Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 72 - 15 de febreiro de 2005
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Converxencia de criterios Xunta de Galicia - Fondo Galego    
nº 071 - 24/01/2005
nº 070 - 09/12/2004
nº 069 - 15/11/2004
nº 068 - 18/10/2004
nº 067 - 01/10/2004
nº 066 - 17/08/2004
nº 065 - 12/07/2004
nº 064 - 28/06/2004
nº 063 - 20/05/2004
nº 062 - 10/05/2004
nº 061 - 05/04/2004
nº 060 - 08/03/2004
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
...
Constitución dos órganos de consulta e participación
Convocatoria de Proxectos 2005
Plan de actuación con Cabo Verde
Xornadas do BNG
Dez anos da Confederación de Fondos
Fegamp - Fondo
Contribucións económicas de 2005
Programa Vacacións en Paz
Mapa de socios do Fondo Galego

 
 
Volver ó sumario
Converxencia de criterios Xunta de Galicia - Fondo Galego

Na xuntanza que mantivo unha representación da Comisión Executiva do Fondo Galego coa Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, constatouse unha similitude de criterios á hora de diagnosticar o momento da cooperación en Galicia e de definir as principais liñas de actuación inmediatas. Jesús Gamallo, titular da Secretaría, expresou a súa satisfacción pola liña de cooperación existente co Fondo Galego, que este ano ascenderá a unha aportación diversificada por valor de 275.000 euros e que, sectorialmente, tenderá a incidir no fortalecemento das capacidades institucionais nos países do Sur no eido local, no que o Fondo pode aportar a súa experiencia.

Alfredo Novoa, presidente do Fondo, destacou a coincidencia de criterios, expresada na identificación cos vectores básicos da proposta de Plan Director da Cooperación Galega, que ven a resumir cinco anos de traballo conxunto entre as administracións locais e autonómicas, valorando, no noso caso, a comprensión que dende o primeiro momento, a Xunta de Galicia, expresou pola necesidade de fortalecer a rede de municipios como resposta á necesidade de buscar unha maior eficiencia para a nosa cooperación.

Ambas partes, ademais, sinalaron a coincidencia plena para establecer un mecanismo coordinador das emerxencias, que reúna, ante situacións de crise, aos principais actores e de forma automática, para enviar unha única mensaxe á nosa sociedade e robustecer así, no plano institucional, a unanimidade que se manifesta no ámbito social.

Na xuntanza participaron Jesús Gamallo e Pilar Romero, en representación da Xunta de Galicia. Por parte do Fondo, asistiron Alfredo Novoa, Xosé María Permui, Aurora Carbajal, Ramón Bouzas e Xulio Ríos.

 
 
Volver ó sumario
Constitución dos órganos de consulta e participación

A Comisión Executiva do Fondo Galego acordou designar como representantes do Fondo na Comisión Interterritorial a Alfredo Novoa e Xulio Ríos, presidente e secretario, respectivamente. Para o Consello Galego de Cooperación ó Desenvolvemento, o designado foi Xulio Ríos.

 
 
Volver ó sumario
Convocatoria de Proxectos 2005

Ata o 30 de abril poderán presentarse os proxectos para esta convocatoria. As Bases foron aprobadas previa convocatoria do Consello Municipalista da Cooperación e poden consultarse na páxina web do Igadi (www.igadi.org/fondo).

 
 
Volver ó sumario
Plan de actuación con Cabo Verde

Unha delegación do Fondo Galego entrevistarase coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde, a fin de establecer as pautas e mecanismos para desenvolver unha cooperación conxunta e a medio prazo que responda de mellor forma ás principais necesidades dos municipios do arquipélago, que teña a conveniencia de concentrar as actuacións e formulalas de xeito integral.

