Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Infórmate a Fondo

VolverNúmero 45 - 16 de decembro de 2002
 
 

Sumario


  Núm anteriores
    O Fondo Galego prepara a etapa final do
actual mandato
   
nº 044 - 07/10/2002
nº 043 - 02/09/2002
nº 042 - 28/06/2002
nº 041 - 03/06/2002
037 / 038 / 039 / 040
036 / 035 / 034 / 033
032 / 031 / 030 / 029
028 / 027 / 026 / 025
024 / 023 / 022 / 021
020 / 019 / 018 / 017
016 / 015 / 014 / 013
012 / 011 / 010 / 009
008 / 007 / 006 / 005
004 / 003 / 002 / 001
A Galicia local na que retrocede a solidariedade
Cambios en Culleredo
Mapa de socios do Fondo Galego
 
 
 

Volver ó sumario
O Fondo Galego prepara a etapa final do actual mandato
Na Asemblea de socios celebrada o día 13 de decembro en Santiago, Alfredo Novoa fixo un balance exhaustivo do camiño andado no que salientou, en primeiro lugar, o incremento da nosa capacidade de xestión. En efecto, nos últimos meses puidemos constatar a multiplicación das nosas posibilidades de actuación, especialmente no ámbito do financiamento de proxectos e xestión de iniciativas propias. O carácter e contido da resolución da Convocatoria 2002 da conta dese incremento substancial da nosa capacidade de actuación, sen a penas variar o número de socios pero reforzando o compromiso dalgún deles, en especial das cidades e das Deputacións, entre as que cómpre citar xa a de A Coruña.

Nesa liña tamén cómpre destacar a realización do Curso de Capacitación en Cooperación ó Desenvolvemento ou a investigación sobre os irmanamentos en Galicia, a recepción a representantes de ONGs do exterior: INPRHU-Somoto, Share-Guatemala ou, noutra orde, ao responsable cubano do proxecto de Santiago. A apertura dunha conta especial para as emerxencias pretende dar satisfacción a unha preocupación expresada en numerosas entidades locais e provinciais.

En segundo lugar, destacou o reforzamento da cooperación institucional. O marco de entendemento coa Consellería de Emigración e Cooperación Exterior é moi fluído. Os convenios de sensibilización e de Santiago de Cuba e o instrumentado a través da Fegamp, pese ás súas dificultades operativas, evidencian a boa marcha desa relación que debe afondarse. Por outra banda, a recepción que o presidente da Xunta de Galicia concedeu á Comisión Executiva o 19 de xullo contextualiza máis se cabe ise marco.

No plano estatal, acollemos a xuntanza da Confederación de Fondos, en Vigo, o 27 de xuño. Por outra banda, participamos na xuntanza da Comisión Interterritorial. Non obstante as dificultades, semella máis preto a posibilidade de normalizar as relacións coa AECI (Axencia Española de Cooperación Internacional). Antes de rematar este ano se celebrará en Madrid unha xuntanza decisiva para explorar en firme tamén esa senda.

En terceiro lugar, a lei galega de cooperación ao desenvolvemento. Sen dúbida vai marcar un punto de inflexión na xestión da cooperación en Galicia. Participamos no proceso de discusión, contactamos cos grupos parlamentarios e fixemos ver o noso punto de vista, globalmente favorable. Aínda a pesar das hipotecas e matices, a Lei crea un marco de participación que debe ser aproveitado para que o salto normativo se traduza nun incremento do compromiso social e institucional nesta materia.

En canto aos principais desafíos, destacou:

1. En primeiro lugar, a clarificación e a visibilidade interna, entre os socios primeiro e a sociedade en xeral. Neste senso, no Fondo deben estar quen participe desta idea, non quen queira presumir de participar nela sen comprometerse no máis mínimo. As baixas dalgúns socios están máis que xustificadas. Houbo mil e un avisos previos e mesmo se contactaron aos responsables de política municipal de cada unha das principais forzas políticas. Urxe en todo caso, configurar a rede de funcionarios que debe servir de base para proxectar localmente as actividades do Fondo de xeito que, con un paquete significativo de proxectos xa executado, poidamos facer sensibilización propia, estimulando a cooperación coas ONGDs.

2. Incrementar a nosa representatividade. Debemos proseguir. É un capitulo do que non nos podemos aínda sentir satisfeitos.

3. Insistir na vertebración de propostas financiables pola AECI e comezar a formular proxectos que poidan ser asumidos pola Unión Europea.

4. Ampliar a nosa capacidade informativa. Se ben mantemos a periodicidade do “Infórmate a Fondo” e publicamos unha revista-memoria, mesmo un CD-ROM, cómpre mellorar este aspecto para que o Fondo Galego sexa máis coñecido e recoñecido como axente indispensable da cooperación en Galicia.

Os asistentes á Asemblea xeral de socios aprobaron por unanimidade o informe do Presidente.
 
Volver ó sumario
A Galicia local na que retrocede a solidariedade
A Asemblea celebrou igualmente que os Concellos de A Cañiza e Moaña, ambos os dous na provincia de Pontevedra, expresaran o seu firme interese de continuar no Fondo Galego, asumindo todos os compromisos que desa circunstancia se derivan. Por outra banda, acordou expulsar aos concellos de Corcubión e O Carballiño –ambos fundadores (¿?) e sen que neste intercambio modificaran esencialmente o seu goberno–, así como a Quiroga, Montederramo e O Valadouro.

A Asemblea lamenta esta decisión e decide comunicala aos interesados (Alcaldía e concelleiros), así como á Coordinadora de ONGDs, aos responsables de política municipal das respectivas formacións políticas e aos medios de comunicación social.
 
Volver ó sumario
Cambios en Culleredo
Lourdes Suárez, concelleira de Culleredo e membro da Comisión Executiva do Fondo Galego dende a súa fundación, demitiu, por razóns persoais, das súas responsabilidades municipais. En consecuencia, o Concello de Culleredo nomeou un novo representante, Teresa Molares, que pasará a substituila.

A Comisión Executiva expresoulle a Lourdes Suárez o seu agradecemento sincero polo traballo desenvolvido, especialmente no ámbito dos proxectos de cooperación, e polos agradables ratos que compartiu con todos nós coa súa iniciativa, entusiasmo e compañeirismo, desexándolle a maior das felicidades na nova etapa que agora inicia.
 
 
¡Boas festas a todos e a todas!
 
 
Volver ó sumario
Mapa de socios do Fondo Galego
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Deputación Lugo Deputación Deputación
A Coruña Mondoñedo Allariz A Cañiza
A Pobra do Caramiñal Samos Ferrol A Estrada
As Pontes Sarria O Barco A Guarda
Arteixo   O Irixo Baiona
Bergondo   Ourense Bueu
Betanzos   Vilar de Santos Cangas
Boiro     Cuntis
Brión     Gondomar
Cabanas     Moaña
Carral     Nigrán
Cedeira     O Porriño
Cerceda     O Rosal
Culleredo     Poio
Fene     Pontecesures
Ferrol - - Pontevedra
Lousame - - Redondela
Mugardos     Rodeiro
Narón - - Soutomaior
Neda - - Vigo
Noia - - Vilagarcía de Arousa
Oleiros

Mapa de Socios do Fondo Galego-

Outes
Pontedeume
Porto do Son
Rianxo
Santiago
Vimianzo
 
 
 

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/12/2002
Fernando Pol


Subir