|
|
|

Número
46 - 13 de xaneiro de 2003 |
| |
| |
|
Na recta final do mandato |
 |
Tendo en conta que no mes de maio se celebrarán eleccións
municipais, que abren a expectativa dun horizonte de cambio no mundo local que afectará á renovación
dos órganos rectores do propio Fondo Galego, unha renovación que deberá producirse no prazo
máximo de catro meses a partir da constitución das novas Corporacións, a Comisión Executiva
do Fondo Galego, reunida en Santiago, na FEGAMP, o pasado día 9 de xaneiro, estimou que o primeiro semestre
de 2003 deberiamos centrar os nosos esforzos no desenvolvemento das seguintes actuacións e liñas
de traballo:
Incrementar a base asociativa. Debemos priorizar esta actuación para culminar a nosa xestión co maior
nivel posible de adheridos, superando a adversidade das baixas e dando a entender que non é un problema
do municipalismo galego senón duns municipios concretos de Galicia. Nesa liña, se aposta pola recuperación
das reunións itinerantes, para estreitar o contacto cos socios e facilitar a súa presentación
a outros.
Recaudar as cuotas de 2003, de xeito que poidamos presentar unha economía debidamente saneada e non demorar
os compromisos financeiros que hai comprometidos. O esforzo realizado ao longo de 2002, cun diálogo intenso
con todos os asociados, tanto no nivel técnico como político, permitiu a habilitación de camiños
de entendemento máis fluídos. O tema comeza a ser familiar para moitos. A formación da rede
de funcionarios debe permitirnos axilizar tamén a resolución deste aspecto, esencial para que a finalidade
do Fondo non soamente se cumpra senón que se cumpra a tempo.
Acomodar o estado contable do Fondo, conforme á normativa recentemente aprobada (Lei 49/2002, de 23 de decembro,
de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo, publicada no Boletín
Oficial do Estado do pasado día 24 de decembro. Así mesmo, efectuar unha auditoría independente
e completa das nosas contas.
En sensibilización, culminar a creación da rede de funcionarios e implicalos, na medida do posible,
na dinamización dos irmanamentos de contidos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento. Nesa
liña, a todos lle faremos chegar un pack informativo que debe ser a base desa relación que desexamos
intensa non soamente coas corporacións senón tamén coas sociedades locais. Noutro aspecto,
promoveremos a realización de reunións provinciais, co concurso das deputacións, para transformar
a realidade dos irmanamentos en Galicia.
Proseguir na aproximación á Axencia Española de Cooperación Internacional, de xeito
que no período 2003-2007 poidamos desenvolver proxectos en réxime de cofinanciamento.
Polo que atingue aos proxectos en curso, controlar o proceso de execución, asegurando na medida do posible
o financiamento completo e a súa realización integral, liquidando os saldos pendentes cos respectivos
cofinanciadores e recabando todos os informes contradictorios relativos á súa debida implementación. |
| |
Convocatoria do Consello Municipalista da Cooperación |
 |
| Reunirase o próximo día cinco de febreiro para analizar
as Bases da convocatoria de proxectos para o 2003. Na xuntanza tamén se estudiarán as converxencias
posibles coa campaña “0,7%, Máis e Mellor. Transparencia e calidade na Cooperación Descentralizada”,
auspiciada pola Coordinadora de ONGDs e que urxe unha reflexión dos partidos e agrupacións políticas
arredor dos compromisos municipais coa cooperación ao desenvolvemento e a solidariedade internacional. |
| |
AECI e Fondo Galego aproximan posicións
para cooperar |
 |
Nunha xuntanza celebrada en Madrid o pasado 17 de decembro de 2002,
na que participaron Juan López-Dóriga Pérez, director xeral de Cooperación con Iberoamérica;
Alberto Virella Gomes, subdirector xeral de Cooperación cos países de América do Sur; F. Javier
Jiménez de Gregorio, subdirector xeral de Cooperación con África subsahariana e Asia; e Ricardo
Martínez Vázquez, subdirector xeral de Cooperación con países do Mediterráneo
e de Europa oriental, se aproximaron posicións para viabilizar sen estridencias a realización de
proxectos entre a AECI, entidade dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, e os Fondos.
Nesta xuntanza, por parte da AECI e dos Fondos se fixo unha presentación das actividades e liñas
de traballo de cada quen, a fin de poder apreciar conxuntamente os puntos de encontro sobre os que se podía
traballar no futuro. A AECI fixo fincapé na importancia de criterios como: a concentración xeográfica,
o apoio ao ámbito social (educación e saúde), ao fortalecimento institucional (municipalismo),
cultura, medioambiente, desenvolvemento económico e formación.
A modalidade principal de actuación da AECI se relaciona actualmente cos chamados programas rexionais e
as liñas de actuación preferente. O programa Azahar (para o Mediterráneo) e o de Africa subsahariana
(centrado en saúde, desenvolvemento rural, pesca) se concertan con diferentes actores, entre eles as comunidades
autónomas e están abertos á participación dos Fondos.
As fórmulas posibles de colaboración se instrumentarían tanto a nivel de cofinanciamento de
accións como de accións horizontais, expresando grande interese en materia de fortalecemento institucional,
especialmente en África, ámbito sensible para o Fondo Galego que pula pola incentivación dos
vínculos coa área lusófona. O Fondo Galego xa remitiu á AECI un listado dos proxectos
que estamos financiando na África subsahariana.
Respecto a América Latina, unha das prioridades, a AECI conta cunha estratexia rexional centrada en Centroamérica,
converxente tamén cos proxectos a impulsar pola Xunta de Galicia e o Fondo Galego. |
| |
Mapa de socios do Fondo Galego |
 |
| A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
| Deputación |
Lugo |
Deputación |
Deputación |
| A Coruña |
Mondoñedo |
Allariz |
A Cañiza |
| A Pobra do Caramiñal |
Samos |
Ferrol |
A Estrada |
| As Pontes |
Sarria |
O Barco |
A Guarda |
| Arteixo |
|
O Irixo |
Baiona |
| Bergondo |
|
Ourense |
Bueu |
| Betanzos |
|
Vilar de Santos |
Cangas |
| Boiro |
|
|
Cuntis |
| Brión |
|
|
Gondomar |
| Cabanas |
|
|
Moaña |
| Carral |
|
|
Nigrán |
| Cedeira |
|
|
O Porriño |
| Cerceda |
|
|
O Rosal |
| Culleredo |
|
|
Poio |
| Fene |
|
|
Pontecesures |
| Ferrol |
- |
- |
Pontevedra |
| Lousame |
- |
- |
Redondela |
| Mugardos |
|
|
Rodeiro |
| Narón |
- |
- |
Soutomaior |
| Neda |
- |
- |
Vigo |
| Noia |
- |
- |
Vilagarcía de Arousa |
| Oleiros |
-
|
| Outes |
| Pontedeume |
| Porto do Son |
| Rianxo |
| Santiago |
| Vimianzo |
| |
| |
| |
|
|
| |
|
|
www.fondogalego.org
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/01/2003
Fernando Pol
|
|