|
|
|

Número
47 - 10 de febreiro de 2003 |
| |
| |
|
Principia a convocatoria de 2003 para proxectos
de cooperación |
 |
Practicamente en pleno, a Comisión Executiva reuniuse o
pasado día 5 de febreiro co Consello Municipalista de Cooperación para intercambiar pareceres sobre
o momento da cooperación local en Galicia, a campaña do 0,7% e as Bases da Convocatoria de Proxectos
de 2003.
Nesta xuntanza participaron, ademais da Coordinadora galega de ONGDs, representantes de Inti, Intermón,
InteRed, Fundai e Farmacéuticos Mundi. Na exposición introductoria se fixo fincapé no salto
producido en 2002 na cooperación municipalista, non soamente a través da xestión de máis
recursos, senón clarificando o nivel de compromiso dos concellos e deputacións de Galicia co Fondo.
Aínda que non á velocidade desexable, medra a sensibilidade local e, en consecuencia, se perfeccionan
os ámbitos de xestión e de coordinación. A pesar desa mellora, en 2003, por mor da convocatoria
electoral, parece aconsellable moderar o ritmo da convocatoria de proxectos, de xeito que a resolución da
mesma realizarase con posterioridade á celebración dos comicios.
Por outra banda, en canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o financiamento
de proxectos 2003, a conformidade dos asistentes foi plena, elevándose agora á Comisión Executiva
para a súa aprobación definitiva na xuntanza que celebrará en Santiago o próximo 6
de marzo. O prazo para a presentación de proxectos comeza ao día seguinte e pecharase o 5 de maio.
A propósito da campaña do 0,7%, que o Fondo Galego apoia, se precisa a necesidade de aclarar que
as partidas afectadas son os Capítulos I, II e III dos orzamentos municipais, non a súa totalidade.
Por outra banda, o Fondo se brinda para colaborar coa Coordinadora no impulso de accións sociais que evidencien
un maior compromiso político con este tema. Proponse a sinatura dun manifesto conxunto das principais forzas
políticas. Igualmente se informa das xestións realizadas cos partidos para incluír a dimensión
da cooperación nos respectivos programas municipais. |
| |
Mellorar os Irmanamentos |
 |
Os irmanamentos constitúen un referente práctico
insoslaiable da proxección exterior dos nosos municipios cunha casuística moi ampla que nos alerta
sobre unha naturaleza complexa e rica en matices que debe ser coñecida e valorada polos responsables políticos
e o persoal técnico a fin de mellorar un funcionamento, particularmente xeneroso en eficiencia para evitar
que socialmente sexa incomprendido e denostado.
Por iso mesmo, o Fondo Galego, en colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP levou a cabo unha investigación
sobre este tema que agora é a plataforma de discusión e de traballo cos afectados. Nesa liña,
a finais de febreiro celebraremos en Ourense e co apoio da Deputación Provincial un seminario de traballo
que se propón os seguintes obxectivos:
a) Adquirir uns coñecementos elementais sobre a problemática dos irmanamentos, os seus antecedentes,
a súa orixe, tipoloxía e evolución. b) Analizar os protocolos de irmanamento: os seus principios
inspiradores, obxectivos e actividades. c) Afondar no funcionamento dos irmanamentos en Galicia, con especial atención
á participación cidadá nestas iniciativas. d) Intercambiar puntos de vista e dar conta das
experiencias vividas. e) Aportar ideas e propostas de dinamización.
Os seus destinatarios son responsables políticos locais e personal técnico dos concellos con irmanamentos
aprobados, inactivos, en funcionamento ou en preparación. Na provincia de Ourense serían os seguintes:
Xinzo de Limia, Ourense, Allariz, Beade, Celanova, O Irixo, Monterrei, Poboa de Trives, A Rúa, Verín,
e a Mancomunidade O Carballiño.
O Seminario se propón cunha dinámica aberta e participativa de xeito que á par dos elementos
introductorios se fomente o intercambio de ideas e de experiencias atendendo ás posibilidades concretas
de acadar unha mellora significativa dos irmanamentos vixentes.
Está previsto que o Seminario se celebre nas catro provincias galegas. A seguir de Ourense, será
o momento de Pontevedra. |
| |
O Fondo e a Axencia Española de Cooperación
Internacional |
 |
| Sabido é que o Fondo Galego participa de pleno dereito na
Comisión Interterritorial de Cooperación Internacional, que coordina o Ministerio de Asuntos Exteriores
a través da AECI. Temos así unha oportunidade de primeira man para seguir e avaliar as principais
políticas da cooperación española. Un paso máis se deu a finais de decembro último
cando se materializou un primeiro encontro de traballo para definir o marco de colaboración entre o Fondo
e a AECI. O próximo 18 de febreiro, nunha xuntanza a celebrar cos responsables da área de cooperación
con África, poderán perfilarse as principais actuacións a contemplar tanto na orde territorial
como sectorial, de xeito que o Fondo Galego incremente substancialmente a súa participación e compromiso
neste ámbito, singularizando a nosa aportación, estreitamente ligada ao feito lusófono que
culturalmente nos é tan próximo. |
| |
Novo impulso, máis socios |
 |
| Queremos dar un derradeiro impulso ao aumento da nosa base asociativa.
Antes de que remate a actual lexislatura e entremos en plena voráxine electoral, dende a Comisión
Executiva estimularemos un último esforzo para incrementar o número de socios. Contamos para iso
cos xa existentes. |
| |
A Confederación reuniuse en Eivissa (Ibiza) |
 |
| Coa participación dunha representación galega (presidente
e tesoureiro do Fondo, Alfredo Novoa e Xosé María Permui), a Asemblea anual da Confederación
de Fondos reuniuse na illa balear de Eivissa para tratar entre outros asuntos: o balance de 2002 e o plan de traballo
para 2003, a aprobación dun proxecto de incidencia na Unión Europea, a posta en marcha dunha páxina
web e dun Observatorio da cooperación descentralizada, así como a evolución das relacións
coa Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) e a posible creación de novos Fondos
en Murcia, Aragón, Asturias e Castilla-La Mancha. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 10/02/2003
Fernando Pol
|
|