|
|
|

Número
55 - 11 de novembro de 2003 |
| |
| |
|
“Non nos quedaremos atrás” |
 |
Ese foi o espírito determinante da primeira xuntanza que
celebrou a Comisión Executiva do Fondo Galego despois da Asemblea do 10 de outubro e que renovou a súa
composición para afrontar os próximos catro anos. En suma, tomando nota dos novos tempos que animan
a cooperación ó desenvolvemento en Galicia, cunha Lei aprobada por unanimidade que establece un marco
de traballo antes inexistente e un empeño político máis entusiasta nesta orde, como se puido
constatar en diferentes reunións mantidas coas direccións do Partido Popular, do Partido Socialista
e do Bloque Nacionalista Galego, o Fondo Galego confía en estar á altura e poder seguir o ritmo e
mesmo situarse á fronte dese esforzo crecente da sociedade galega por implicarse nas políticas solidarias.
Actualmente, en moitas entidades locais e provinciais, cos procesos abertos para a confección dos orzamentos
de 2004, existe un animado debate para incrementar as partidas de cooperación. Na Administración
autonómica contémplase un incremento do 8 por cento que debe servir de referente para que os gobernos
locais asuman un compromiso similar. A reflexión é oportuna. A decisión, necesaria. |
| |
Un Plan para acadar obxectivos e mudar situacións |
 |
Os grandes obxectivos que a Comisión Executiva do Fondo
Galego define para esta etapa son os seguintes:
Incremento substancial da base asociativa. Debemos garantir que todos os concellos de tamaño medio de Galicia
estean no Fondo, de xeito que máis das tres cuartas partes da poboación galega participe a través
das institucións municipais na xestión de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento.
Incremento significativo da capacidade económica. Debemos actuar en dous sentidos. En primeiro lugar, procurando o incremento
de aportacións mínimas dos socios. En segundo lugar, conveniando a transferencia da totalidade das
partidas de cooperación das cidades e deputacións e de todos aqueles socios que o desexen reforzando
a cooperación entre nós mesmos. Así mesmo, debemos perseverar na liña de cooperación
coa Xunta de Galicia e coa AECI, pero asegurando sempre unha adecuada progresión no incremento da aportación
dos recursos propiamente locais.
Mellora da visibilidade e a sensibilización. O labor de sensibilización despregado nos últimos anos
foi escaso, por mor da priorización do financiamento de proxectos con vistas a demostrar, pedagoxicamente
e con resultados concretos, como con poucos recursos se podían facer grandes actuacións en determinados
países. Despois de máis de cinco anos e cunha bagaxe de proxectos executados destacable, é
importante que todo ese esforzo reverta en cada un dos asociados en forma de sensibilización, para que poidan
transmitir á cidadanía propia o efecto destas políticas. A sensibilización debe ser
nos próximos catro anos un capítulo significativo do actuar do Fondo, contribuíndo á
mellora da visibilidade do seu traballo e procurando homologar as actuacións desenvolvidas a este nivel
e a escala de toda Galicia.
Institucionalización do Fondo Galego. Como corresponde a unha entidade plenamente asentada, con relacións
fluídas a todos os niveis, consolidando as relacións coa Xunta de Galicia e da AECI, non descoidaremos
a necesidade de abordar dende a propia estructura da FEGAMP un novo enfoque da problemática da proxección
exterior, facendo ver a importancia de abrir unha ruta local do internacional que abranga todos os aspectos relacionados
coa acción exterior municipal (irmanamentos, Portugal, Europa) e a cooperación ao desenvolvemento.
Dez son as principais liñas de traballo que dende o Fondo Galego nos propoñemos impulsar nos próximos
catro anos:
1. A creación e formación dunha rede municipal
estable de persoal municipal implicado na cooperación ao desenvolvemento.
Trátase dun aspecto substancial para que funcionen os vínculos entre os asociados e o Fondo, de xeito
que as súas actividades e o conxunto da súa planificación poidan ter un efecto plausible en
cada localidade. Contar en cada concello cun traballador público que colabore co Fondo permitirá
multiplicar os efectos do seu actuar. O Fondo deberá corresponder a ese esforzo municipal complementado
a formación ao nivel adecuado e promovendo iniciativas de sensibilización permanentes e continuadas.
2. Abordar un programa de sensibilización continuo
e atractivo. Nos últimos anos, as actividades
impulsadas neste ámbito tiveron carácter puntual e disperso. É o momento de superar esa eiva,
ben con medios propios, ben concertando con terceiros, de xeito que poidamos contar a curto prazo cunha oferta
que aproxime o Fondo aos socios e cunha relación enriquecida que vaia máis alá dunha mera
transferencia de recursos.
