Bases da Convocatoria de Proxectos para 2004 |
 |
|
Na xuntanza que a Comisión Executiva celebrou o 9 de
xaneiro, foron aprobadas as Bases da Convocatoria de Proxectos para 2004. Previamente, nunha xuntanza coas ONGDs,
no marco do Consello Municipalista da Cooperación, foron debatidas e analizadas as diferentes propostas
de modificación. Poucas son as novidades. As principais afectan á necesidade de recoller mellor o
empeño nas accións contra a discriminación por razón de xénero, e a que esixe
como requisito das entidades beneficiarias que conten cunha presencia real en Galicia. Todas as propostas das ONGDs
foron recollidas no documento final.
Ábrese agora un prazo ata o 31 de marzo para que se poidan
presentar os correspondentes proxectos na Secretaría do Fondo. Interesa que a nivel local se lle dea o máximo
de difusión a esta convocatoria.
|
| |
O Fondo, coa Confederación, en Córdoba
e Barcelona |
 |
|
Nidia Álvarez, vicepresidenta do Fondo, encabezou a representación
galega na xuntanza que a Confederación de Fondos celebrou en Córdoba no pasado mes de decembro. No
marco dese encontro se presentou a rede europea de municipios solidarios con Palestina e pola Paz en Oriente Medio,
coa participación de Delphine Crevolá, responsable da área mediterránea de Cites Unies,
de Francia. Igualmente se informou do proceso de renovación das directivas de todos os Fondos, nove na actualidade;
dos avances rexistrados para obter un maior recoñecemento por parte da Unión Europea da realidade
da cooperación descentralizada, e da posta en marcha do Observatorio da Cooperación Descentralizada.
O pasado día 12, en Barcelona, os equipos técnicos dos Fondos se reuniron para avanzar nos detalles
dos acordos adoptados en Córdoba e preparar a Asemblea xeral da Confederación que se reunirá
en Bilbao no próximo mes de febreiro.
|
| |
Observatorio da Cooperación Descentralizada |
 |
|
Trátase de impulsar a creación dun espacio en
Internet que dea conta da rica e plural realidade da cooperación municipalista. Estructurarase arredor de
tres eixes: normativa, documentación e datos. Dende hai semanas se está introducindo numerosa información,
especialmente no primeiro ámbito, onde podemos atopar lexislación tanto española como comunitaria.
Tamén o espacio de documentación recolle as aportacións analíticas que se suxiren dende
os Fondos. O espacio de datos é esencial para dar conta do volume cuantitativo do compromiso local coa cooperación.
Dada a dispersión de entidades resulta especialmente
laborioso recoller esta información e por iso se precisa a colaboración de todos e todas. Dende a
Secretaría do Fondo se está enviando ás entidades asociadas un pequeno formulario para obter
os sinais básicos que logo serán tratados e incorporados á web. Agradécese toda a colaboración
que se poida prestar. A Secretaría aclarará todas as dúbidas que poidan xurdir.
|
| |
A Fegamp revalida o seu compromiso coa cooperación |
 |
|
Na Asemblea xeral que a Fegamp celebrou en Santiago o 4 de decembro,
revalidouse o compromiso coa cooperación e a solidariedade internacional, explicitando o seu apoio expreso
a fórmulas como a representada polo Fondo Galego como mecanismo idóneo para vertebrala e impulsala
na nosa Comunidade. Nas próximas semanas, os presidentes da Fegamp e do Fondo Galego atoparanse para evidenciar
ese marco de entendemento que tantos froitos positivos está a dar.
|
| |
O Parlamento europeo coa cooperación municipal |
 |
|
O pasado 18 de decembro, o Parlamento europeo aprobou unha resolución
lexislativa sobre a proposta do Regulamento da cooperación descentralizada que incorpora como actor da cooperación
aos Fondos, facendo posible e indiscutible que se poidan beneficiar das axudas financeiras da Unión Europea.
Unha vez que a Comisión Europea dea o seu visto e prace e se publique no Diario Oficial, entrará
en vigor. Esta aprobación é froito do proxecto de incidencia na UE, que a Confederación de
Fondos puxo en marcha hai un ano a fin de obter unha maior visibilidade da cooperación local e acadar un
recoñecemento adecuado a todos os niveis.
|
| |
Novas altas no Fondo |
 |
|
Ames e Sada xa adoptaron o preceptivo acordo. Tamén Abegondo,
Mos e Cambre estudian a posibilidade de adherirse ao Fondo nestes días. E numerosos concellos, en todas
as provincias, abordarán nas próximas semanas esta proposta. O obxectivo é intentar que en
2004 se experimente un salto significativo no incremento da base asociativa e demográfica do Fondo Galego,
achegando a máis entidades ao esforzo de cooperación e solidariedade internacional.
|
| |
Mónica Baltodano, de Nicaragua, reúnese
co Fondo Galego |
 |
|
A presidenta da entidade municipalista POPOLNA visita Galicia
en xaneiro para manter unha serie de encontros con diferentes actores da cooperación, habida conta que boa
parte do compromiso solidario da nosa Comunidade ten como destinatario principal este país centroamericano.
No decurso da súa estancia en Galicia, Mónica Baltodano reunirase con representantes do Fondo Galego
para analizar as perspectivas de incrementar a colaboración no futuro inmediato.
|
| |
Os primeiros pasos da Rede Municipal Solidaria |
 |
|
O 22 de xaneiro, en Baiona, iniciaranse as reunións da
Rede Municipal Solidaria. Estructurada territorialmente en sete áreas, acollerá aos representantes
de diferentes concellos adheridos ao Fondo co obxecto de programar actividades de sensibilización que permitan
á cidadanía coñecer máis de preto que se está a facer neste eido da actuación
pública. Con este programa, financiado pola Xunta, o Fondo pretende deseñar unha política
de sensibilización que teña en conta as demandas máis sentidas dos concellos en base á
súa propia problemática e achegar todos os materiais editados e preparados para facelos chegar aos
colectivos obxectivamente máis interesados na súa dinamización. Despois de Baiona, serán
Pontevedra, Lugo, Ourense, Santiago, Ferrol e A Coruña os puntos de referencia de máis encontros,
que non terán sede fixa pero si aspiran a establecer un compromiso duradeiro das entidades locais coa solidariedade.
|
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| Ames |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| As Pontes |
|
Ourense |
Bueu |
| Bergondo |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Betanzos |
|
|
Cuntis |
| Boiro |
|
|
Gondomar |
| Brión |
|
|
Moaña |
| Cabanas |
|
|
Nigrán |
| Carral |
|
|
O Porriño |
| Cedeira |
|
|
O Rosal |
| Cerceda |
|
|
Poio |
| Culleredo |
|
|
Pontecesures |
| Fene |
|
|
Pontevedra |
| Ferrol |
- |
- |
Redondela |
| Lousame |
- |
- |
Rodeiro |
| Mugardos |
|
|
Soutomaior |
| Narón |
- |
- |
Vigo |
| Neda |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Noia |
-
|
| Oleiros |
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Sada |
| Santiago |
| |
| |
|
| |
|
|
|
| |