 
 
Volver ó sumario
Xornadas do BNG

O BNG convocou para o 5 de marzo unhas xornadas sobre cooperación municipal internacional dirixidas aos seus cargos electos no ámbito local para reforzar o compromiso coa cooperación internacional ó desenvolvemento. A iniciativa conta co apoio e a participación do Fondo Galego. O Partido Popular, como xa fixo o Partido Socialista, tamén está a programar unha actividade similar. Estas propostas resultan das conclusións das Xornadas Anuais de Cooperación celebradas en Vigo o novembro de 2004.

 
 
Volver ó sumario
Dez anos da Confederación de Fondos

O 19 de setembro, todos os Fondos reuniranse para festexar os dez anos da creación da Confederación de Fondos. Reunida en Menorca no pasado día 3 de febreiro, este foi un dos seus acordos. Nesa xuntanza tamén se abordou, entre outros asuntos, a participación na Comisión Interterritorial do Estado, as relacións coa AECI, a comparecencia na Comisión de Desenvolvemento e Cooperación da Unión Europea, as relacións internacionais (V Foro Internacional da Alianza Mundial de Cidades contra a Pobreza, Solidariedade con Palestina, Foro de Autoridades Locais de Porto Alegre, Foro Social Mediterráneo), o seguimento do proceso de xestación de novos Fondos (Asturias, Castela e León), a política de publicacións e a necesidade de mellorar a comunicación e a visibilidade xeral dos Fondos. Así mesmo, aprobouse a Memoria do 2004, o balance económico e o plan de traballo e orzamento para 2005.

 
 
Volver ó sumario
Fegamp - Fondo

Nunha entrevista mantida co vicepresidente da Fegamp e alcalde de A Pontenova (Lugo), Enrique Fernández González, acordouse acelerar o proceso de actualización do convenio que o Fondo ten coa Fegamp dende o ano 1998, na liña de reforzar a súa condición como axencia municipal da cooperación. Igualmente, se intercambiaron impresións sobre as designacións para os representantes locais na Comisión Interterritorial galega, e a necesidade de perfeccionar a comunicación entre o Fondo e a Fegamp, especialmente ante situacións de crise como a acontecida en Asia recentemente.

 
 
Volver ó sumario
Contribucións económicas de 2005

Xa foron cursados os recibos das cuotas mínimas obrigatorias para 2005. Na liña do expresado na Asemblea do 21 de xaneiro, encarécese de todos os asociados unha análise a conciencia do seu compromiso coa cooperación e sobre a necesidade de apostar en maior medida polo Fondo Galego. A espontaneidade con que moitas entidades locais decidiron contribuír economicamente a paliar os efectos do desastre en Asia, evidencian as posibilidades dunha maior implicación que sen dúbida poderá ser máis eficiente se somos quen de canalizala de forma cooperativa a través do Fondo, reforzando, en paralelo, o eido local como especialmente idóneo para a sensibilización.

 
 
Volver ó sumario
Programa Vacacións en Paz
Unha proposta de catro puntos foi cursada a todos os asociados para aproximar posturas en relación á continuidade ou non deste programa, garantindo en todo caso a permanencia da solidariedade de Galicia co pobo saharauí. A proposta é consecuencia da reunión mantida coa Delegación Saharauí en Galicia no pasado 29 de decembro de 2004 na sede da Fegamp, co criterio de abrir o programa ao conxunto da sociedade galega. Trátase de procurar garantir a participación de familias novas e de que os nenos acollidos sexan da máis curta idade e acollidos por primeira vez, coa excepción daqueles que presenten un expediente médico que requira de atención continuada. Na xuntanza citada, a representante saharauí comprometeuse a visitar os campamentos para garantir a renovación do programa e asegurar tamén que a solidariedade se exprese co conxunto do pobo saharauí e non con familias concretas de forma reiterada.
 
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Guitiriz Deputación Deputación
A Coruña Lugo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo O Barco A Estrada
Ames Monforte O Irixo A Guarda
Arteixo Samos Ourense Baiona
As Pontes Sarria Ribadavia Bueu
Bergondo   Vilar de Santos Caldas de Reis
Betanzos     Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Cambre     Mos
Carballo     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol     Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda     Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

Números anteriores: ... 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/02/2005
Fernando Pol


Subir