3. Máis implicación dos socios no Fondo. Nese mesmo proceso, cómpre buscar as fórmulas máis
idóneas para garantir unha maior participación dos asociados en todas as actividades do Fondo. Importa
nese sentido, multiplicar as reunións itinerantes que permiten un contacto coas respectivas corporacións;
e abrir un novo capitulo, as misións municipalistas, que faciliten o contacto directo coas colectividades
protagonistas da cooperación cos países do Sur.
4. Mellorar as publicacións. Ademais do habitual “Infórmate a Fondo”, ata o momento soamente publicamos
unha Memoria do Fondo xunto con outras publicacións meramente informativas. Debemos promover máis
iniciativas nesta materia, actualizando os recursos existentes e estimulando a súa periodicidade, en especial
da Memoria que debería ter carácter, como mínimo, bianual.
5. Afortalar a cooperación coas cidades grandes
e medias e as deputacións provinciais. A nivel
municipalista, son estes actores decisivos dos que depende que o Fondo se converta nun referente cualitativo. Importa
por iso reforzar o diálogo cos seus responsables a fin de implementar adecuadamente a Declaración
das Cidades e ampliar o seu contido ás deputacións. Deste xeito, ademais de incrementar a nosa capacidade
económica, sobre todo, melloraremos a nosa efectividade e a calidade da cooperación feita desde Galicia.
6. Acentuar a cooperación con actores básicos. Tanto ONGDs como partidos políticos deben ser os referentes desta
liña de traballo, indo máis alá do estrictamente burocrático para instituír
xornadas de encontro nas que periodicamente poidamos intercambiar de maneira distendida puntos de vista e formular
iniciativas conxuntas que poidan contribuír á configuración dunha cooperación internacional
ao desenvolvemento que responda ás necesidades dos beneficiarios e aos intereses de Galicia, integrando
e homologando as súas diferentes expresións, dende os irmanamentos coas municipalidades do Sur ata
os programas de sensibilización ou as iniciativas lexislativas.
7. Afortalar a capacidade económica do Fondo Galego. O sistema de cotas mínimas foi actualizado. Por outra banda,
aínda que moito se avanzou nese sentido, interesa perfeccionar o sistema de recollida das aportacións
dos asociados para dispoñer coa maior prontitude dos recursos e poder financiar así os proxectos
aprobados. Nesa perspectiva, é fundamental capitalizar o Fondo, de xeito que para abordar a maior complexidade
das nosas actuacións contemos cun remanente mínimo e suficiente para atender as funcións de
secretaría e dirección técnica.
8. Rigor na xestión. Ademais da normalización de todos os aspectos relacionados co natural
respecto da legalidade vixente na materia e recentemente modificada (lei de Asociacións), debemos prestar
atención á análise independente da contabilidade do Fondo (auditorías) que deben abrirnos
o camiño para solicitar de inmediato a declaración de utilidade pública da entidade.
9. Pobreza e acción exterior de Galicia. No marco xeral da loita contra a pobreza, auténtica razón
de ser das políticas de cooperación ao desenvolvemento, impulsaremos aqueles marcos xeográficos
de maior interese estratéxico de Galicia, excluíndo nesa valoración aspectos de naturaleza
comercial instrumental.
10. Perfeccionar o traballo da Comisión Executiva. Se trata de conseguir unha maior implicación de todos os seus
integrantes e acadar un reparto efectivo de funcións e de responsabilidades.
Áreas de responsabilidade na Comisión Executiva: Sensibilización
e Formación, Aurora Carbajal; Relación con ONGDs e actores,
Carmen Basadre; Convocatorias e Proxectos, Marta Iglesias; Socios, Luís A. Patiño; Comunicación, Ramón
Bouzas. |
| |
Encontro con Xesús Palmou |
 |
| Nun encontro mantido co secretario xeral do Partido Popular, este
expresou o seu apoio ao proxecto do Fondo Galego, explicitando a idea de que a cooperación é cousa
de todos e non patrimonio de ninguén. O Partido Popular contempla a cooperación como un espacio de
encontro e de diálogo que pode dar excelentes réditos á sociedade galega para afianzar unha
cultura política de compromiso cos máis desfavorecidos. Xesús Palmou revalidou así
o compromiso da familia popular coas dinámicas e obxectivos do Fondo Galego. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/11/2003
Fernando Pol
|
|