Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 71 - 24 de xaneiro de 2005
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Solidariedade coas víctimas do maremoto    
nº 070 - 09/12/2004
nº 069 - 15/11/2004
nº 068 - 18/10/2004
nº 067 - 01/10/2004
nº 066 - 17/08/2004
nº 065 - 12/07/2004
nº 064 - 28/06/2004
nº 063 - 20/05/2004
nº 062 - 10/05/2004
nº 061 - 05/04/2004
nº 060 - 08/03/2004
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
...
Ratificadas as novas adhesións ao Fondo Galego
Maior ambición
Sensibilización no local, cooperación no global
Xornadas do PSdeG-PSOE sobre cooperación municipal
Jesús Gamallo co Fondo Galego
Plan de Sensibilización 2005
Aportacións de 2005
Mapa de socios do Fondo Galego

 
 
Volver ó sumario
Solidariedade coas víctimas do maremoto

A Asemblea de socios que celebramos o 21 de xaneiro na sede da FEGAMP en Santiago expresou unanimemente a solidariedade coas víctimas do maremoto acontecido en Asia e definiu os fundamentos esenciais da política de emerxencias do Fondo Galego. Nesa perspectiva:

• Constatáronse as dificultades existentes para demostrar unha mínima capacidade de resposta e coordinada para afrontar as accións de emerxencia cun mínimo de eficacia.

• O Fondo ratifícase na súa vontade de actuar nas zonas de catástrofe a través do financiamento de proxectos de prevención ou reconstrución, unha vez pasou o primeiro momento onde a rapidez na resposta é requisito básico para a súa efectividade. O Fondo aínda hoxe financia proxectos na área do Mitch, cando xa ninguén se lembra dos damnificados mentres os problemas, hoxe ignorados polos medios de comunicación, subsisten a moreas.

• O Fondo Galego ofrece a todos os concellos e deputacións de Galicia a súa conta para emerxencias a fin de canalizar as contribucións do poder local. A existencia desa conta impide a descoordinación e a actuación individualizada e garante en maior medida o posterior control dos recursos acadados.

• O Fondo invita aos concellos e deputacións de Galicia a facer contribucións extraordinarias que non minguen as febles achegas que ordinariamente se destinan ás políticas de cooperación internacional.

• Todos debemos ter en conta que as accións que agora desenvolvamos non estarán impregnadas dunha vontade específica de permanecer en Asia, rexión do mundo que non é prioritaria para a cooperación galega, en función do recollido no Plan Director a piques de aprobarse, nin tampouco para a cooperación española.

• O Fondo Galego expresa o seu apoio ás ONGs galegas que tradicionalmente veñen actuando nesa parte do planeta.

• A fin de garantir accións mais coordinadas, suxirese a creación dun mecanismo de resposta ás emerxencias onde poidan participar a Xunta Galicia, a Coordinadora Galega de ONGDs e o Fondo Galego, ofrecendo ó conxunto da sociedade unha única referencia que aglutine os esforzos de todos, evite dispersións, propicie un efecto multiplicador e posibilite unha posterior coordinación con outros actores estatais (AECI, Confederación de Fondos) ou internacionais (gobernos dos países afectados, Nacións Unidas, instancias multilaterais).

 
 
Volver ó sumario
Ratificadas as novas adhesións ao Fondo Galego

Os concellos de Caldas de Reis, Monforte, Carballo, Guitiriz, Cambre, Mos e Ribadavia foron ratificados como membros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que supera xa a barreira dos setenta asociados e representa a máis do sesenta por cento da poboación galega.

 
 
Volver ó sumario
Maior ambición

Con esas dúas palabras podemos resumir o pouso esencial desta Asamblea ordinaria do 21 de xaneiro. Esa maior ambición ven determinada polo previsible auxe doutros actores públicos, Administración do Estado e Administración autonómica, e pola probable implicación neste mesmo exercicio da Administración comunitaria. Esa circunstancia obriga a un exercicio de reflexión en cada entidade asociada sobre o seu compromiso co Fondo e coa cooperación de xeito que sexamos capaces de incrementar os vínculos, tanto no eido asociativo como no económico. Sabido é que a Administración galega está situada no 0,07% dos orzamentos da Comunidade, pero os concellos están moi por detrás desa cifra, e se ben non se considera agora o momento de alentar un incremento das cotas, si o pode ser de incrementar as achegas a través de mecanismos alternativos, convenios, etc. Nesa mesma liña é substancial aumentar a implicación nas actividades de sensibilización a desenvolver durante 2005.

 
 
Volver ó sumario
Sensibilización no local, cooperación no global

Aspiramos a que esa delimitación de espazos se poida consolidar neste ano. A cooperación, para ser eficaz e eficiente, debe priorizar a concentración de recursos, xestionados democraticamente a través de mecanismos que garantan a participación de todos. Así enriqueceremos a calidade da nosa cooperación e aseguraremos un maior control do destino e emprego dos recursos públicos. A sensibilización, pola contra, ten como ámbito preferente de realización o eido local, e a oferta que se poida formular dende o Fondo debe imaxinar dende o seu inicio esa orientación clave.

 
 
Volver ó sumario
Xornadas do PSdeG-PSOE sobre cooperación municipal

Representantes do Fondo Galego e da Coordinadora de ONGDs participaron nas Xornadas sobre cooperación municipal e desenvolvemento que o PSdeG-PSOE celebrou o 15 de xaneiro en Santiago para alentar unha maior implicación dos municipios gobernados por esta forza política nas políticas de cooperación e no Fondo. Representantes de varios concellos destacaron a importancia do Fondo. Emilio Pérez Touriño, candidato desta formación á Presidencia da Xunta de Galicia, comprometeuse a multiplicar por catro os recursos destinados a cooperación na próxima lexislatura.

 
 
Volver ó sumario
Jesús Gamallo co Fondo Galego

O secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, reunirase no próximo mes de febreiro coa Comisión Executiva do Fondo Galego a fin de intercambiar impresións sobre o momento da cooperación en Galicia e reforzar a colaboración existente entre as dúas Administracións.

 
 
Volver ó sumario
Plan de Sensibilización 2005

Información, formación e difusión serán os tres eixes arredor dos que xirará o Plan de Sensibilización 2005, conveniado coa Xunta de Galicia, e que inclúe numerosas iniciativas con propostas de actividades, publicacións e seminarios de formación.

 
 
Volver ó sumario
Aportacións de 2005

A partir de febreiro iniciarase o envío aos asociados da información relativa ás achegas deste 2005, rogando a máxima colaboración no seu abono para non dificultar o funcionamento do Fondo nin retrasar os pagos ás ONGs e contrapartes que están a executar proxectos financiados pola cooperación local galega. Mes a mes, nesta folla informativa, darase conta da evolución nesta materia.

 
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Guitiriz Deputación Deputación
A Coruña Lugo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Mondoñedo O Barco A Estrada
Ames Monforte O Irixo A Guarda
Arteixo Samos Ourense Baiona
As Pontes Sarria Ribadavia Bueu
Bergondo   Vilar de Santos Caldas de Reis
Betanzos     Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Cambre     Mos
Carballo     Nigrán
Carral     O Porriño
Cedeira     O Rosal
Cerceda     Poio
Culleredo     Pontecesures
Fene     Pontevedra
Ferrol     Redondela
Lousame     Rodeiro
Mugardos - - Soutomaior
Narón - - Vigo
Neda     Vilagarcía de Arousa
Noia

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Oleiros
Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 

Números anteriores: ... 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/01/2005
Fernando Pol


Subir