|
|
|

Número
59 - 9 de febreiro de 2004 |
| |
| |
|
Enredados coa Solidariedade |
 |
|
Baiona acolleu a primeira reunión da Rede Municipalista
Solidaria da Área Metropolitana de Vigo, integrada por unha ducia de concellos que desenvolven políticas
de cooperación ó desenvolvemento nos países do Sur e son asociados do Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade. Ao acto de constitución desta Rede asistiu a responsable de Sensibilización e Formación
do Fondo Galego, Aurora Carbajal.
Despois de Baiona, os concellos de Pontevedra, A Pobra do Caramiñal,
Culleredo, Fene, Lugo e Ourense, son as citas territoriais nas que os funcionarios designados de cada unha das
entidades asociadas ao Fondo Galego se informaron dos pormenores de funcionamento e obxectivos que pretende acadar
a Rede Municipal Solidaria.
Igualmente, no decurso destas xuntanzas se informou da oferta
que o Fondo pon a disposición de todos os concellos para planificar e desenvolver actividades locais de
sensibilización.
Ademais da oferta xenérica, se insistiu na importancia
de que a sensibilización teña en conta as singularidades de cada situación e por iso interesa
especialmente que a Rede sexa un instrumento real que facilite a comunicación entre os asociados e a Secretaría
do Fondo, sobre quen recae a responsabilidade de deseñar alternativas a esas situacións e que deben
contribuír a que a cidadanía tome conciencia e coñecemento do que se está a facer neste
eido, un capítulo cada vez máis presente na acción municipal, tamén en Galicia.
Ao longo dos últimos anos, o Fondo Galego elaborou diversa
documentación e dispón de varios medios que poden ser utilizados polos diferentes Concellos para
impulsar actividades de sensibilización. Este colectivo de persoas porán en común as súas
experiencias, propoñendo, en función da súa propia realidade social, aquelas actuacións
que poidan resultar de maior interese en función das súas circunstancias concretas (irmanamentos,
inmigración, traxectoria solidaria, presencia de ONGDs locais, etc).
Todo o programa conta co apoio da Secretaría Xeral de
Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
|
| |
Fegamp e Fondo Galego, por un impulso da cooperación |
 |
|
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade apostaron recentemente por un renovado impulso da cooperación
municipalista.
Nun encontro mantido entre os responsables da Fegamp, José
Crespo, e do Fondo Galego, Alfredo Novoa, ambos coincidiron en sinalar a importancia de dar un novo impulso ás
actuais políticas de cooperación municipal en Galicia cos países do Sur.
José Crespo, comprometeu o firme apoio da Fegamp a ese
proceso e mesmo un maior respaldo para afirmar este eixe da actuación pública cada vez máis
importante.
Segundo Alfredo Novoa, o encontro serviu para aproximar posicións
nesta nova etapa, buscando unha converxencia necesaria de actitudes para que o considerable avance da cooperación
municipalista, arredor do Fondo Galego, dos últimos anos, poida consolidarse e medrar con parámetros
de maior calidade.
A coincidencia da recente aprobación da lei galega de
cooperación e o inicio dunha nova etapa na Fegamp, aseguran ambos os dous, son factores que poden favorecer
un avance cualitativo neste eido.
Ao encontro asistiron tamén, por parte da Fegamp, o seu
vicepresidente, Manuel Lagares, e por parte do Fondo Galego, Aurora Carbajal, concelleira de Nigrán, e Xulio
Ríos, secretario da entidade.
|
| |
Deputación de A Coruña e Concello
de Vigo: máis Fondo |
 |
|
A deputada Margarida Vázquez Veras asegurou a unha representación
do Fondo a súa aspiración a afortalar a cooperación da Deputación de A Coruña
co Fondo Galego e prestar todo o seu apoio para fomentar a adhesión dos concellos da provincia. No Pazo
de Mariñán se celebrarán no mes de abril unhas xornadas de sensibilización, semellantes
ás que se promoverán en Pontevedra un mes antes.
Por outra banda, Corina Porro, alcaldesa de Vigo, nunha entrevista
mantida co secretario do Fondo, Xulio Ríos, amosou a súa total disposición para perseverar
e reforzar a colaboración da cidade olívica co Fondo Galego.
|
| |
Plan Director de Cooperación ao Desenvolvemento |
 |
|
En breve será presentado aos actores da cooperación
este documento, peza clave no deseño da estratexia a seguir por Galicia. A iniciativa redactora corresponde
á Xunta de Galicia e debe ser obxecto de aprobación no Parlamento. O Plan Director pode permitir
o establecemento de liñas de traballo compartidas por parte de todos os actores e sentar as bases non soamente
para mellorar a calidade da nosa cooperación senón tamén ese impulso que precisa. A elaboración
do Plan Director é unha das primeiras consecuencias positivas da aprobación da Lei galega de cooperación
ao desenvolvemento.
|
| |
Visita de Mónica Baltodano e Unicef-Galicia |
 |
|
A presidenta da fundación nicaraguense Popol Na, foi
recibida polo presidente do Fondo Galego, Alfredo Novoa, e a responable de proxectos, Marta Iglesias. Ademais de
presentar a situación xeral de Nicaragua e das iniciativas que promove a súa Fundación, unha
das institucións non gobernamentais municipalistas mais importantes do país centroamericano, se estudiaron
mecanismos posibles de cooperación futura. Mónica Baltodano, ex ministra de asuntos municipais de
Nicaragua, participou en Fene nunha conferencia pública que foi seguida con enorme interese polo numeroso
público asistente. Foi presentada por Xosé María Permui.
Por outra banda, unha delegación de Unicef-Galicia, presidida
polo seu coordinador autonómico de programas, Mikel Urquiola, visitou a Secretaría do Fondo Galego
para dar conta das súas iniciativas e analizar as posibilidades de presentar propostas de proxectos a financiar
polo Fondo Galego.
|
| |
Máis adhesións |
 |
|
Cambre, Abegondo, Carballo, Ribadavia, Mos, Ribadeo, Monforte,
Viveiro, figuran entre os concellos que estudian adherirse ao Fondo nas próximas semanas, decisións
das que iremos dando conta neste Boletín informativo.
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| Ames |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
|
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Betanzos |
|
|
Cuntis |
| Boiro |
|
|
Gondomar |
| Brión |
|
|
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
- |
- |
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2004
Fernando Pol
|
|