|
|
|

Número
60 - 8 de marzo de 2004 |
| |
| |
|
A cooperación galega disporá dun
Plan Director |
 |
|
Nun encontro mantido en Santiago a instancias da Xunta de Galicia,
foi presentado un avance do Plan Director da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, un documento
substancial que resume nun diagnóstico a situación da cooperación en Galicia, e define os
eixes estratéxicos básicos para dotar de coherencia as actuacións a desenvolver nos próximos
anos. Na xuntanza, na que participaron polo Fondo Galego, Alfredo Novoa e Xulio Ríos, se intercambiaron
ideas diversas que evidenciaron tanto o desexo de enriquecer a proposta inicial como a actitude claramente receptiva
da Administración galega para integrar as opinións dos actores básicos da cooperación.
Despois de ser sometido a análise por parte dos diferentes estamentos da Administración autónoma
e previa consulta cos actores, será remitido ao Parlamento de Galicia para o seu debate e aprobación.
|
| |
Adhesións |
 |
|
Guitiriz, Cambre e Carballo, pasaron a engrosar a listaxe de
novos asociados do Fondo Galego. Outros tantos poderán facelo nas próximas semanas. Na actualidade,
o Fondo, cos seus máis de sesenta asociados, representa ao 58 por cento da poboación galega.
|
| |
Xornadas de cooperación |
 |
|
Para divulgar e dar a coñecer a naturaleza e actividades
do Fondo Galego, se programaron para o primeiro semestre de 2004 dúas Xornadas Provinciais de Cooperación
que se desenvolverán en Pontevedra (1 de abril) e en A Coruña (30 de abril). En ambos os dous casos,
os obxectivos son:
• Informar das posibilidades de establecer liñas de cooperación
e solidariedade dende os Concellos, calquera que sexa o seu tamaño ou capacidade económica.
• Intercambiar impresións sobre as experiencias desenvolvidas
en Galicia e noutras Administracións, procurando extraer aquelas conclusións máis acaídas
para incrementar a sensibilidade solidaria.
• Presentar ós asistentes o Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade.
Entre os destinatarios cabe destacar: alcaldes, concelleiros
de Benestar Social e ou Cooperación, asistentes sociais, técnicos municipais con responsabilidade
nesta área, concelleiros de todos os grupos políticos presentes nas Corporacións locais.
As Xornadas, que contan co apoio financeiro e organizativo das
respectivas Deputacións provincias, deben marcar un novo impulso para o reforzamento da base asociativa
do Fondo nas respectivas demarcacións provinciais, especialmente entre os Concellos medianos que aínda
están por integrarse no Fondo Galego.
|
| |
Concurso de redacción |
 |
|
É outra actividade que xa está en marcha. A todos
os centros de ensino secundario de Galicia, públicos e privados, debeu chegar un cartel e unha folla informativa,
animando aos estudiantes a participar nesta iniciativa que pretende sensibilizar aos mozos e mozas sobre a importancia
da solidariedade internacional e sentar as primeiras bases dun traballo sostido coa comunidade educativa que no
inmediato futuro podería concretarse noutras actuacións.
|
| |
O eterno feminino |
 |
|
Coas magníficas fotografías de Xosé Abad,
esta exposición iniciou o seu percorrido polos Concellos asociados, acompañada dun cartel informativo
e unha octavilla que incorpora as impresións de Margarita Ledo Andión, María Xosé Queizán
e Teresa Barro. Trátase dunha concreción máis da oferta solidaria e sensibilizadora do Fondo
que debe xestionarse desde a Rede Municipal Solidaria que conseguimos reunir nas últimas semanas.
|
| |
Actividades de sensibilización |
 |
|
Entre os proxectos inmediatos figura a elaboración dunha
nova exposición, de viñetas de autores de diferentes países, comprometidos na loita contra
a pobreza, o racismo e coa defensa dos dereitos humanos. Ademais, estase a preparar a Memoria de Actividades de
2002-2003, un novo Caderno de preguntas e respostas relativo aos proxectos que o Fondo ven financiando (como, por
qué, para qué, con quen, en que ámbitos, en que países, etc). Por outra banda, preparouse
unha nova edición actualizada do tríptico informativo do Fondo Galego, que pode contribuír
a facilitar o coñecemento sobre a nosa entidade. A xustificación deste impulso sensibilizador radica
nos seguintes elementos:
1) En primeiro lugar, a solidariedade e a cooperación
están cada día máis presentes na conducta social e na acción dos poderes públicos.
A cidadanía participa de xeito activo neste fenómeno, comprometéndose coa procura de sociedades
máis dignas e xustas.
2) En segundo lugar, as administracións locais e provinciais
non poden nin deben obviar esta tendencia, e mesmo cómpre unha aposta por compartir e liderar uns impulsos
aínda excepcionais e que, pola contra, deben formar parte dunha normalidade sostida e permanente que contribúa
á configuración dunha sociedade máis solidaria.
3) En terceiro lugar, non son desexables respostas individuais
e individualizadas senón cooperativas. Os poderes públicos deben dar exemplo, fomentando a cooperación
interadministrativa e asentando aqueles instrumentos que permiten o desenvolvemento dunha acción máis
eficaz.
Por último, a cooperación e a solidariedade constitúen
un lugar de encontro posible para todas as sensibilidades políticas e partidarias. Así quedou demostrado
recentemente coa aprobación unánime da Lei galega de cooperación internacional ao desenvolvemento
e máis aínda a través do propio exemplo do Fondo Galego que dende 1997 promove a solidariedade
municipalista nun marco de respecto e de entendemento admirable. Esas son as ideas que queremos sementar e transmitir
para que a cooperación municipalista en Galicia gañe amplitude, calidade e transcendencia alá
onde se necesita.
|
| |
Solidariedade con Marrocos |
 |
|
“Ante a catástrofe provocada polo terremoto que sacudiu
o norte de Marrocos, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, como entidade asociativa do municipalismo
galego, pon os seus medios a disposición de todos os Concellos e Deputacións para canalizar a axuda
directa ós damnificados, a través da conta de emerxencias (Galicia Fene: 2091.0209.10.3040019000)”.
Así rezaba o comunicado emitido polo Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade dirixido ao conxunto das Corporacións locais e provinciais de Galicia,
para impulsar a coordinación humanitaria local na nosa Comunidade Autónoma coas víctimas da
traxedia que está a asolar este país norteafricano.
O Fondo alentou ás Corporacións locais e provinciais
para que canalicen as axudas propias, dos seus corporativos, dos seus funcionarios e dos seus traballadores, a
traveso desta conta. Deste xeito evitamos a improvisación e a dispersión de recursos, facilitaremos
a entrega directa e máis rápida, melloraremos a súa xestión e reforzaremos o Fondo
como instrumento de referencia na vida municipal para impulsar as accións de solidariedade.
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| Ames |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
|
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Betanzos |
|
|
Cuntis |
| Boiro |
|
|
Gondomar |
| Brión |
|
|
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
- |
- |
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2004
Fernando Pol
|
|