|
|
|

Número
54 - 13 de outubro de 2003 |
| |
| |
|
Nova lexislatura, nova Executiva |
 |
Entre continuísmo e renovación, o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade, renovou a súa directiva, nunha Asemblea celebrada o 10 de outubro nas
dependencias da FEGAMP en Santiago de Compostela. Alfredo Novoa, do Concello de Oleiros, continuará na Presidencia,
mentres que Nidia Arévalo, da Deputación de Pontevedra asumirá a Vicepresidencia. Continúan
Fene, Allariz e Culleredo; e entran no organismo os concellos de Arteixo, Nigrán e Lugo.
Presidente,
Alfredo Novoa Gil, 1er Tenente de Alcalde de Oleiros. Vicepresidenta, Nidia María Arévalo Gómez, Deputación Provincial
de Pontevedra. Tesoureiro,
Xosé María Permuy Martínez, Concello de Fene. Secretaría, Xulio Ríos Paredes, IGADI. Vocal
1, Luis Antonio Patiño Pan, Concello de Arteixo.
Vocal 2,
Marta Iglesias Becerra, Concello de Culleredo. Vocal
3, Ramón Bouzas, Concello de Allariz. Vocal 4, Carmen
Basadre Vázquez, Concello de Lugo. Vocal 5, Aurora Carbajal, Concello de Nigrán.
A Comisión executiva, elixida por unanimidade, afrontará o novo mandato ata as próximas eleccións
municipais e deberá encamiñar o proceso de consolidación do Fondo, incrementando a súa
capacidade financeira e asociativa pero, sobre todo, impulsando políticas activas de sensibilización
da cidadanía para que se opere o imprescindible acompañamento cívico do compromiso institucional
coa cooperación e a solidariedade internacional.
O Fondo Galego agrupa a máis de sesenta entidades locais e provinciais que apostan pola homoxeneización
das políticas municipais de cooperación e de solidariedade. Naceu a finais de 1997 coa participación
de a penas unha ducia de concellos e hoxe constitúe unha realidade plural e dinámica, plenamente
asentada, que multiplica o compromiso dos concellos de Galicia coa cooperación internacional. A dirección
técnica do Fondo Galego é exercida polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación
Internacional). |
| |
Novas cotas mínimas obrigatorias |
 |
A Asemblea expresou igualmente e por unanimidade a súa aprobación
da proposta de modificación de cotas que entrará en vigor en 2004. O baremo de cotas mínimas
que existe actualmente procede da Asemblea que celebramos en 1999, a raíz das anteriores eleccións
locais. O tempo transcorrido, a entrada en vigor do euro e a necesidade de formular unha nova adaptación
para a actual lexislatura que teña en conta o incremento da sensibilidade cidadá e corporativa arredor
do feito solidario, e mesmo a necesidade de plasmar socialmente unha sensación de avance no noso compromiso,
tal e como demandan dende as ONGDs e outros axentes, mesmo en consonancia co xiro producido na propia Administración
autonómica, aconsellaban esta nova proposta de
mínimos, que comprende, substancialmente, as
seguintes variacións:
1. Aposta polo mantemento da parte fixa asignada a cada concello, unicamente realizando o redondeo a euros, cunha
cantidade enteira e á alza. Esta parte da cota, invariable, procuraríamos que se fose achegando ao
importe necesario para soster o aparato xestor do Fondo Galego e dinamizar a sensibilización, aspecto no
que vimos contando, e agardamos contar, coa Xunta de Galicia.
2. Propor un incremento que afectaría á parte da cota que depende do número de habitantes
de cada municipio. Esta parte da cota tendería a concretar o conxunto de achegas municipalistas a proxectos
de cooperación ao desenvolvemento. Ata agora, as cotas responden á fórmula de “número
habitantes por 2 pesetas”, é dicir, 0,012 euros por cada habitante. A proposta aprobada para o período
2003-2007 é pasar a 0,03 euros (5 pesetas).
Cómpre sinalar que se trata das cotas mínimas obrigatorias e que cada entidade asociada debe reflectilas
no correspondente Orzamento. Agora que se están elaborando, é o momento de lembrarse.
Ao longo dos últimos anos, son moitas as entidades asociadas que transferiron ao Fondo moito máis
do mínimo. Poderase seguir facendo e mesmo arbitrar fórmulas conveniais como as establecidas con
concellos ou con deputacións, a fin de incrementar o esforzo orzamentario e o compromiso da Galicia municipal
coa cooperación.
Incluído o compromiso solidario nos programas de todas as formacións políticas que concorreron
ás recentes eleccións locais e aprobada por unanimidade a Lei de cooperación galega, debemos
evitar que esa interiorización progresiva do discurso cooperativo se quede unicamente en palabras, promovendo
xestos concretos que evidencian o realismo e consecuencia da nosa iniciativa.
Alfredo Novoa: “O gran eixe da política que debemos impulsar dende o Fondo nos próximos anos é
a sensibilización”.
Se ata agora viñemos poñendo o acento na consolidación e saneamento interno, dixo na súa
intervención inaugural da Asemblea, despois dunha etapa de crecemento importante, outorgando unha privilexiada
atención á pedagoxía da cooperación, destinando a práctica totalidade dos recursos
ao financiamento duns proxectos que debían demostrar a todos que a cooperación é e non é
–exclusivamente– unha cuestión de recursos económicos, e que ata os concellos con pequenos orzamentos
poden participar das políticas públicas de cooperación cos países do Sur se eran quen
de cooperar aquí entre si, iso obrigounos a desatender algunhas variables importantes que, na nova etapa,
non poderemos ignorar.
O diálogo con outras administracións, tanto autonómica como central, fluído en ambas
direccións; ao igual que cos partidos políticos e outros actores da cooperación, debe incrementarse
nos próximos meses para asegurar que a aprobación da Lei galega de cooperación non caia en
saco roto. O novo marco legal debe ser desenvolvido atendendo a prioridades consensuadas entre os actores, propiciando
o asentamento dun marco galego da cooperación ó desenvolvemento que teña en conta as nosas
especificidades e os nosos intereses estratéxicos no exterior. Todos somos conscientes da febleza de que
partimos, e debemos aplicar, entre todos, políticas e recursos para propiciar saltos cualitativos nesa situación.
A febleza non debe levarnos a buscar fóra senón
a mellorar o que temos dentro.
As actuacións desenvolvidas en materia de sensibilización foron claramente insuficientes. Estamos
a construír esa rede cooperativa da función pública local en mans de quen poremos recursos
e iniciativas, formación e programación, para abordar unha maior implicación cidadá
nestes ámbitos do actuar público.
Á par deses dous elementos centrais, o incremento da base asociativa, da capacidade económica e técnica
deben ser preocupacións irrenunciables na nova etapa. Igualmente, en consonancia coa crecente significación
da acción exterior local, apoiaremos toda iniciativa que abra novos espacios no seo da FEGAMP para auspiciar
un novo enfoque da proxección exterior, facendo ver a importancia desa ruta local do internacional na que
a cooperación é unha dimensión de gran calado.
Por último, Alfredo Novoa, expresou o público recoñecemento a todos os que, especialmente
dende a Comisión Executiva, aportaron, nos últimos anos, a súa dedicación e o seu tempo,
para asentar esta iniciativa, nacida con moita ilusión e con poucos medios, pero que á volta do tempo
transcorrido se confirma como unha realidade viva e esperanzadora. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/10/2003
Fernando Pol
|
|