| |
| |
Excelente acollida do Programa “Vacacións
con traballo” |
 |
|
As reunións da Rede Municipalista Solidaria foron o escenario
escollido para a presentación do Programa “Vacacións con Traballo: Servidores públicos ao
servizo dos países do Sur”. Este programa, dirixido ao persoal técnico da administración local
galega, tivo unha excelente acollida entre os compoñentes da Rede.
“Vacacións con traballo” nace co desexo de avanzar na
construción dun modelo de cooperación local galega máis comprometido no apoio ás estratexias
de desenvolvemento económico, técnico e humano do Sur, e deste xeito, contribuír á
mellora da capacitación técnica dos especialistas das nosas contrapartes e propiciar un intercambio
formativo entre ambos. A formulación deste programa tamén nos permite canalizar as inquedanzas solidarias
da cidadanía. Os países de destino dos nosos servidores públicos este primeiro ano serán:
Cabo Verde e Nicaragua.
|
| |
| |
II Premio “Por un mundo máis xusto faite
solidario/a” |
 |
|
Rematou o prazo da convocatoria da segunda edición do
premio: “Por un mundo máis xusto faite solidario/a” baixo o lema “Os Obxectivos do Milenio”. Promover un
maior coñecemento da Declaración do Milenio é un dos resultados esperados.
O xurado do premio estará composto por cinco membros
pertencentes ás seguintes institucións: Fondo Galego, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega
e Asociación de Escritores en Lingua Galega. Actuará de secretario, con voz pero sen voto, o director
do Igadi. Nesta edición participaron mozos e mozas de centros escolares de toda Galicia. O concurso suscitou
un grande interese por parte dos centros de Educación Secundaria arredor da Declaración do Milenio.
|
| |
| |
A Deputación de Ourense co Fondo |
 |
|
A colaboración da Deputación de Ourense co Fondo
Galego incrementouse nestes últimos meses. O alto nivel de sintonía da Deputación co traballo
desenvolvido polo Fondo concretouse nun forte respaldo por parte da Deputación alentando a tódolos
concellos da provincia a sumarse ao proxecto do Fondo Galego, contribuíndo así a incrementar a base
asociativa nesta provincia. Por outra banda, e co fin de apoiar ás vítimas do tsunami, a Deputación
de Ourense acordou facer un ingreso de 12.000€ na conta de Emerxencia do Fondo Galego para o proxecto Artsunami
de prevención e de reconstrución en Sri Lanka, o cal se está a desenvolver en colaboración
co PNUD.
|
| |
| |
Novas adhesións |
 |
|
No mes de marzo, o Concello de Verín entrou a formar
parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
|
| |
| |
Avanzando na normalización do pago das
cotas |
 |
|
Os concellos asociados continúan adiantando as cotas
correspondentes ao exercicio de 2005. Aos concellos de Caldas de Reis, Carballo, Rianxo, Rodeiro, Pontecesures,
Poio, Soutomaior, Cabanas, Betanzos, Lousame e Arteixo, sumáronse Cerceda, Gondomar, O Irixo, Oleiros, Samos,
Santiago de Compostela e a Deputación de Pontevedra, o que representa máis dun 25% dos socios.
|
| |
| |
O Concello de Moaña conta cun novo vínculo
solidario na súa web |
 |
|
Dende o mes de marzo os habitantes de Moaña poden acceder
á información do Fondo Galego directamente dende www.concellodemoana.org, a páxina do seu Concello. O Fondo Galego anima aos concellos que dispoñen
de páxina web a engadir o enlace do Fondo (www.igadi.org/fondogalego). Con esta iniciativa contribuímos
a unha maior visibilidade do Fondo.
|
| |
| |
Finalizan as primeiras reunións itinerantes
da Rede Solidaria |
 |
|
O 12 de abril celebrouse a última xuntanza das primeiras
reunións itinerantes da Rede Municipalista Solidaria do 2005 no Concello de Lugo. A participación
e o interese que suscitan estas reunións entre os concellos socios cada vez é maior. Isto permítenos
unha presenza real na axenda municipal galega e identificar novos instrumentos de aproximación entre o Fondo
e os concellos para avanzar na consolidación do compromiso co mundo da solidariedade.
|
| |
| |
A Exposición “Os Obxectivos do Milenio” |
 |
|
Dende primeiros de xaneiro varios institutos de Ensino Secundario
solicitaron ao Fondo Galego a exposición “Os Obxectivos do Milenio”. Esta exposición, que foi realizada
pola Asociación para as Nacións Unidas e o Igadi (Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, está servindo de vehículo para
introducir aos escolares galegos nos contidos da Declaración do Milenio.
|
| |
| |
Actividades con motivo do X Aniversario da Confederación |
 |
|
A Confederación de Fondos conmemorará o seu X
Aniversario en Palma de Mallorca, no marco das Xornadas de Redes Europeas. Concellos de Holanda, Francia, Italia,
Grecia, Portugal, Alemaña abordarán conxuntamente cos Fondos de Cooperación, a situación
da cooperación descentralizada en Europa os días 19 e 20 de setembro. Coñecer as experiencias
de proxectos innovadores e as propostas en relación á vertebración das redes serán
algúns dos temas a tratar nos obradoiros de traballo. Os destinatarios das xornadas identifícanse
tanto no perfil técnico como político. Asemade, participarán representantes da AECI, do PNUD,
da Comisión de Desenvolvemento do Parlamento Europeo e da Rede Europea de Concellos pola Paz en Oriente
Próximo e FAL. A conferencia inaugural correrá a cargo da profesora Vanna Ianni, da Universidade
de Nápoles, experta en cooperación descentralizada e desenvolvemento participativo. Co obxectivo
de establecer as bases para un traballo coordinado e co fin de desenvolver unha estratexia común ante as
institucións multilaterais agárdase presentar a declaración de intencións que recolla
os acordos e deliberacións das xornadas.
|
| |
| |
Guatemala: próximo destino do programa
PHDL |
 |
|
A Confederación de Fondos acordou, na reunión
técnica celebrada o día 11 de abril en Barcelona, o deseño dun programa conxunto en Guatemala
no marco do programa PHDL. Impulsar o desenvolvemento humano a partires dos espazos de participación local
é un dos eixes de traballo deste programa de Nacións Unidas. Novamente, como acontece no desenvolvemento
do Programa Artsunami en Sri Lanka visualízase como aliados aos Fondos de Cooperación.
|
| |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Guitiriz |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Lugo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Mondoñedo |
Manzaneda |
A Estrada |
| Ames |
Monforte |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
Samos |
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
Sarria |
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Ribadavia |
Caldas de Reis |
| Betanzos |
|
Verín |
Cangas |
| Boiro |
|
Vilar de Santos |
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Cambre |
|
|
Mos |
| Carballo |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
|
|
Redondela |
| Lousame |
|
|
Rodeiro |
| Mugardos |
- |
- |
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
|
|
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |