Para a xestión da Cooperación
ó Desenvolvemento
Convenio da Deputación de Pontevedra co Fondo Galego |
 |
| Seguindo co exemplo de Vigo, Manuel Abeledo, presidente da Deputación
de Pontevedra, anunciou a súa intención de subscribir de inmediato un Convenio co Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade a fin de que poida xestionar o total da axuda que esta entidade compromete en
proxectos. Esta Deputación é unha das nosas primeiras asociadas, forma parte da Comisión Executiva
e mantén de vello un alto nivel de colaboración. |
| |
Novos socios |
 |
| No interese por ampliar o número de socios seguimos a manter
conversas con dez concellos interesados nas actividades levadas a cabo polo Fondo e por formar parte da nosa base
asociativa. Pero o interese por novas adquisicións non merma o coidado polos que xa están dentro.
Neste sentido estase a negociar un acordo coa Xunta de Galicia para fortalecer e mellorar as relacións entre
o Fondo Galego e os concellos socios, a través dunha rede de funcionarios que mellore considerablemente
a comunicación entre todos. |
| |
Mellorar os irmanamentos |
 |
Despois do interese suscitado polo tema nos diferentes concellos
que acudiron aos seminarios celebrados en Ourense e Pontevedra seguimos a traballar na cuestión. Neste momento
estamos a elaborar un manual con preguntas e respostas para dar saída ás cuestións básicas
que o tema poida plantexar.
Así mesmo estamos a manter contactos con diferentes autoridades relacionadas coa materia; unha plasmación
práctica desas conversas é a entrevista prevista co director xeral da Administración Local
neste mes. |
| |
Aberto o prazo para a presentación de proxectos |
 |
| Ata o 5 de maio seguirá aberto o prazo para presentar os
proxectos que o Fondo Galego evaluará e financiará este ano. As bases da presente convocatoria foron
discutidas na xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación e aprobadas pola Comisión Executiva.
Poden ser consultadas na páxina web do IGADI: http://www.igadi.org. |
| |
Proxectos |
 |
| A piques de iniciar un novo exercicio no que a proxectos se refire
xa están chegando á nosa Secretaría os Informes finais dalgúns dos proxectos financiados
o ano pasado, aspecto que facilita a nosa pretensión por estar ao día no seguimento, execución
e liquidación dos proxectos que financiamos. Paralelamente estanse a rexistrar as entradas de novos proxectos
que pretenden ser financiados polo Fondo. Ata o momento levamos recibido 18 proxectos de cooperación directa. |
| |
Centro Norte-Sur, “os retos de Europa no novo
século” |
 |
O Centro Europeo para a Interdependencia Mundial e a Solidariedade,
tamén coñecido coma o Centro Norte-Sur, é unha axencia autónoma que ten un acordo firmado
co Consello de Europa. Este centro enviounos recentemente o programa no que se recollen os “Retos de Europa para
o século XXI”:
• Cultura da paz, • Cohesión social e • Desenvolvemento sostible.
As ambiciosas actividades levadas a cabo por esta entidade abranguen diferentes ámbitos: • Enfoque inter-rexional
cara ó desenvolvemento social, • Encontros sobre o diálogo norte sur no tocante os Dereitos Humanos,
• Traballo sobre pautas de construcción e desenvolvemento da participación na democracia, • Contactos
con Oriente Medio, • Relacións Europa-África. • Traballos sobre sistemas de protección dos
Dereitos Humanos e a promoción dos mesmos no Mediterráneo, • Diálogo intercultural con forte
relación entre países do norte e países do sur da ribeira mediterránea, • Actividades
relacionadas cos Dereitos Humanos e a cohesión social no Mediterráneo, • Actividades relacionadas
coa migración no Mediterráneo, • Educación Mundial, • Educación para o desenvolvemento,
• Dereitos Humanos, • Sostenibilidade, • Paz e prevención de conflictos. |
| |
Último percorrido da exposición
¿Solidariedade? A Fondo |
 |
|
A exposión Solidariedade? A Fondo
do Fondo Galego fará este ano o seu último percorrido polos concellos galegos. Trátase dunha
composición de dez paneis cos que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade trataba na súa
orixe de presentarse ante os cidadáns. Hoxe, tras anos de andaina e experiencia, é momento de renovación;
a antiga exposición será sustituída por outra na que se reflicta de modo gráfico a
labor feita polo Fondo. O esquema dos paneis segue unha estructura na que se combinan a cita, as fotografías
e o texto explicativo. Os títulos son:
- Un mundo de contrastes.
- ¿Un paso adiante, dous pasos atrás?
- Un crecemento sen rumbo.
- Un mundo de conflictos.
- A indignación da sociedade.
- A solidariedade como cultura.
- A vertebración da solidariedade.
- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A cooperación para o desenvolvemento.
- Un mundo máis humano, xusto e solidario.
Este ano xa estivo exposta en distintos puntos do Concello de Fene e actualmente está na Casa da Cultura
do Concello de Rodeiro. O calendario non está completo así que se alguén quere solicitala
non ten máis que dirixirse á Secretaría do Fondo Galego, no teléfono 986 357 238.
|
| |
Os poderes rexionais locais e a Cooperación
ó Desenvolvemento |
 |
| Co título “Cooperación para o desenvolvemento: o
papel dos poderes rexionais locais” celebráronse en Ourense unhas xornadas os días 3 e 4 de abril,
co apoio da EGAP, a Fundación Galicia-Europa e o Centro Europeo das Rexións do Instituto Europeo
de Administración Pública. Na mesa que puso fin aos dous días, participaron os responsables
de cooperación das Administracións vasca e catalana. Por parte de Galicia, o ponente foi Xulio Ríos,
director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|