Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 48 - 10 de marzo de 2003
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    Aberto o prazo para a presentación de proxectos    
nº 047 - 10/02/2003
nº 046 - 13/01/2003
nº 045 - 16/12/2002
nº 044 - 07/10/2002
nº 043 - 02/09/2002
nº 042 - 28/06/2002
nº 041 - 03/06/2002
037 / 038 / 039 / 040
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
www.confederacionfondos.org
Mellorar os irmanamentos
AECI e Fondo Galego
Observatorio da Cooperación Descentralizada
É posible unha Galicia máis solidaria
Mapa de socios do Fondo Galego

Volver ó sumario
Aberto o prazo para a presentación de proxectos
Con a penas cambios no seu contido, e sempre de carácter meramente formal, de conformidade co tratado na xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación, o Fondo Galego aprobou o pasado día 6 de marzo, as Bases da Convocatoria de proxectos de 2003, que poden ser consultadas na páxina web do IGADI: www.igadi.org.
 
Volver ó sumario
www.confederacionfondos.org
O pasado 12 de febreiro púxose en funcionamento a páxina web da Confederación de Fondos, co obxectivo de se converter nun instrumento de divulgación no ámbito estatal, europeo e internacional, da natureza e as actividades que caracterizan á Confederación e ós Fondos que a compoñen. Por iso se pode acceder a ela nas catro linguas do estado (galego, vasco, catalán e castelán), e tamén en francés e inglés. Ademais está adaptada para garantir ó acceso das persoas con deficiencias sensoriais. Na concepción da estructura e o do deseño foi prioritaria a vontade de facilitar e axilizar o acceso á información que interesa ós potenciais visitantes, así coma transmitir de forma clara e concisa os contidos expostos.

A páxina principal permite enlazar directamente cos Fondos de Cooperación que constitúen a Confederación. A páxina está estructurada en 4 bloques temáticos, cada un deles cunha cor distintiva:

• Que é a Confederación (4 apartados), onde se define, se presenta ós seus membros e se describe a súa estructura organizativa, tanto de dirección coma técnica, e a participación nas institucións estatais de coordinación da cooperación descentralizada (Comisión Interterritorial).

• Que é un Fondo de Cooperación (4 apartados), expón a natureza, características e modelo de Fondo de Cooperación e Solidaridade, así coma o marco legal onde se desenvolven as súas actividades durante o ano 2001 e o plan de traballo para o 2002 (en breve está prevista a súa actualización coa introducción das actividades do 2002 e o plan de traballo para o 2003).

• Documentación (2 apartados), onde se recollen informes, e a lexislación estatal, autonómica, europea en materia de cooperación ó desenvolvemento, con especial incidencia na normativa referente á cooperación descentralizada.

Ademais cada páxina conta cunha sección que, baixo o epígrafe información, nos remite a apartados doutros bloques que poden interesar ó usuario que está nesa páxina, axilizando así a busca de información sobre un tema determinado.

No que ás imaxes se refire, ó navegar enriba delas aparecen en cor e pódese ler unha etiqueta cun concepto relacionado coa cooperación. Este xogo de palabras introduciuse pensando sobre todo nas persoas invidentes, que poden acceder ós contidos de tódalas páxinas mediante o programa de lectura JAWS.
 
Volver ó sumario
Mellorar os irmanamentos
Despois do éxito do seminario celebrado en Ourense, en Pontevedra non foi menos. Medra o interese por rendabilizar ao máximo estas iniciativas, por sustraelas de tanta inactividade e asentala como un eixe indispensable da acción exterior local. Pasados os comicios, a sesión de traballo levarase a A Coruña e Lugo, co apoio das respectivas deputacións provinciais.
 
Volver ó sumario
AECI e Fondo Galego
Na xuntanza celebrada en Madrid o pasado 18 de febreiro, AECI e Fondo Galego coincidiron no interese por promover accións de cooperación na África lusófona, en especial en Cabo Verde e Guinea Bissau. Nesta liña xa foi presentado a exame da AECI o primeiro proxecto do Fondo que podería iniciarse en xuño deste mesmo ano. En parello, instrumentarase un convenio marco de cooperación.
 
Volver ó sumario
Observatorio da Cooperación Descentralizada
Os Fondos reunidos en Eivissa acordaron impulsar esta iniciativa para seguir de preto as numerosas transformacións que se están producindo neste ámbito da cooperación, tanto no marco legal como nas súas varientes operativas e análises teóricas. O Observatorio, instalado na web da Confederación, será unha fiestra para afondar na cooperación descentralizada e para impulsar o intercambio de reflexións e de experiencias.
 
Volver ó sumario
É posible unha Galicia máis solidaria
Reproducimos a continuación do texto dunha Declaración que deberá ser obxecto de refrendo nos próximos días por parte dos principais líderes políticos de Galicia.

A realidade dun mundo dividido en sociedades ricas e empobrecidas que orixina consecuencias inxustas e dramáticas para máis do 80 por cento dos seres humanos e a constatación dun agravamento imparable desas diferencias e desigualdades, fan inevitable que desde todos os ámbitos institucionais se adopten actitudes e accións coherentes para contribuir á construcción dun mundo máis xusto e solidario.

Ante os próximos comicios electorais locais, convocados a instancias da Coordinadora Galega de ONGDs e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, os líderes das tres formacións políticas abaixo asinantes asumen os seguintes compromisos:

1. Incluír nos programas electorais das súas respectivas formacións, mencións específicas ás políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento, asumidas como un capítulo indispensable da acción pública, como un método e unha estratexia para vertebrar a solidariedade cos pobos e sociedades máis desfavorecidas, comprometendo, impulsando e propiciando a creación dun tecido solidario en cada poboación.

2. Multiplicar os esforzos para sensibilizar aos seus candidatos e ao conxunto da militancia a propósito desta problemática, a fin de que se interiorice unha maior e máis unánime participación das próximas Corporacións locais e provinciais de Galicia nas dinámicas de cooperación.

3. Instar un compromiso económico estable mediante a habilitación dunha partida orzamentaria específica para cooperación internacional, promovendo unha aproximación progresiva da porcentaxe do orzamento ordinario da respectiva Corporación ó mínimo do 0,7%.

4. Pular o reforzamento das políticas de cooperación en Galicia, tanto no seo das Administracións, a través do Fondo Galego, como coas ONGDs, para fortalecer o tecido asociativo e solidario da nosa Comunidade.
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
As Pontes Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
Bergondo   Ourense Bueu
Betanzos   Vilar de Santos Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2003
Fernando Pol


Subir