|
|
|

Número
51 - 22 de xuño de 2003 |
| |
| |
|
A lexislatura da cooperación municipalista |
 |
O tempo que agora se inicia despois das eleccións municipais
do 25 de maio vai ser dunha importancia vital para a consolidación do esforzo solidario dos nosos concellos
e deputacións.
Co período de catro anos que agora comeza, o Fondo visualiza xa o horizonte dunha década de existencia
na que a evolución presenta claras evidencias de avance e mellora pero que agardan aínda ese cambio
substancial que agora pretendemos acadar.
O comezo da nova lexislatura coincide coa aprobación por unanimidade da Lei galega de cooperación
internacional ao desenvolvemento, un texto que, alén do contido, indica, polo seu proceso de elaboración
e de aprobación, unha sintonía política difícil de atopar noutras esferas da acción
pública.
Esa unanimidade, que tamén veu sendo ata agora a tónica dominante nas adhesións ao Fondo,
debemos transformala, de punto de partida en base de apoio para avanzar nun maior compromiso das entidades corporativas,
locais e provinciais, coa cooperación.
Os programas electorais con que cada forza política concorreu aos comicios recollen ideas e propostas concretas
nesta materia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade debe ser quen aglutine esa variable solidaria,
estimulando aquí, entre nós, unha cooperación que soamente dese xeito pode chegar a ser eficiente
e eficaz.
O novo tempo que agora se inicia traerá cambios importantes, máis socios, máis membros, máis
recursos, unha nova Comisión Executiva, máis participación, máis proxectos... todo
iso revelará a consolidación do municipalismo solidario en Galicia. Estamos convencidos. |
| |
Próximas asembleas do Fondo |
 |
A Comisión Executiva, en xuntanza celebrada o 19 de xuño
en Santiago, acordou convocar a Asemblea xeral ordinaria de asociados para debater e aprobar a Convocatoria de
financiamento de proxectos correspondente ao presente exercicio, o próximo día 10 de xullo ás
doce da mañá, na sede da FEGAMP, en Santiago de Compostela.
Así mesmo, a Asemblea xeral de renovación de cargos se celebrará o 3 de outubro de 2003 en
Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP. Está previsto que nesta xuntanza se aprobe tamén a actualización
das cotas para os próximos catro anos.
Nesta mesma xuntanza, o presidente expresou a gratitude da Comisión Executiva a Mar Bernal, concelleira
de Santiago que durante os últimos catro anos participou neste organismo, e que cesou recentemente ao non
candidatarse nos pasados comicios. |
| |
Contactos cos partidos políticos |
 |
| Nas próximas semanas, a Comisión Executiva do Fondo
reunirase con representantes das principais forzas políticas con presencia no municipalismo, a fin de concretar
fórmulas de colaboración activa para garantir unha rápida expansión deste compromiso
conforme ás propostas enunciadas por cada grupo nos respectivos programas marco. |
| |
Medra a colaboración coa Xunta |
 |
As dúas administracións están a ampliar e
perfeccionar a cooperación bilateral. Ademais do convenio de sensibilización, que este ano ascende
a un importe total de 12.000 euros, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Relacións
coa Unión Europea e Cooperación Exterior, que dirixe Jesús Gamallo, cofinanciará co
Fondo Galego diferentes actuacións: con Fundemuca, en Centroamérica, por valor de 120.300 euros;
con Santiago de Cuba, por valor de 36.000 euros. Igualmente, está en estudio a posibilidade de impulsar
unha actuación coa rede de Mercociudades, onde aportaría 80.000 euros.
Por último, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional, a Xunta
de Galicia aportará 40.000 euros para diferentes actuacións en Cabo Verde.
O elevado nivel de sintonía existente entre o Fondo e esta Secretaría explicita tamén un reto
para os concellos e deputacións de Galicia, na medida en que esixe de todos nós un maior esforzo
económico para acompañar adecuadamente as accións de estímulo que se están a
concretar. Nesa liña, o papel das grandes cidades e das deputacións é crucial. Pero a excepción
do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, o esforzo segue a ser moi modesto e cómpre reflexionar
sobre iso. |
| |
Actualización de cotas 2003-2007 |
 |
| O tesoureiro e a Secretaría do Fondo están a estudiar
diferentes propostas de actualización das cotas do Fondo. As actuais foron aprobadas no ano 1999, antes
da entrada en vigor do euro e reclaman certos axustes que serán sometidos á consideración
de todos os socios na próxima Asemblea de renovación de cargos a celebrar nos primeiros días
do mes de outubro. |
| |
Estratexias 2003-2007 |
 |
A Comisión Executiva avanzou na enunciación das grandes
liñas estratéxicas para o período que se aveciña contemplando 4 grandes obxectivos
(máis base asociativa, máis capacidade económica, máis sensibilización e visibilidade,
máis institucionalización) e 10 variables de traballo, que afectan a aspectos esenciais da dinámica
de funcionamento do Fondo e da cooperación en Galicia.
Unha vez aprobado será remitido a todos os asociados para aprobalo na Asemblea de outubro. |
| |
Reconfirmar, renovar... |
 |
De conformidade cos nosos Estatutos, unha vez celebradas as eleccións
locais e constituídas as novas Corporacións, se abre o proceso de renovación de cargos que
debe culminar nesa Asemblea xeral de socios a celebrar o 3 de outubro. Con anterioridade, todas as entidades asociadas
deben proceder, mediante Decreto, a designar o seu representante no Fondo Galego. Ese nomeamento debe ser remitido
á maior brevidade posible á Secretaría do Fondo, en Baiona, Avenida de Joselín, 7 P3-4ºB.
O decreto de nomeamento debe facerse aínda cando non se rexistraran cambios substanciais nos equipos de
goberno e mesmo cando sexa simplemente para confirmar ao anterior representante.
Mentres tanto, todos estamos “en funcións”. O prazo legal máximo de que se dispón para efectuar
as substitucións é de catro meses, a contar dende a constitución das corporacións,
é dicir, catorce de outubro para os concellos. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2003
Fernando Pol
|
|