Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 68 - 18 de outubro de 2004
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Fondo Galego reunirá por primeira vez a todos os actores da cooperación galega    
nº 067 - 01/10/2004
nº 066 - 17/08/2004
nº 065 - 12/07/2004
nº 064 - 28/06/2004
nº 063 - 20/05/2004
nº 062 - 10/05/2004
nº 061 - 05/04/2004
nº 060 - 08/03/2004
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
...
Relatorio e conclusións do encontro “Portugal-Galicia: cooperar na cooperación”
Ribadavia no Fondo Galego
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 

 
 
Volver ó sumario
O Fondo Galego reunirá por primeira vez a todos os actores da cooperación galega

O vindeiro 29 de outubro celebraranse en Vigo as primeiras Xornadas Anuais de Cooperación. Co título “Cooperar na Cooperación” vanse reunir os principais actores da cooperación en Galicia para intercambiar puntos de vista sobre a percepción de cada un deles do momento da cooperación na nosa Comunidade. Cun programa ambicioso analizarase a Lei galega de cooperación ao desenvolvemento e O Plan director da cooperación galega. Igualmente, intercambiarase información sobre a situación e perspectivas de cada un dos actores e analizaranse as medidas que poidan contribuír ao fortalecemento conxunto e coordinado da cooperación.

Estas Xornadas, organizadas polo Fondo Galego, contan coa colaboración do Concello de Vigo. E desexo do Fondo instituír espacios de encontro que reúnan a tódolos actores da cooperación en Galicia e nos que periodicamente poidan intercambiar de maneira distendida puntos de vista e formular iniciativas conxuntas que poidan contribuír á configuración dunha cooperación internacional ao desenvolvemento que responda ás necesidades dos beneficiarios e aos intereses de Galicia.

As Xornadas están dirixidas aos profesionais, autoridades políticas autonómicas e municipais con responsabilidades no eido da cooperación internacional, ONGDs, cidadáns interesados nesta materia, responsables de cooperación nas diferentes opcións políticas e sindicais.

Na Xornada participarán como ponentes deputados autonómicos e provinciais, alcaldes e concelleiros, profesores universitarios, técnicos locais, responsables de ONGDs e responsables da xestión da cooperación nos diferentes niveis administrativos. Así mesmo, participará como ponente convidado Pedro Krupenski, presidente da Plataforma de ONGDs de Portugal.

O Fondo Galego é unha asociación de carácter municipalista que agrupa a concellos e deputacións de toda Galicia, unidos pola preocupación común de levar adiante iniciativas de cooperación e solidariedade cos países menos desenvolvidos, e impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ó conxunto da nosa cidadanía.

 
 
Volver ó sumario
Relatorio e conclusións do encontro “Portugal-Galicia: cooperar na cooperación”

1. O encontro celebrado en Oia o 1 de outubro de 2004 entre municipios galegos e cámaras portuguesas para avanzar no coñecemento mutuo da práctica e modalidades da cooperación internacional ao desenvolvemento foi unha iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que contou co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra e a complicidade e interese dun representativo abano do municipalismo das dúas beiras do Miño.

2. Os obxectivos do encontro centráronse no establecemento dunha primeira toma de contacto que permitiu un inicial intercambio de ideas e de experiencias e a identificación de posibles converxencias de cara a explorar liñas comúns de traballo que reforcen as dinámicas do municipalismo solidario cos países do Sur.

3. A pesar das dificultades de calendario e a coincidencia con numerosos eventos de gran proxección, quer no lado galego, quer no lado portugués, o nivel de participación foi o óptimo para que no marco deste encontro puidera verificarse con fluídez o troco de ideas perseguido. Cabe, non obstante, sinalar que, alén dos concellos que forman parte do Fondo Galego, na parte portuguesa existe un amplo e significativo número de cámaras que amosaron o seu interese por coñecer os resultados da reunión.

4. Durante a sesión analizáronse os diferentes puntos de partida en temas como: a extensión e sensibilidade no mundo local a respecto da cooperación ao desenvolvemento; o volume de recursos propios empregados nestas políticas; as áreas xeográficas prioritarias e comúns; os ámbitos sectoriais preferentes; as formas de cooperación: directa, a través das ONGs e o nivel e caracterización das relacións mantidas con estas; a relación entre os irmanamentos e a cooperación; fíxose un repaso ás dificultades máis habituais no traballo cos países do Sur; describíronse as formas e a intensidade dos programas de sensibilización; e, finalmente, foron obxecto de comentario as relacións existentes a este nivel coas respectivas administracións centrais e a UE.

5. Do repaso de todas estas cuestións desprendeuse un evidente nivel de asimetría no desenvolvemento das políticas municipalistas de cooperación internacional, producto de contextos socio-políticos e de traxectoria a este nivel moi dispares. Non obstante, si se advertiu a coincidencia nas políticas impulsadas, quer no ámbito xeográfico (PALOP), quer no sectorial. O Fondo Galego ven concedendo crecente importancia á súa cooperación cos PALOP (Cabo Verde e Mozambique, moi especialmente), mentres que tamén moitas cámaras portuguesas, a través esencialmente das geminaçoes, impulsan proxectos de cooperación.

6. Intercambiouse ampla documentación sobre os procesos de actuación existentes a este nivel, tanto en Galicia como en Portugal.

7. Suxeriuse a importancia de trasladar aos mecanismos de dinamización rexional existentes, nomeadamente o Eixo Atlántico, a preocupación por esta problemática, de xeito que a cooperación pase a formar parte tamén da axenda bilateral.
8. Expresouse o interese por coñecer máis polo miúdo a experiencia do Fondo Galego, e mesmo de dala a coñecer en Portugal máis amplamente. Nese sentido, para próximas convocatorias, suxírese a conveniencia de incluír as comissoes regionais no elenco de convidados, alén de interesar a propia Associaçao Nacional de Municipios de Portugal.

9. Os participantes sinalan que o encontro pode ser un primeiro punto de partida para articular iniciativas conxuntas de cooperación nos PALOP, e que nos permitan acceder ás convocatorias que a este nivel se formalizan desde as institucións comunitarias.

 
 
Volver ó sumario
Ribadavia no Fondo Galego

A Corporación Municipal de Ribadavia deu o seu visto e prace ó ingreso no Fondo Galego. Confiamos en que esta sexa a primeira dunha serie de iniciativas de adhesión que dende hai meses están á espera para incorporar este compromiso nos orzamentos de 2005.

 
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
Ames Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
As Pontes   Ourense Bueu
Bergondo   Ribadavia Cangas
Betanzos   Vilar de Santos Cuntis
Boiro     Gondomar
Brión     Moaña
Cabanas     Mos
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos - - Rodeiro
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 
 

Números anteriores: ... 057 / 056 / 055 / 054 / 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/10/2004
Fernando Pol


Subir