A Asemblea Xeral de socios celebrada o 10 de xullo de 2003 na sede
da FEGAMP, en Santiago de Compostela, prestou a súa aprobación á seguinte Resolución
da Convocatoria de Proxectos.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 62 proxectos co seguinte perfil xeográfico: Centroamérica
(35), Sudamérica (20), África (4) e Asia (3). A proposta da Ponencia Técnica, na que participaron
representantes dos concellos de Santiago e Vigo, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría do Fondo,
tivo en conta non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias.
A resultas da análise, baremación e debate, resólvese o financiamento dos seguintes proxectos:
1. Proxecto:
Autoconstrucción de anexo de sistema
de auga no sector das Palmitas e sector 4 do Municipio de Las Sabanas, Departamento de Madriz.
ONG:
INPRHU SOMOTO. País: Nicaragua. Presuposto: 3.109,50. Aportado
pola Contraparte: 705. Solicitado ó Fondo:
2.404,50. Aportado polo Fondo: 2.404,50. Resume: Abastecer de auga no seu domicilio a 25 familias, axudando a mellorar
as condicións hixiénicas, de saúde e de desprazamento, e tamén do traballo infantil
e feminino. A proposta parte dos membros da comunidade que están dispostos a traballar na colocación
de tuberías, cavado de zanxas... Preténdese que a Alcaldía sexa a executora directa.
2. Proxecto:
Captación de auga para o Municipio
de Las Sabanas.
ONG:
INPRHU SOMOTO.
País:
Nicaragua.
Presuposto:
43.665.
Solicitado ó Fondo: 43.665.
Aportado polo Fondo: 43.665.
Resume: Mellora dos sistemas de captación de auga tanto para uso doméstico como para uso agrícola,
formar as persoas nun uso axeitado da auga, formar técnicos no seu manexo. A construcción de pozos
familiares, sistemas de captación da auga..., corre a cargo das familias.
3. Proxecto:
As mulleres deseñando o futuro.
ONG:
INPRHU SOMOTO.
País:
Nicaragua.
Presuposto:
10.529,84.
Aportado pola Contraparte: 4.285,84.
Solicitado ó Fondo: 6.224.
Aportado polo Fondo: 6.224.
Resume:
Pretende fortalecer a capacidade das mulleres, promocionar o aumento das rendas da muller campesiña, potenciar
novos cultivos, fomentar o empoderamento das mulleres das comunidades de El Castillo e El Castillito. Quérense
comercializar os productos obtidos polas mulleres e fortalecer as relacións interfamiliares.
4. Proxecto:
Integración dos mozos e mozas de
Zacamil 1 e San Rafael na vida laboral e productiva da zona. Municipio de Suchitoto.
ONG:
CRC (Comité de Reconstrucción y Desarrollo Económico y Social de Comunidades de Suchitoto,
Cuscatlán).
País:
El Salvador.
Presuposto:
18.249,27.
Aportado pola Contraparte: 3.970.
Solicitado ó Fondo: 14.279,27.
A aportar polo Fondo: 14.279,27.
Resume:
Creación de talleres para formar a mozos e mozas e posibilitar máis oportunidades para entrar no
mercado laboral, por conta propia ou allea. Trátase de ofrecer unha alternativa ó mundo da delincuencia
que asola a esta comunidade. Talleres de xastrería e serigrafía.
5. Proxecto:
Plan Maestro para a revitalización
da cidade histórica de Santiago de Cuba.
Contraparte:
Municipalidade de Santiago de Cuba.
País:
Cuba.
Presuposto para este exercicio: 60.035.
Solicitado ó Fondo: 12.020,24.
A aportar polo Fondo: 12.020,24.
Cofinanciadores:
Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia e Concello
de Santiago de Compostela.
Resume:
Diagnóstico urbanístico, elaboración de material gráfico, intercambio formativo e adquisición
de equipos.
6. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos
gobernos locais e as súas formas asociativas.
Contraparte:
Fundación DEMUCA.
País:
Costa Rica, El Salvador, Honduras, Panamá.
Presuposto para este exercicio: 147.067.
Solicitado ó Fondo: 26.767.
Aportado polo Fondo: 26.767.
Cofinanciadores:
Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume:
A finalidade do proxecto é a de fomentar as actividades de capacitación e sensibilización
destinadas a funcionarios, líderes comunais, partidos políticos, estudiantes... para adaptar e desenvolver
as capacidades necesarias para exercer un goberno democrático e unha cidadanía informada e comprometida.
Búscase unha participación activa que permita establecer unha relación dinámica e estreita
entre servicios públicos e cidadanía.
7. Proxecto: Proxecto de actuación integral en Porto Rincao.
Contraparte:
Cámara Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao
em Desenvolvemento, Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança
e Crédito de Rincao.
País:
Cabo Verde.
Presuposto:
150.253,02.
Solicitado ó Fondo: 30.253,02.
A aportar polo Fondo: 30.253,02.
