratéxica, de xeito que todos os actores da cooperación poidamos compartir unha mesma orientación e unhas mesas prioridades.

Na Comisión Interterritorial, o Fondo Galego está representado polo presidente e o secretario. Ademais, na representación da FEGAMP, os catro titulares (Deputación de Pontevedra, concellos de Lugo, Allariz e Arteixo), forman parte da Comisión Executiva do Fondo Galego. No Consello, o representante do Fondo é o secretario da nosa entidade. Nos documentos aprobados, que agora deberán ser remitidos pola Xunta de Galicia ó Parlamento, recóllense moitas das suxestións e propostas adiantadas polo Fondo durante o proceso de debate previo. Esa vontade de consenso permitiu que todas as propostas saísen adiante por unanimidade. Cómpre agora asentala e desenvolvela cunha práctica acorde coa demanda dun cambio cualitativo na intensidade e nas formas da cooperación galega, que todos os actores compartimos, de principio a fin.


Avaliando para seguir mellorando
O Fondo Galego prepara as primeiras Xornadas de Avaliación

O Fondo Galego organiza as primeiras Xornadas de Avaliación co propósito de estudar a complexidade dos procesos de intervención nas comunidades do Sur respaldadas por este organismo e así seguir mellorando e avanzando na construción dun modelo de cooperación que propicie un desenvolvemento máis xusto para todos.

Estas primeiras Xornadas estarán dedicadas a Nicaragua, país que pese a rexistrar un lixeiro avance este último ano no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) do PNUD –ao abandonar o posto 121 e situarse no 118 dun total de 177 países–, continúa sendo un dos países máis empobrecidos de América Latina.

Dende a creación do Fondo, Nicaragua, ten sido un dos países elixidos á hora de destinar recursos humanos e económicos para levar adiante proxectos de cooperación, tanto ordinarios como extraordinarios, cun orzamento de máis de 150.000 euros e unha presenza case anual con oito proxectos desenvolvidos en total.

Con estas Xornadas non soamente queremos analizar a incidencia dos procesos de intervención no Sur, tamén estudaremos cómo o ámbito local tense revelado como o escenario idóneo para un desenvolvemento máis humano e sostible, o lugar que favorece a ampliación das capacidades das persoas a nivel económico, cultural e social e propicia unha nova dinámica de cooperación onde as entidades locais asumen un importante protagonismo á hora de definir e impulsar outras prácticas de desenvolvemento.

Nelas participarán actores diversos e contaremos coa singular aportación de Gladys Cáceres, de INPRU-SOMOTO, con quen colaboramos dende hai anos, e as ONGDs ás que lle financiamos proxectos na zona. O propósito é incorporar tamén outras experiencias municipais doutras comunidades, afondar na relación cos irmanamentos, e concluír un catálogo de recomendacións e boas prácticas que nos permitan gañar en resultados do noso traballo. Por iso, tamén estará presente un representante da Oficina de Seguimento de proxectos de Managua.

Será o 24 de maio en Ferrol.


O Fondo visita o Concello de Vigo

O pasado 15 de abril, a concelleira de Benestar Social e Participación Cidadá do Concello de Vigo, Marta Iglesias, recibiu a unha representación da Secretaría Técnica do Fondo Galego, presidida polo secretario da entidade, Xulio Ríos, para intercambiar impresións e identificar fórmulas que permitan reforzar no futuro as relacións existentes. A concelleira amosou a súa sintonía coa labor que desempeña o Fondo e manifestou o seu interese pola programación de sensibilización, tanto no que atinxe ás exposicións que poidan dinamizarse en colaboración con outros departamentos do Concello, como igualmente ó programa Vacacións con Traballo.


Máis achegas de concellos para os damnificados do Tsunami

Coas seguintes aportacións: Concello de Guitiriz, 3.825,21 euros; Concello de Cambre, 3.786,31 euros; e Concello de Arteixo, 21.200 euros, o total de diñeiro recadado para os damnificados do Tsunami ascende á cantidade de 53.342,65 euros, que serán destinados ao financiamento dunha actuación que conta co aval do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento.


Esperanzador ritmo no cobro de cotas

Os concellos asociados continúan adiantando as cotas correspondentes ao exercicio de 2005. Aos concellos de Caldas de Reis, Carballo, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures, Poio, Soutomaior, Cabanas, Betanzos, Lousame, Arteixo, Cerceda, Gondomar, O Irixo, Oleiros, Samos, Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra, sumáronse Outes, Noia, Neda, O Rosal, Baiona, Bergondo, Cambre e Culleredo, o que representa máis dun 38% dos socios.


Xornadas do Partido Popular sobre Cooperación

O Partido Popular de Galicia organiza en Cambados o próximo día 27 de maio un encontro sobre cooperación, con especial énfase no local, que contará coa participación de Xosé Manuel Barreiro Fernández, vicepresidente segundo da Xunta. O encontro preséntase como unha oportunidade para que a mensaxe da cooperación cale con maior intensidade en dirixentes do partido e representantes institucionais.


Máis altas

Entre as novas altas rexistradas nas últimas semanas, cómpre dar conta das notificadas por parte do Concello de Manzaneda (Ourense) e Cambados (Pontevedra).


Mapa de socios do Fondo Galego

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Guitiriz Deputación Deputación
A Coruña Lugo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo Manzaneda A Estrada
Ames Monforte O Barco A Guarda
Arteixo Samos O Irixo Baiona
As Pontes Sarria Ourense Bueu
Bergondo   Ribadavia Caldas de Reis
Betanzos   Verín Cambados
Boiro   Vilar de Santos Cangas
Brión     Cuntis
Cabanas     Gondomar
Cambre     Moaña
Carballo     Mos
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame     Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia     Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

 
Descarga o boletín en formato pdf.
 

Números anteriores: 074 / 073 / 072 / 071 / 070 / 069 / 068 / 067 / 066 / 065 / 064 / 063 / 062 / 061 / 060 / 059 / 058 / 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/05/2005
Fernando Pol


Subir