|
|
|

Número
64 - 28 de xuño de 2004 |
| |
| |
|
O Fondo Galego en Antigua (Guatemala) |
 |
Por cuestións de economía de escala e optimización
dos recursos dispoñibles, así coma pola busca de solucións a problemas comúns ou a
promoción e desenvolvemento das potencialidades conxuntas, o traballo a traveso das distintas formas asociativas
municipais é unha acción que, ben dirixida, pode promover o equilibrio e a cohesión a nivel
territorial así como xerar espacios de discusión, capacitación e participación social
que propicien relacións máis democráticas (participativas e incluíntes) e fortalezan
a institucionalidade no territorio.
A nivel das nacións centroamericanas, en termos xerais, o asociacionismo ten estado ligado e se ten desenvolvido
á sombra dos gobernos centrais, pois as asociacións municipais están supeditadas política
e financeiramente ás autoridades nacionais. Antes da década actual, a presenza das asociacións
nacionais de municipios foi escasa, formal e sen ningunha capacidade de influír nos cambios ou transformacións
requiridas. Sen embargo, existe cada vez máis unha conciencia clara da importancia do rol que deben xogar
as asociacións nacionais de municipios en varios ámbitos concretos: a defensa e promoción
da autonomía dos concellos; a interlocución das municipalidades con outros poderes do Estado, a sociedade
civil e os cooperantes; a asistencia técnica; a capacitación e a información; e o apoio ás
asociacións territoriais de municipios.
A Fundación para o Desenvolvemento Local e o Fortalecemento Municipal e Institucional de Centroamérica
e o Caribe (DEMUCA), aproveitando a súa experiencia en fortalecemento municipal na rexión a traveso
da potenciación do asociativismo municipal, con fondos da Axencia Española de Cooperación
Internacional (AECI), da Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e en coordinación
con asociacións nacionais de municipios de Centroamérica e República Dominicana, realizou
un encontro rexional sobre asociativismo en Antigua (Guatemala) o 10 e 11 de xuño. O encontro está
enmarcado dentro do proxecto “Formación e capacitación para o fortalecemento dos gobernos locais
en Centroamérica e República Dominicana”, que trata de fortalecer a capacidade de proposta dos gobernos
locais e das súas asociacións de municipios a traveso dunha serie de actividades, entre as que cabe
destacar: “Os medios de comunicación e o réxime municipal” ou “Os partidos políticos e a súa
axenda municipal”. A razón de ser deste evento foi o intercambio de experiencias no ámbito do traballo
asociativo.
O proxecto foi aprobado na Convocatoria de 2003 de Proxectos de Cooperación de Desenvolvemento e Solidariedade
do Fondo Galego e está cofinanciado pola Xunta de Galicia, a traveso da Secretaría de Relacións
coa UE e Cooperación Exterior. O presuposto total comprometido para o exercicio 2003 ascendía a 249.424
euros dos que a Xunta aportaba 120.300, o Fondo Galego 26.767 e a achega local ascendía a 102.357. Esta
iniciativa conta cunha segunda fase, cun presuposto de 223.219 euros, dos que 100.000 están comprometidos
pola Xunta, 29.612 polo Fondo Galego e os 93.607 restantes corresponden ó aporte local.
Delegación Galega
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
recibiu unha invitación para participar nunha das actividades integradas no proxecto “Encontro rexional
sobre asociacionismo”, concretada nas persoas de Rosario Figueiras, concelleira de Cultura do Concello de Arteixo,
e María del Mar Gómez, técnica do Fondo Galego. Rosario Figueiras foi a encargada de impartir
unha ponencia explicando o caso asociativo dos consorcios, máis concretamente do único consorcio
que existe na nosa comunidade, o Consorcio das Mariñas. Por outra banda, María del Mar, ademais de
asistir ao seminario, mantivo reunións cos diferentes compoñentes da Fundación DEMUCA para
coñecer o estado do proxecto, ademais de contactar tamén con persoas de diferentes asociacións
centroamericanas implicadas nesta iniciativa.
Valoración da visita. A visita estivo marcada por unha disposición absoluta a colaborar en todo o
que puidese facer máis fluída e sinxela a relación da asociación executora do proxecto
e as entidades colaboradoras. Facilitouse en todo momento o contacto con axentes implicados no proxecto, asociacións,
líderes políticos, membros da Axencia Española de Cooperación Internacional, etc...
