Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infσrmate a Fondo

VolverNúmero 63 - 20 de maio de 2004
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Proposta de Resolución da Convocatoria de Proxectos 2004    
nº 062 - 10/05/2004
nº 061 - 05/04/2004
nº 060 - 08/03/2004
nº 059 - 09/02/2004
nº 058 - 15/01/2004
nº 057 - 09/12/2003
nº 056 - 28/11/2003
nº 055 - 11/11/2003
nº 054 - 13/10/2003
nº 053 - 15/09/2003
nº 052 - 14/07/2003
...
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 
 
 

Volver σ sumario
Proposta de Resolución da Convocatoria de Proxectos 2004

A Asemblea Xeral de socios celebrada o 14 de maio de 2004 en Santiago de Compostela prestou a súa aprobación á seguinte proposta de Resolución da Convocatoria de Proxectos.

Presentáronse a esta convocatoria un total de 49 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Norteamérica (1), Centroamérica (11), Caribe (6), Sudamérica (20), África (7), Asia (1), Europa (1), sen especificar área (2). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron representantes dos concellos de Vigo, Baiona, Arteixo, Culleredo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo, tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.


Proxectos:


1. Proxecto: Mellora das condicións de vida dos habitantes dos campamentos de Oughlan, Tasseft, Tizgnane, Quedan e El Koub.

ONG: ADEMEN (Asociación para o desenvolvemento e o desenrolo nas montañas do norte).
País: Marrocos.
Presuposto: 31.003,10 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 24.000 €.
Aportación local: 7.003,01 €.
Resume: Construcción dunha ponte que facilite o desprazamento dos habitantes cara a cidade para poder ter acceso a un mellor mercado laboral e evitar así as actividades ilícitas, ter mellor acceso á sanidade, alimentación, escolarización, e servicios en xeral.


2. Proxecto: Bicicletas para promotores comunitarios do Departamento de Cochabamba.

ONG: Bicis pola Paz.
País: Bolivia.
Presuposto: 5.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 1.800 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 1.800 €.
Aportación da ONG: 3.200 €.
Resume: Coa doazón de 88 bicicletas pretende que tanto promotores coma estudiantes poidan realizar o seu traballo de xeito máis rápido e extenso.


3. Proxecto: Proxecto de alfabetización, formación, promoción e elevación da poboación feminina rural na comunidade de Yamparáez (Bolivia) a traveso da ampliación da residencia educativa.

ONG: Seminario Galego de Educación para a Paz.
País: Bolivia.
Presuposto: 44.230 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 33.030 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 33.030 €.
Aportación da ONG: 3.800 €.
Aportación local: 3.000 €.
Aportación contraparte: 4.400 €.
Resume: Este proxecto trata de alfabetizar e formar a máis de 100 mozas de entre 12 e 19 anos, a traveso da ampliación do centro educativo, para poder así dar acollida interna ás rapazas con maiores dificultades para poder acceder á educación.


4. Proxecto: Axuda á formación laboral e educación medioambiental en Cabo Verde.

ONG: Asociación Sociocultural Atamán.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 39.964 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 36.964 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 36.964 €.
Aportación da ONG: 3.000 €.
Resume: Mellora das condicións de vida dos caboverdianos da illa de Santo Antao a traveso de diversos cursos e actividades destinados a conseguir a capacitación necesaria para poder desenvolver os traballos que están a xurdir coa modernización, ademais de tratar o tema crucial e moi descoidado da zona que é o do medio ambiente.


5. Proxecto: Dotación de medios de transporte ás organizacións campesiñas do MST de Piauí.

ONG: Amarante.
País: Brasil.
Presuposto: 6.758 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 5.025 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 5.025 €.
Aportación da ONG: 1.733 €.
Resume: Acrecentar a capacidade institucional, organizativa e loxística do Movemento dos Traballadores Rurais Sem Terra do Estado de Piauí, mellorando a atención de servicios básicos educativos e sanitarios, facilitando a extensión da organización a traveso da dotación de motos que lles permitan unha mobilidade fluída á hora de atender ás necesidades locais.


