|
|
|

Número
53 - 15 de setembro de 2003 |
| |
| |
|
Asemblea o 10 de outubro |
 |
A Asemblea do Fondo que celebraremos o próximo día
10 de outubro en Santiago, na sede da FEGAMP, terá carácter ordinario, pero os seus contados serán
de naturaleza extraordinaria. Sobresaen dous aspectos.
En primeiro lugar, a renovación da actual Comisión Executiva que ven funcionando dende 1999. A renovación
obedece a un mandato estatutario que obriga a unha nova elección despois de cada proceso electoral municipal.
A Comisión Executiva actual, en funcións, delegou na Secretaría para facer os contactos e
xestións oportunas a fin de que a proposta final conxugue os diferentes criterios básicos para a
súa confección: representación das catro provincias, de deputacións e concellos, de
cidades e vilas medianas e pequenas e, naturalmente, de todas as forzas políticas con presencia no municipalismo,
de forma equilibrada.
O outro asunto importante da orde do día será a actualización das cotas dos asociados, aspecto
que deberiamos ter en conta no proceso de elaboración dos Orzamentos do 2004, en marcha xa en numerosos
concellos. As cotas actuais son as mesmas do momento inicial do Fondo, hai xa 6 anos. Cómpre a súa
adaptación ao euro, eliminando, na medida do posible, as fraccións, e actualizando igualmente a aportación
por habitante (daquela 2 pesetas por habitante). A proposta xira arredor de 0,03 euros por habitante máis
un lixeiro axuste no importe de cada franxa poboacional.
Os dous temas son de transcendencia e a Asemblea o será todo menos de trámite. |
| |
Acelerar as designacións |
 |
| Son moitos os asociados que xa enviaron comunicación á
Secretaría da designación do seu representante ante o Fondo. É unha formalidade administrativa
importante agora que comeza unha nova lexislatura. Deste xeito, a información do Fondo chegará a
quen deba chegar. Úrxese, pois, a todos, para que antes da Asemblea cumprimenten este requisito. |
| |
Misión a Santiago de Cuba |
 |
| O Fondo Galego, en colaboración coa Xunta de Galicia e o
Concello de Santiago, ven impulsando dende hai tres anos o proxecto de elaboración do Plan Maestro para
a revitalización da cidade histórica de Santiago de Cuba. Trátase do proxecto de maior envergadura
que impulsamos. Pasado o ecuador temporal da súa realización, aproveitando a realización dun
Seminario internacional na cidade cubana arredor deste tema e a inauguración dunha exposición alusiva,
que será posteriormente trasladada a Galicia e a outras capitais americanas, a Comisión Executiva
considerou de interese trasladar unha Misión in situ para analizar coas autoridades e os técnicos
locais a marcha do proxecto, as súas dificultades e perspectivas. Nesta misión se procurará
a presencia de representantes dos tres financiadores. |
| |
A formación da rede |
 |
| Constituídas as novas Corporacións Locais, o proceso
de formación da rede de empregados públicos interesados na cooperación está en marcha.
Dende primeiros de setembro se veñen efectuando visitas a numerosos concellos, comezando pola provincia
de Pontevedra, iniciativa que se aproveita para tomar contactos cos novos alcaldes e equipos de goberno a fin de
intercambiar impresións sobre o estado deste asunto na respectiva localidade. A acollida é excelente,
o proceso avanza a bo ritmo e as suxestións son moitas para, sobre todo, impulsar medidas en materia de
sensibilización, a fin de implicar en maior grao ao conxunto da cidadanía. |
| |
Foro Informal da Cooperación |
 |
|
A aprobación da Lei galega de cooperación internacional
ao desenvolvemento establece un antes e un despois nesta materia na nosa Comunidade. É o momento do IMPULSO
e debe ser resultado dun esforzo mancomunado: traballando todos na mesma dirección.
Os obxectivos deste Foro, que propón o Fondo, son:
- Xerar un marco estable para o intercambio de pareceres entre
os diferentes actores (Xunta de Galicia, Ad Local, ONGs, Universidades) a partir da identificación de obstáculos
e proposta de alternativas.
- Intercambiar puntos de vista sobre o momento presente da cooperación
en Galicia.
- Adiantar pautas de orientación futura que reforzan a
cooperación.
Os invitados a participar serían representantes da Coordinadora
de ONGDs, da Xunta de Galicia, das universidades e do propio Fondo. De naturaleza informal, permitiría abordar
de maneira distendida pero rigorosa os principias problemas da cooperación galega, definindo prioridades
e liñas de futuro consensuadas entre os principias actores.
Está proposta xa foi trasladada ás diferentes
partes e se agarda unha desposta positiva.
|
| |
Reunión co PSdG-PSOE |
 |
Unha delegación da Comisión Executiva do Fondo Galego
se entrevistou o pasado día 10 de setembro con representantes da dirección do PSdG-PSOE, Antón
Louro e Francisco Candela, a fin de intercambiar impresións sobre o estado da cooperación en xeral
en Galicia e sobre todo da municipal, a fin de situarnos no novo marco político (lei de cooperación
aprobada, novos gobernos municipais) e definir medidas de impulso que aseguren un cambio substancial no actual
estado de cousas. Así mesmo se explicou o momento en que se atopa o Fondo, en particular en relación
á próxima Asemblea de socios do 10 de outubro en Santiago de Compostela.
Os representantes do PSdG-PSOE expresaron o seu apoio a esta iniciativa, comprometéndose a trasladar aos
seus concelleiros e alcaldes a preocupación pola cooperación e a necesidade de integrarse no Fondo.
Así mesmo, en próximas xornadas de política municipal organizadas por esta formación
se procurará incluír este aspecto para ser tratado.
A xuntanza discorreu nun clima de total cordialidade e comprensión quedando abertos os canais de comunicación
entre ambas entidades, a sabendas de que ambas comparten unha idéntica preocupación polo fomento
da cooperación internacional ao desenvolvemento no ámbito local.
No pasado mes de xullo, Anxo Quíntana, do BNG, se reuniu coa Comisión Executiva do Fondo, para expresar
o seu apoio na nova andaina. En próximas semanas, se prevé un encontro con representantes do Partido
Popular de Galicia. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/09/2003
Fernando Pol
|
|