Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infσrmate a Fondo

VolverNúmero 66 - 17 de agosto de 2004
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Fondo Galego non pecha por vacacións    
nº 065 - 12/07/2004
nº 064 - 28/06/2004
nº 063 - 20/05/2004
nº 062 - 10/05/2004
nº 061 - 05/04/2004
nº 060 - 08/03/2004
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
nº 057 - 09/12/2003
nº 056 - 28/11/2003
nº 055 - 11/11/2003
nº 054 - 13/10/2003
...
Xornadas Anuais de Cooperación
Nova exposición: Os obxectivos do Milenio 2000-2015
Abono das cuotas 2004
A inmigración no Fondo
Mapa de socios do Fondo Galego
 

 
 
Volver σ sumario
O Fondo Galego non pecha por vacacións

Queda pouco para rematar o ano pero moito por facer. A tempada de outono-inverno preséntase chea de proxectos e actividades. Queremos culminar este 2004 avanzando nas grandes liñas estratéxicas que nos marcamos a finais do ano pasado.

 
 
Volver σ sumario
Xornadas Anuais de Cooperación

Estamos preparando as Xornadas Anuais de Cooperación que co título “Cooperar na Cooperación” pretende reunir aos principais actores da cooperación en Galicia para intercambiar puntos de vista sobre a percepción de cada un deles do momento da cooperación na nosa Comunidade. Cun programa ambicioso poremos enriba da mesa a Lei galega de cooperación ao desenvolvemento e o Plan director para debater o novo escenario que se nos presenta no eido da cooperación. Queremos intercambiar información sobre a situación e perspectivas de cada un dos actores e analizar medidas que poidan contribuír ao fortalecemento conxunto e coordinado da cooperación.

Estas Xornadas reforzan o noso desexo, varias veces manifestado, de instituír espacios de encontro nos que periodicamente poidamos intercambiar de maneira distendida puntos de vista e formular iniciativas conxuntas que poidan contribuír á configuración dunha cooperación internacional ao desenvolvemento que responda ás necesidades dos beneficiarios e aos intereses de Galicia.

As Xornadas celebraranse o día 28 de outubro en Vigo. Están dirixidas aos profesionais, autoridades políticas autonómicas e municipais con responsabilidades no eido da cooperación internacional, ONGDs, cidadáns interesados nesta materia, responsables de cooperación nas diferentes opcións políticas e sindicais.

 
 
Volver σ sumario
Nova exposición: Os obxectivos do Milenio 2000-2015

A partir de mediados de setembro unha nova exposición iniciará a súa andaina polos concellos e onstitutos de Galicia. Baixo o título “Os obxectivos do Milenio 2000-2015” achegaremos á cidadanía os compromisos que asinaron no ano 2000 os líderes mundiais para levar adiante políticas económicas e sociais que contribúan á reducción da pobreza e polo tanto a un mellor desenvolvemento humano.

En setembro de 2000, durante a celebración do Cumio do Milenio, os países pertencentes a Nacións Unidas adoptaron o seu compromiso para facer un mundo máis pacífico, próspero e xusto. Este avance foi posíbel gracias á aprobación da Declaración do Milenio, un documento no que se reafirmou o carácter universal e intemporal dos principios constitutivos das Nacións Unidas e confían en acadarse para o ano 2015. A Declaración do Milenio cumpre coa responsabilidade de tomar conciencia e sensibilizar aos gobernos e organismos internacionais para a consecución dunha sociedade mundial máis xusta e equitativa.

O Fondo Galego entende que a maior receptividade aos problemas da pobreza, das desigualdades sociais e da solidariedade en tódolos ámbitos, é necesaria para, entre todos, construír un mundo mellor, máis xusto e solidario. Ese cambio empeza nas nosas conciencias. Por iso, o Fondo Galego non pode deixar pasar a ocasión de contribuír a sensibilizar á cidadanía e manter viva esa mirada crítica necesaria para mellorar o mapa mundial.

 
 
Volver σ sumario
Abono das cuotas 2004

Garantir a transferencia das cuotas, por parte daqueles concellos que aínda non o fixeron, é indispensable para resolver con fundamento a convocatoria 2004. Atender os compromisos contraídos por parte do Fondo Galego é un requisito fundamental para o seu bo funcionamento, e isto depende, en grande medida, da normalización das cuotas que nos permiten manter a nosa capacidade de resposta económica necesaria.

 
 
Volver σ sumario
A inmigración no Fondo
A inmigración é un dos temas fundamentais dos nosos días. A comprensión, estudio e análise do fenómeno migratorio son esenciais para poder dar un tratamento correcto ao problema da integración e da convivencia das persoas que pasan a formar parte da nosa sociedade. No cadro ao pé figuran os datos dos concellos socios do Fondo cun índice de inmigrantes máis significativo. No ano 2003, o número de inmigrantes en Galicia con expedientes sen resolver ascendeu a: Ourense, 293; Lugo, 329; A Coruña, 1.825; Pontevedra, 3.188 (Fonte: Delegación do Goberno, Secretaría de Estado para a Inmigración e Emigración).

Mapa inmigración nos concellos do Fondo Galego no 2002
Concellos

Nº total
inmi
grantes

de
Arxen
tina

de
Colom
bia

de
Uru
guai

de
Vene
zuela

de
Portu
gal

de
Brasil

de
Cuba

de
Marro
cos

Vigo

2.221

686

250

248

116

141

109

61

15

A Coruña

1.533

455

140

186

96

29

100

37

17

Santiago

603

231

45

41

45

19

32

9

14

Lugo

389

100

123

21

12

–

10

29

25

Vilagarcía

236

86

35

9

18

–

8

5

–

Oleiros

227

61

47

9

37

–

12

–

–

Ferrol

225

53

31

14

11

–

18

5

–

Arteixo

165

50

19

36

7

5

–

5

15

Ames

148

61

20

–

19

5

6

7

–

Culleredo

145

54

26

9

10

–

4

9

–

Carballo

137

–

–

64

–

–

–

–

–

Baiona

105

55

–

24

–

5

6

–

–

Sada

104

37

12

25

–

–

5

–

–

Betanzos

93

49

16

–

8

–

–

4

–

O Barco

93

–

23

–

–

18

5

3

–

O Porriño

86

–

22

–

–

18

–

–

6

Cambre

75

–

12

14

–

–

–

4

–

Sarria

37

–

13

–

20

–

4

–

–

Gondomar

27

–

–

27

–

–

–

–

–

Moaña

15

–

–

15

–

–

–

–

–

Cangas

12

–

–

–

–

–

4

3

5

A Guarda

10

–

–

–

–

10

–

–

–

Bueu

8

–

–

8

–

–

–

–

–

Mos

8

–

–

–

–

8

–

–

–

Narón

6

–

–

–

–

–

–

6

–

Rianxo

5

–

–

–

–

–

5

–

–

Ourense

3

–

–

–

–

–

–

3

–

Datos facilitados pola Xunta de Galicia, fonte INE.
 
 
Volver σ sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
Ames Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
As Pontes   Ourense Bueu
Bergondo   Vilar de Santos Cangas
Betanzos     Cuntis
Boiro     Gondomar
Brión     Moaña
Cabanas     Mos
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos - - Rodeiro
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 
 

Números anteriores: ... 053 / 052 / 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/08/2004
Fernando Pol


Subir