Ademais facilitouse ás persoas enviadas abundante documentación relacionada coa labor asociativa
no territorio centroamericano, e se lles transmitiu o desexo de recibir iniciativas da comunidade galega neste
sentido. É importante destacar a curiosidade e admiración que a gran maioría dos asistentes
demostrou no caso da exposición da experiencia do Consorcio das Mariñas, solicitando todo tipo de
información o respecto. |
| |
| |
Sensibilización |
 |
| O Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto
faite solidario/a” xa ten gañadoras. O pasado 31 de maio reuniuse no Pazo de Raxoi, o xurado do Concurso
composto por: Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Real Academia Galega), Agustín Fernández
Paz (Consello da Cultura Galega), Miguel Anxo Fernán-Vello (Asociación de Escritores en Lingua Galega),
Xerardo Roca (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Fabiola Sotelo Blanco (Asociación Galega
de Editores), Adelaida Negreira Ribeiro (Fondo Galego), e Xulio Ríos (Instituto Galego de Análise
e Documentación Internacional), que actuou en calidade de secretario do xurado, con voz pero sen voto. Trala
deliberación acordou outorgarlle por unanimidade o premio a Vanesa Balboa Salomón, do IES de Poio
(Pontevedra), polo texto “O meu anxo”, e estableceu as seguintes finalistas: Miriam Couso Pérez, do IES
de Poio (Pontevedra), polo texto: “A crúa vida muller no día a día” e Nerea Millos Barreiro,
do IES de Teis (Vigo), polo texto: “Carta desde o cárcere”. No fallo se tivo en conta a calidade literaria
do texto, a riqueza expresiva, a madurez da reflexión, e o compromiso coa denuncia e reclamación
da fin da violencia como premisa para o exercicio da solidariedade. |
| |
| |
Exposicións |
 |
“A Paz cuestión de Fondo, contra o racismo, a violencia
e a pobreza”, continua a súa andaina polos concellos de Galicia. A ollada crítica de trinta e dous
debuxantes da xeografía mundial, sobre a situación de discriminación, pobreza e racismo que
asola o mundo, permitiunos, nesta ocasión, achegarnos aos rapaces do IES do Concello de O Rosal e conxuntamente
reflexionar sobre o significado e contido das historias desta exposición, cargada de escenas que reflicten
e evidencian, en moitos casos, a nosa propia realidade. “A Paz cuestión de Fondo” é un pretexto inmellorable
para facernos pensar sobre os prexuízos que non nos deixan recoñecer positivamente a pluralidade
e que nos levan a construír un mundo inxusto.Esta exposición se inscribe no desexo do Fondo de habilitar
formulas para achegarnos a comunidade educativa, motor de futuro e un dos espacios de transformación social
máis importante.
Pola súa banda “O Eterno Feminino” está varada en Mondoñedo, pero pronto camiñará
cara a terras de Bueu, onde confiamos que a acollida sexa tan boa como ten sido ata agora noutros concellos do
Fondo. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entende que o desenvolvemento sostible non é
posible nun contexto de desigualdade. O protagonismo da muller na construcción do mundo ten que ser unha
realidade. As dezaoito mulleres de “O Eterno Feminino” son testemuñas deste desexo e loita, son mulleres
que día a a día tentan reconquistar espacios que nunca deberon perder e que son necesarios para medrar
con dignidade, nun mundo libre, que pretende ser xusto e solidario. Esta exposición continua a súa
viaxe por Galicia contribuíndo a evidenciar as carencias e ao mesmo tempo a resistencia das mulleres deste
mundo fráxil e plural que semella, as veces, ir sen rumbo. |
| |
| |
A rede municipalista |
 |
| Durante os meses de maio e xuño retomáronse as reunións
da Rede Municipalista Solidaria con 6 encontros celebrados en Redondela, Poio, Boiro, Cambre, Pontedeume e Ribadavia
(concello, aínda non socio, ó que lle agradecemos a súa inestimable colaboración).
Estas xuntanzas serviron para dar conta da actualidade do Fondo: actividades, estado das exposicións...
A valoración das mesmas é cada vez máis positiva, cunha maior implicación das persoas
conectadas, e cun maior interese polas cuestións da cooperación. De feito, proximamente terá
lugar en Fene un seminario sobre a cooperación en Galicia, que xurdiu froito da inquedanza de algúns
dos representantes dos concellos socios por ampliar os seus coñecementos sobre o tema. |
| |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| Ames |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
|
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Betanzos |
|
|
Cuntis |
| Boiro |
|
|
Gondomar |
| Brión |
|
|
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Mos |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Rodeiro |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/07/2004
Fernando Pol
|
|