Cofinanciadores:
Axencia Española de Cooperación Internacional e Secretaría Xeral de Relacións coa UE
e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume:
Construcción e equipamento de centro comunitario, arranxo de rúas e outras actuacións no ámbito
da educación cívica.
Observación: A súa realización dependerá da concreción dos compromisos
económicos solicitados á AECI e á Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación
Exterior da Xunta de Galicia.
8. Proxecto: Formación e capacitación para o fortalecemento institucional dos
gobernos locais nas Mercociudades.
Contraparte:
Mercociudades, Intendencia Municipal de Montevideo.
País:
Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai, Chile e Bolivia.
Presuposto:
80.000. Solicitado ó Fondo: 0 (apoio loxístico).
A aportadar polo Fondo: 0 (apoio loxístico).
Cofinanciadores: Secretaría Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Resume:
Accións de intercambio, capacitación e cooperación entre cidades en rede; desenvolvemento
de estratexias de intervención concretas na busca da complementariedade productiva.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores
previstos.
9. Proxecto: Fomento da xestión e mellora da saúde comunitaria en 15 comunidades
rurais.
ONG:
Manos Unidas.
País:
Nicaragua.
Presuposto:
368.689,95.
Aportación ONG: 72.132,38.
Aportación contraparte: 189.635,91.
Solicitado ó Fondo: 18.555,64.
A aportar polo Fondo: 18.555,64.
Resume:
Trata de contribuír ó desenvolvemento das capacidades da poboación para diminuír á
vulnerabilidade xerada pola pobreza estructural. Consiste en dotar ós beneficiarios da formación
e recursos para desenvolver a agricultura e a sanidade, primordialmente, coa conseguinte mellora e aumento de esperanza
de vida.
10. Proxecto: Saúde e desenvolvemento Labañou-Vilcabamba.
ONG:
Asociación Labañou Solidaria.
País:
Perú.
Presuposto:
18.960.
Aportación ONG: 6.000.
Solicitado ó Fondo: 6.000.
A aportar polo Fondo: 6.000.
Resume:
Contribuír á mellora do nivel de saúde e de calidade de vida da poboación de Vilcabamba.
Este obxectivo conseguirase abarcando diversos ámbitos: agricultura, comunicacións, educación,
saneamento...
11. Proxecto: Construcción dunha unidade clínico-docente.
Contraparte:
SEMG-Solidaria.
País:
Nicaragua.
Presuposto:
360.607,26.
Aportado pola Contraparte: 24.000.
Solicitado ó Fondo: 60.000.
A aportar polo Fondo: 30.000 (o Concello de Allariz aportará 6.000).
Resume:
O obxectivo fundamental do proxecto é introducirse no ámbito sanitario asistencial da poboación
de Cidade Sandino aportando recursos técnicos e humanos nun ámbito especialmente castigado polo paro
e a pobreza. Prevé a construcción dun centro de saúde.
Cláusula:
O financiamento deste proxecto materializarase en función da concreción das achegas dos cofinanciadores
previstos.
12. Proxecto: Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción
de leite e carne na UBPC Victoria de Girón, 2ª fase.
Contraparte:
Veterinarios sen Fronteiras.
País:
Cuba.
Presuposto:
211.629,87.
Aportado pola Contraparte: 30.140.
Solicitado ó Fondo: 28.465,36.
A aportar polo Fondo: 28.465,36.
Resume:
Mellorar as condicións socioeconómicas da Unidade Básica de Producción Cooperativa
(UBPC) Victoria Girón, aumentando a producción de leite, carne e outros producto mediante o apoio
ó proceso de reestructuración e consolidación económica da mesma, mellorando a base
forraxeira, o manexo do rabaño...
13. Proxecto: Apoio productivo á muller rural e ó desenvolvemento local no distrito
de Junín.
ONG:
Asociación Entrepobos.
País:
Perú.
Presuposto:
102.209,02.
Aportado pola Contraparte: 17.100.
Solicitado ó Fondo: 24.071,74.
A aportar polo Fondo: 24.071,74.
Cofinanciadores:
Xunta de Galicia.
Resume:
Mellorar a situación económica da poboación campesiña do distrito a través do
apoio á producción agropecuaria, o impulso e fortalecemento da organización das mulleres e
a xestión comunitaria, no marco da coordinación e da participación das institucións
públicas contribuíndo á definición de estratexias de desenvolvemento distrital.
14. Proxecto: Promoción da saúde do pobo saharauí.
ONG:
FUDEN.
País:
R.A. Saharaui Democrática.
Presuposto:
60.224,25.
Aportado pola ONG: 4.056,84.
Aportado pola Contraparte: 10.852,28.
Solicitado ó Fondo: 7.234,16.
A aportar polo Fondo: 7.234,16.
Resume:
Mellora das condicións de vida dos refuxiados de Tindouff a través da achega de material sanitario
destinado a corrixir as deficiencias que en materia de saúde ten esta poboación onde as principais
causas de mortalidade son as anemias e as sepsis. |