|
|
|

Número
62 - 10 de maio de 2004 |
| |
| |
|
O Fondo Galego adapta os Estatutos á nova
normativa legal |
 |
|
Será ese o cometido principal da Asemblea extraordinaria
que celebrará o Fondo Galego o próximo 14 de maio. Trátase de que antes do 26 de maio, data
límite, os novos Estatutos, que deben recoller as previsións contempladas na Lei Orgánica
1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, se inscriban no correspondente rexistro. A
adaptación implica a modificación dalgúns artigos referidos esencialmente a aspectos como:
a definición das actividades a través das cales o Fondo pretende acadar os seus obxectivos (art 3)
; a actualización do domicilio social, dado que nos estatutos aínda vixentes figura a anterior sede
da Fegamp; a flexibilización da validez das Asembleas de xeito que se garanta a adopción de decisións
fortalecendo a participación pero sen que as deficiencias desta impidan o funcionamento normal (art 13);
unha referencia ao proceso de elección da Comisión Executiva (art 18) contemplando a posibilidade
natural de que concorran varias listas; a previsión de reunións mensuais da Comisión Executiva
(art 20); a posibilidade de realizar operacións de tesourería (art 26) previo acordo da Comisión
Executiva; unha maior precisión do réxime económico e da documentación social (art
34 a 40); e unha mellor definición das causas de disolución (art 41). Ademais, o Capítulo
III foi obxecto dunha reordenación, de xeito que poida entenderse mellor o réxime dos socios titulares,
colaboradores e protectores.
|
| |
Resolución da convocatoria de Proxectos
de 2004 |
 |
|
Previamente á Asemblea extraordinaria, os asociados están
convocados a unha Asemblea ordinaria na que deberán pronunciarse sobre a proposta de resolución da
convocatoria de proxectos de 2004. O documento foi analizado pola Comisión Executiva na xuntanza celebrada
o 7 de maio e ven a respaldar a proposta formulada pola Ponencia Técnica que avaliou todos os proxectos
presentados, un total de 49. Na Ponencia participaron representantes da Deputación de Pontevedra e dos concellos
de Culleredo, Arteixo, Vigo, Baiona, e da propia Secretaría do Fondo.
Toda a documentación dos proxectos, seleccionados e non
seleccionados, e dos baremos aplicados a cada un deles, está a disposición na Secretaría.
Nos criterios barallados pola Ponencia destácase a contía, estimando a súa accesibilidade
en función dos recursos orzamentarios de que dispoñemos, e en canto ao contido dos proxectos, priorizáronse
tres áreas: en primeiro lugar, os que incidan na transformación das condicións materiais de
existencia das comunidades para favorecer o seu maior benestar; as cuestións de xénero, en segundo
lugar; e por último, a formación. En canto aos promotores dos proxectos, se prestou especial atención
á necesidade de afortalar o tecido asociativo existente en Galicia.
A proposta inicial e que será sometida á Asemblea
ronda os 146.000 euros, cantidade á que deberán sumarse outras previsións relativas aos compromisos
de cooperación directa, ben sexa continuadores de anteriores actuacións ou que deberán iniciarse
no presente exercicio. Resolvendo en Asemblea esta convocatoria, todos os asociados teñen a posibilidade
de participar directamente nunha das decisións fundamentais do Fondo e que da sentido a todo o proxecto:
a asignación de recursos públicos a accións transformadoras da realidade existente nas comunidades
do Sur.
|
| |
A sensibilización vai collendo cada vez
máis pulo |
 |
|
A celebración de Xornadas provinciais –a última
a de A Coruña– e a posta en marcha de novas exposicións, como a denominada “A paz, cuestión
de Fondo”, están a remover as sensibilidades do mundo local coa cooperación ao desenvolvemento. Numerosos
concellos están a amosar un interese crecente por presentar estas iniciativas, dinamizadas pola Rede Municipalista
Solidaria que iniciará a segunda ronda de contactos o próximo día 12 de maio en Redondela.
|
| |
Mos no Fondo Galego |
 |
|
O Concello de Mos, na provincia de Pontevedra, ven de decidir
a súa incorporación ao Fondo Galego, por unanimidade de todos os membros que compoñen a Corporación
Municipal.
|
| |
Reunión da Confederación de Fondos |
 |
|
Será en Bilbao o próximo 17 de maio e nela será
relevado Joan Aguado, actual presidente, completando así todo o proceso de renovación das estructuras
dos Fondos a resultas das eleccións municipais.
|
| |
Seminario Galicia-Portugal |
 |
|
O encontro entre municipios galegos e portugueses para analizar
as políticas públicas de cooperación ao desenvolvemento e concretar mecanismos de colaboración,
con vistas a formular proxectos conxuntos na África de expresión portuguesa que poidan acadar financiamento
comunitario, será o obxecto do encontro de traballo que se vai celebrar o próximo 21 de maio en Baiona.
Dado que existe un gran descoñecemento mutuo neste sentido,
agárdase un alto nivel de participación. Representantes da Cámara Municipal de Porto adiantaron
a súa intención de presentar o seu Plan Estratéxico de Cooperación Internacional, recentemente
elaborado. Esta iniciativa conta co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.
|
| |
Desenvolvemento da Lei galega de cooperación |
 |
|
A Secretaría Xeral de Relacións coa Unión
Europea e Cooperación Exterior remitiunos o borrador de Decreto polo que se regulan os órganos de
coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e créase o Rexistro
galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento.
A Comisión Executiva do Fondo Galego, reunida o 7 de
maio de 2004, valorou en conxunto moi positivamente o texto remitido pola Xunta de Galicia. Non obstante, acordou
trasladar algunhas suxestións concretas que aspiran a mellorar as súas previsións, insistindo
na necesidade de alargar a representatividade dalgúns dos actores recoñecidos e outras matizacións
de índole menor. O Fondo Galego ten garantida, por lei, a presencia na Comisión Interterritorial,
que reúne a representantes da Administración autonómica e local, e no Consello Galego de Cooperación
ao Desenvolvemento, sendo o único actor, ademais da propia Xunta de Galicia, que participa en ambos órganos,
fundamentais para a xestión da cooperación na nosa Comunidade.
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| Ames |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
|
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Betanzos |
|
|
Cuntis |
| Boiro |
|
|
Gondomar |
| Brión |
|
|
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Mos |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
|
|
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
- |
- |
Rodeiro |
| Narón |
|
|
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2004
Fernando Pol
|
|