6. Proxecto: Cooperativa rural de depósito e distribución de alimentos e outros artigos de uso habitual.

ONG: Asociación para la Solidaridad.
País: Cote d’Ivoire.
Presuposto: 14.516,10 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 14.516,10 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 14.516,10 €.
Resume: Construcción dun edificio que sirva de almacén de mercancías e dúas pequenas casas que sirvan de tendas para vender in situ os productos que distribuirán, e consolidación dunha cooperativa. Promoción do desenvolvemento.


7. Proxecto: Instalación de latrinas na comunidade campesiña de José Olaya.

ONG: INTI.
País: Perú.
Presuposto: 4.574,70 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.574,70 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.574,70 €.
Aportación ONG: 1.000 €.
Resume: Mellorar as condicións de saúde das familias campesiñas da comunidade de José Olaya, así como conseguir unha diminución da contaminación ambiental da comunidade, reducindo o número de enfermidades infecto contaxiosas.


8. Proxecto: Empoderamento mulleres cabeza de familia.

ONG: Implicadas no desenvolvemento.
País: Etiopía.
Presuposto: 4.155 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 3.295 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 3.295 €.
Aportación ONG: 860 €.
Resume: O obxectivo deste proxecto é o de empoderar ás mulleres para que poidan saír da súa situación de crise e precariedade, e polo tanto crear un ambiente familiar e social no que as nenas poidan cubrir as súas necesidades básicas e onde se poidan respectar os seus dereitos.


9. Proxecto: Proxecto productivo de pesca artesanal para a desmobilización dos cortadores de Mangle no Estero Real e Golfo Fonseca.

ONG: Amigos de la Tierra. Centro Iris de Medioambiente.
País: Nicaragua.
Presuposto: 54.004,32 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.444,21 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.444,21 €.
Resume: Contribuír ó proceso de desmobilización dos cortadores de mangle cara actividades productivas rendibles e respectuosas co medio ambiente, reducir a vulnerabilidade social e ambiental do Estero Real, a traveso do uso e manexo racional dos recursos naturais.


Importe total da convocatoria pechada a 31 de marzo de 2004: 146.649,01 €.


Igualmente, debemos ter en conta os seguintes compromisos de cooperación directa:


10. Proxecto: Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba.

Contraparte: Municipalidade de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 120.070 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 24.040,48 €.
Cantidade a aportar polo Fondo: 24.040,48 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Observación: Iniciado en 2001.


11. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos gobernos locais e as súas formas asociativas.

Contraparte: Fundación DEMUCA.
País: Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá.
Presuposto para este exercicio: 100.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 29.612 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 29.612 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida. Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita entre servicios públicos e cidadanía.
Observación: Iniciado en 2003.


12. Proxecto: Adquisición de equipamento para saneamento básico.

Contraparte: Cámara Municipal de San Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 73.000 €.
Cantidade solicitada ó Fondo: 23.000 €.
Cantidade aportada polo Fondo: 23.000 €.
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Aportar ós servicios de saneamento, máis concretamente, de desobstrucción de desaugues, un camión adaptado para este tipo de traballos, tratando así de evitar a aparición de perdas residuais que poñen en perigo tanto a saúde coma o ambiente da zona.


Presuposto total a aportar polo Fondo na convocatoria aberta: 223.301,49 €.


Santiago de Compostela, 14 de maio de 2004.

 
 
Volver σ sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
Ames Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
As Pontes   Ourense Bueu
Bergondo   Vilar de Santos Cangas
Betanzos     Cuntis
Boiro     Gondomar
Brión     Moaña
Cabanas     Mos
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol     Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos - - Rodeiro
Narón     Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Sada
Santiago
 
 
 
 

Números anteriores: ... 051 / 050 / 049 / 048 / 047 / 046 / 045 / 044 / 043 / 042 / 041 / 040 / 039 / 038 / 037 / 036 / 035 / 034 / 033 / 032 / 031 / 030 / 029 / 028 / 027 / 026 / 025 / 024 / 023 / 022 / 021 / 020 / 019 / 018 / 017 / 016 / 015 / 014 / 013 / 012 / 011 / 010 / 009 / 008 / 007 / 006 / 005 / 004 / 003 / 002 / 001
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/05/2004
Fernando Pol


Subir